Saídas

VISITA Á CASA DA MATANZA

DESPOIS DE TER SIDO APRAZADA POR MOR DO TEMPO, A SÁIDA E VISITA Á CASA DE ROSALÍA REALIZOUSE O XOVES 10 DE MARZO

DANIEL TRÁENOS MILLO!

O 5 de novembro, os nenos e nenas de Quintáns, visitamos a biblioteca do noso amigo Daniel, xa que nos invitou cunha carta tan suculenta, que non podíamos desprezar a invitación de ningunha maneira. Prometíanos bonitas lendas de México, música e moito moito millo! Así foi! O profe Tobías leunos un contiño de México e algunhas das nosas mamás e avoas acompañáronnos para contarnos todo o que saben do millo e o seu cultivo!

Tamén o profe Rubén nos deixou tocar os instrumentos, e bailamos e cantamos ó ritmo de Migallas e o seu "Pan de millo". Podédesnos ver neste vídeo cantando e bailando contentiños como espigas en fror!

Foi un día emocionantísimo!

Agardamos que Daniel nos traia pronto máis aventuras así.

 

 

DE CONCERTO A COMPOSTELA!

O mércores 28 de Outubro, tocounos ós nenos e nenas de Quintáns visitar o auditorio de Galicia para asistir ó concerto didáctico "Acábate la sopa".

A viaxe foi moi divertida, merendamos na porta do auditorio e tomamos galletas e auga.

Despois de relaxarnos uns intres, entramos xa a disfrutar deste fantástico concerto.

Pasámolo moi ben coa historia de Muriel e os seus amigos, e algúns ata nos demos conta de que no medio do concerto apareceron imaxes de Neil Armstrong pisando a lúa!

Un día cheíño de cousas bonitas!

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA

Que ben o pasamos na nosa primeira saída a Santiago de Compostela! Estas imaxes dan boa conta da nosa experiencia.

 

 

CONCERTO DIDÁCTICO

OS DÍAS 27 E 28 DE OUTUBRO, AS AULAS DO CRA DE RIANXO DESPLAZÁRONSE AO AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA ASISTIR AO CONCERTO DIDÁCTICO "ACÁBATE LA SOPA!"

SAÍDA Á CORUÑA

ESTE XOVES FIXEMOS UNHA SAÍDA Á CORUÑA: VISITAMOS O AQUARIUM FINISTERRAE

E COMEMOS NO PARQUE DE SANTA MARGARITA.

POLA TARDE VISITAMOS O MUNCYT E...VIÑEMOS EN VOLTA EN TREN,

ALGO QUE ESPERÁBAMOS ANSIONSOS!!!

SAÍDA Á CORUÑA

AS AULAS DO CRA DE RIANXO DESPRAZARANSE O XOVES 11 DE XUÑO Á CIDADE DA CORUÑA PARA REALIZAR UNHA VISITA AO "AQUARIUM FINISTERRAE" E AO "MUNCYT" (MUSEO DE CIENCIA E TECNOLOXÍA). PARTE DO TRAXECTO DE REGRESO REALIZARASE EN TREN.

VISITAMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO

HOXE DEVOLVÉMOSLLE  A VISITA A ELECTRA

E COÑECEMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO EN PADRÓN.

ENTRE OUTRAS COUSAS ALÍ VIMOS UNHA LOCOMOTORA, O ESCRITORIO DE CAMILIÑO

TAL E COMO O DEIXOU,...E OS DEBUXOS QUE LLE FIXEMOS A ELECTRA

NA SEGUNDA DAS SESIÓNS QUE DESENVOLVEU NA NOSA AULA.

 

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

ESTE MÉRCORES VISITAMOS O MUSEO DE HISTORIA NATURAL.

PREMEDE SE QUEREDES VER UN RESUMO DA VISITA:

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

DO 17 AO 19 DE MARZO AS AULAS DO CRA DESPRAZÁRONSE A SANTIAGO PARA REALIZAR UNHA VISITA DIDÁCTICA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL, CREADO POLA UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ CO OBXECTIVO DE FOMENTAR A DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Distribuir contido