O pasado venres 27 de maio, tivo lugar na Bilioteca do noso Centro unha nova sesión da actividade "Ler por Ler". Nesta ocasión o alumnado de 4º ESO C recitou poemas do escritor homenaxeado este ano con ocasión do Día das Letras Galegas, Manuel María. Ademais aproveitouse o acto para a entrega de premios polo concurso sobre ilustracións relacionado co IV Centenario da morte do escritor Miguel de Cervantes. Os premiados foron Ana Belén Aboy de 4º ESO C e Óscar Ferreiro de 1º ESO C. |
|
O alumnado de 1º ESO C xunto a súa profesora de Bioloxía, Julia Menéndez, organizaron o venres 6 de maio unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo e un tractor: ríos, montañas,....e por suposto un tractor foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes.
|
|
|
O alumnado de 1º ESO A xunto as súas profesoras de Bioloxía e Plástica, Julia Menéndez e Mar Tejero, organizaron o venres 29 de abril unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” que durante este curso estase a celebrar na Biblioteca do noso centro. Durante o segundo recreo leron poemas de Manuel María, que xiraron arredor do mundo animal: bolboretas, ovellas, vacas ou burros foron protagonistas desta sesión de recitado poético, acompañado de música e imaxes.
|
Con motivo do "Día do Libro", na Bibilioteca de noso centro estase facendo unha mostra da obra de Miguel de Cervantes e de William Shakespeare, celebrando tamén o IV centenario da súa morte. Ademais o Departamento de Lingua Española ten unha exposición sobre "O Quijote" no corredor da planta baixa do centro.
|
|
O venres 15 de abril tivo lugar na Biblioteca do noso Centro unha nova actividade de “Ler por Ler”. Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO B quen baixo o título de “Poemas de Manuel María, paxaros, piares” quixo render unha homenaxe ao poeta a quen este ano se lle adica o “Día das Letras Galegas”. O alumnado recitou varios textos acompañados de imaxes de paxaros e dos seus piares. Nesta actividade colaboraron varios departamentos e foi organizada pola Biblioteca e o EDL do Centro.
|
|