O Departamento de Ed. Plástica en colaboración cos distintos departamentos de Lingua e a Biblioteca do noso Centro, celebra por segundo ano e tódolos venres a actividade "Ler por Ler", centrada neste curso escolar en diferentes temáticas. Os venres 22 de outubro e 12 de novembro, alumnado de 2º e 3º ESO leu diferentes textos, en castelán e galego, arredor dun nexo común: "Historias de medo e terror". |
|