Skip to Content

Actividades

Ler por Ler: parellas do TEI recitan textos

Ler por Ler coas parellas do TEI  Ler por Ler coas parellas do TEI  Durante este mes de maio e no segundo recreo de días sinalados, ten lugar na Biblioteca do noso Centro unha nova sesión da actividade "Ler por Ler".

Ler por Ler: "Guerra e Paz" co alumnado de 1º ESO B e C de Oratoria

Ler por Ler co alumnado de Oratoria de 1º ESO   Ler por Ler co alumnado de Oratoria de 1º ESO Alumnado de 1º ESO B e 1º ESO C da materia de Oratoria  participou no programa da Biblioteca: "Ler por Ler".

Ler por Ler: "El Club de la Comedia" co alumnado de 1º Bacharelato

Ler por Ler: El Club de la Comedia co alumnado de 1º Bacharelato   Ler por Ler: El Club de la Comedia co alumnado de 1º Bacharelato Alumnado de 1º Bacharelato participou na actividade “Ler por Ler”. Co título “El Club de la Comedia”, realizaron diferentes sketchs de contido cómico, arrancando um sorrixo a compañeiros e profesorado que se acercaron no segundo recreo do mércores 22 de febreiro ata a Biblioteca. Foron asesorados pola profesora de Lingua e Literatura Castelá, Aurora Vázquez.   
   

Acto na Biblioteca para conmemorar o "Día Escolar da Non Violencia e a Paz"

Alumnado de 1ºESOA : que é a paz?   Alumnado de 1º ESO A : que é a paz? O alumnado de 1º ESO A, conmemorou o Día Escolar da Non Violencia e a Paz cun acto dentro do programa da actividade da Biblioteca, “Ler por Ler”: unha lectura de textos en prosa e poesía para todo o alumnado que no segundo recreo se acercou á Biblioteca. Co título “que é a Paz?”, foron recitando e lendo diferentes textos para reflexionar sobre a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Reflexións que son motivos para lembrar o 30 de xaneiro, ese día que o poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal fundou en España, en 1964, como punto de partida e de apoio para unha educación  non violenta e pacificadora, relacionándoo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi, a "alma grande". A morte de Gandhi foi considerada unha catástrofe internacional, incluso as Nacións Unidas decretaron un período de loito. Con todo, a súa figura como defensor da loita pacífica contra as inxustizas seguiu crecendo ata converterse no símbolo do pacifismo mundial. A mensaxe básica é: "Amor universal, Non-violencia e Paz. O Amor universal é mellor que o egoísmo, a Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra". A atividade foi organizada polos responsables da Biblioteca en colaboración coa titora de 1º ESO A, Blanca Barrio.    
   

Ler por Ler: ¿Quién dijo que fuera cierto?

Ler por Ler con 1º ESO B e C      Ler por Ler con 1º ESO B e C   O pasado venres 16 de decembro na Biblioteca do noso Centro, o alumnado de 1º da ESO B e C na materia de Lingua Castelá participaron na actividade “Ler por Ler” coa exposición de textos arredor do tema en común “Quen dixo que fora certo?". Disertaron sobre fantamas, aparicións,.. durante o segundo recreo.         
   
Distribuir contido


by Dr. Radut