O Departamento de Ed. Plástica en colaboración cos distintos departamentos de Lingua e a Biblioteca do noso Centro, celebra por segundo ano e tódolos venres a actividade "Ler por Ler", centrada neste curso escolar en diferentes temáticas. Os venres 22 de outubro e 12 de novembro, alumnado de 2º e 3º ESO leu diferentes textos, en castelán e galego, arredor dun nexo común: "Historias de medo e terror".
|
|
|
|
Este xoves, 20 de outubro comezan as actividades deste curso 2016-2017, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Será a partir das 16:30 horas cando se manteña un encontro co escritor Manuel Iglesias Turnes e a súa obra "Que non te aten". Esperamos a vosa presenza. |
|
|
|
O alumnado de 1º e 3º ESO do curso académico 2015-2016 realizou na materia de Educación Plástica unha serie de traballos que se expoñen na Biblioteca do noso Centro.
Os traballos de 1º ESO son retratos escultóricos á maneira cubista. Traballaron as formas xeométricas e tamén o baleiro como parte da figura. Aplicado todo ao retrato fai que teñamos auténticas obras de arte.
No caso dos traballos de 3º de ESO, son ilustracións mediante Pop-up; cada traballo conta unha pequena historia que, ao mesmo tempo, é un anaco de canción, poema, etc.
Podedes apreciar estes traballos na Biblioteca do IES Valga.
|
O pasado 22 de xuño, alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO dos diferentes clubes de lectura da Biblioteca do noso Centro, realizou unha saída extraescolar á cidade de A Coruña. Visitaron as diferentes salas do MUNCYT, a Torre de Hércules e despois de xantar no Centro Comercial Marineda, tiveron ocasión de disfrutar dun tempo libre na praia de Riazor. Foi o lúdico final a un ano de intercambio de pareceres sobre diferentes libros que estes rapaces e rapazas foron lendo ao longo deste curso académico e que coordinou un ano máis con acerto o profesor Miguel Fernández. |
|
O pasado 9 de xuño tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a presentación, por parte do alumnado de 1º ESO C, do vídeo multilingüe sobre o concello de Valga que elaboraron dento do proxecto titulado "Outono gastronómico" e dentro do Plan Proxecta. Foi un traballo realizado ao longo do curso e onde se implicaron os alumnos e alumnas desta aula xunto guiados por profesorado de diferentes materias. No vídeo promociónanse os lugares máis destacados do patrimonio artístico e natural do concello.
|
|