Saídas
BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
SAIDA A BIBLIOTECA E AULA DE MÚSICA
UNHA VEZ MÁIS O NOSO AMIGO DANIEL CONVIDOUNOS
A PASAR UNHA XORNADA NA BIBLIOTECA,
DONDE A PROFE MARÍA SE ENCARGOU
DE FACER VOAR A NOSA IMAXINACIÓN.
TAMÉN ESTIVEMOS NA AULA DE MÚSICA
PRACTICANDO CON ALGÚNS INSTRUMENTOS
E CANTANDO
AS CANCIÓNS DO MAGOSTO
COS AMIGOS DE ABUÍN E RAÑÓ.
SAIDA A CORTEGADA
O XOVES OS NENOS E NENAS DE PAZO XUNTO COS DE RAÑÓ,ABUÍN
E VACARIZA VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA
QUE TANTAS VECES VEMOS DENDE TANXIL.
FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA ILLA E BEGOÑ,A NOSA GUÍA,
FOINOS EXPLICANDO COUSAS DOS ANIMAIS QUE VIVEN ALÍ,
DAS AVES QUE HAI,
DAS ÁRBORES (PASAMOS AO LADO DO ÚNICO
BOSQUE DE LOUREIRO QUE HAI EN EUROPA),
DAS FLORES...
POR ÚLTIMO XOGAMOS NOS AREAL
E FIXEMOS UN PASEO NA LANCHA O ARREDOR DOS ISLOTES .
SE QUEREDES PODEDS VER MÁIS FOTOS
CORTEGADA
A VIAXE QUE FIXEMOS A CORTEGADA SERVIUNOS PARA PASALO MOI BEN E PARA APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS. POR EXEMPLO:
UN ARQUIPÉLAGO É UN CONXUNTO DE ILLAS.
O ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA FÓRMANO A ILLA DE CORTEGADA, A MALVEIRA GRANDE, A MALVEIRA CHICA, A ILLA DAS BRIÑAS E O ILLOTE DO CON.
O ARQUIPÉLAGO DE CORTEGADA, XUNTO COS ARQUIPÉLAGOS DAS CÍES, ONS E SÁLVORA, ASÍ COMA AS AUGAS DOS SEUS ARREDORES, FORMAN O PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
UN PARQUE NACIONAL É UN ESPAZO NATURAL QUE, POLO SEU GRANDE VALOR, GOZA DA MÁXIMA PROTECCIÓN.
NUN PARQUE NATURAL HAI UNHAS ESTRICTAS NORMAS DE RESPECTO ÓS DISTINTOS ELEMENTOS DA NATUREZA QUE HAN DE SER RESPECTADAS POR TODOS.
EN ESPAÑA HAI UN TOTAL DE 14 PARQUES NACIONAIS. ALGÚNS DELES TAMÉN ESTÁN EN ILLAS ATLÁNTICAS. SON OS PARQUES NACIONAIS DO TEIDE, TIMANFAYA, GARAJONAY E CALDEIRA DE TABURIENTE, NAS ILLAS CANARIAS.
EXCURSIÓN Á ILLA DE CORTEGADA
O MÉRCORES E XOVES DA PRIMEIRA SEMANA DE XUÑO TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. REALIZARON UNHA EXCURSIÓN A CORTEGADA PARA COÑECER UNHA DAS ILLAS QUE FORMAN PARTE DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
SE VOS INTERESA A NOVA, CONSULTADE A INFORMACIÓN DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE QUE PODEREDES ATOPAR NESTE ENLACE
PARA VISIONAR AS NOVAS RELACIONADAS COA EXCURSIÓN SUBIDAS POR DISTINTAS ESCOLAS PREMEDE AQUÍ:
TORRE DE HÉRCULES e AQUARIUM (A CORUÑA)
COMO TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A
PARTICIPAMOS CON DISTINTOS PROXECTOS EN VOZ NATURA,
ESTE ANO INVITÁRONNOS A VISITAR O ACUARIUM DA CORUÑA.
XA QUE ESTÁBAMOS ALÍ VIMOS TAMÉN A TORRE DE HÉRCULES.
MIRADE CANTAS COUSAS VIMOS:
- APIs de Blogue
2ª SESIÓN NA BIBLIOTECA DE DANIEL E DE POLIDEPORTIVO
NESTE TRIMESTRE TAMÉN FOMOS Á BIBLIOTECA DE DANIEL.
GÚSTANOS MOITO VISITALA.
PASÁMOLO MOI BEN, PREMEDE E VEREDES!
- APIs de Blogue
VISITA A "FÁBRICA DE DOCES"
FAI UNS DIAS OS NEN@S DE PRIMARIA
FIXEMOS UNHA SAIDA A "FÁBRICA DE DOCES"
EN RIANXO. QUEREDES VE-LO QUE VISITAMOS?
ACUARIO DE CORUÑA
CONVIDADAS POR VOZ NATURA, O MARTES 13 DE ABRIL TÓDALA ESCOLAS DO C.R.A. DESPRAZARÉMONOS ATA A CIDADE DA CORUÑA PARA VISITAR A "CASA DOS PEIXES"
ALÍ PODEREMOS COÑECER E SAUDAR A GASTÓN, O TIBURÓN TOURO, ÁS FOCAS, ÁS MEDUSAS E ÓS CENTOS DE PEIXES E DOUTRAS ESPECIES MARIÑAS QUE VIVEN NOS SEUS ACUARIOS.
- APIs de Blogue
AULA DE MÚSICA DO 2º TRIMESTRE
NO 2º TRIMESTRE TIVEMOS UNHA SESIÓN NA AULA DE MÚSICA
NA SEDE (ASADOS).
GUSTOUNOS MOITO!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »