DE CONCERTO A COMPOSTELA!

O mércores 28 de Outubro, tocounos ós nenos e nenas de Quintáns visitar o auditorio de Galicia para asistir ó concerto didáctico "Acábate la sopa".

A viaxe foi moi divertida, merendamos na porta do auditorio e tomamos galletas e auga.

Despois de relaxarnos uns intres, entramos xa a disfrutar deste fantástico concerto.

Pasámolo moi ben coa historia de Muriel e os seus amigos, e algúns ata nos demos conta de que no medio do concerto apareceron imaxes de Neil Armstrong pisando a lúa!

Un día cheíño de cousas bonitas!