|
Este xoves 22 de novembro, ás 10:45 horas na Sala da Biblioteca do IES de Valga se celebrará a Actividade
“O campamento de Gdeim Izick e o inicio da Primavera árabe” I:que constará de duas partes. 1-Proxección do video documental:Gdeim Izick detonante da Primavera árabe” 2- Charla-coloquio titulada: “Gdeim Izick e a sua influencia na primavera árabe a través dos aspectos histórico-sociais do conflito saharauí ” impartida por Santiago Jiménez. Profesor Titular de Historia Medieval da USC Esta actividade está dirixida a alumnado de 1º de BAC e organizada pola Biblioteca e o Departamento de Filosofía do IES de Valga.
para ampliar prema na imaxe
|
|
Os rapaces e rapazas que axudaron voluntariamente na Biblioteca do IES Valga este curso 2011-12 disfrutaron dun bo premio: unha saída á cidade da Coruña no derradeiro día lectivo cos profes Miguel Fernández e Juan Carlos Montejano. Acompañados tamén polos alumnos membros do Clube de Lectura e os gañadores do concurso de bibliotecas de aula, os excursionistas visitaron entre outros sitios a Torre de Hércules e a nova sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Alí gustoulles especialmente ver por dentro unha cabina de avión verdadeira.
Para ampliar foto prema a imaxe
|
|
|
Quen visite a biblioteca do IES Valga estes días poderá disfrutar dunha exposición que amosa a creatividade das alumnas e dos alumnos do instituto e mais dos seus profesores e profesoras. A mostra inclúe cadros pintados por rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e os profesores Blanca Barrio, Raúl Gómez Pato, Natalia López e Baldo Ramos. Aínda vanse sumar máis pinturas nos vindeiros días, segundo o profesor de Ciencias Sociais Juan Carlos Montejano, organizador da exposición.
Para ampliar foto prema na imaxe |
Simpática exposición montada na biblioteca, co gallo do centenario do nacemento de Cunqueiro. |
|