Escola de Pazo
COIDAMOS O HORTO
O RESULTADO DE COIDAR O HORTO CON AGARIMO
SON ESTES FERMOSOS TOMATES E
ESAS MARABILLOSAS FLORES
QUE, AXIÑA MUDARÁN EN
ESTUPENDAS CABACIÑAS.
- APIs de Blogue
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
TODOLOS NENOS E NENAS DO C.R.A FUMOS ATA A PRAIA
DE TANXIL PARA RECOLLER O LIXO QUE A XENTE
DEIXA TIRADO.
ESPEREMOS QUE TODO O MUNDO SEXA CADA VEZ
MÁIS CONSCIENTE DA IMPORTANCIA DE MANTER LIMPO
O NOSO ENTORNO.
PREMEDE PARA VER O GRUPO DE INFANTIL:
- APIs de Blogue
SUSI PRESÉNTANOS O SEU PAÍS: BRASIL
ESTE LUNS SUSI VEU Á NOSA ESCOLA A PRESENTARNOS O SEU PAÍS: BRASIL.
É UN PAÍS MOI GRANDE QUE ESTÁ EN AMÉRICA DO SUR. A SÚA CAPITAL É BRASILIA.
ADEMÁIS AMOSOUNOS MOITOS RECORDOS DO SEU PAÍS QIE POIDEMOS ULIR, TOCAR E MIRAR.
SUSI AMOSOUNOS A BANDEIRA DE BRASIL:
O VERDE REPRESENTA A AMAZONIA, O AMARELO AO OURO QUE HAI NESTE PAÍS
E O CÍRCULO AZUL CON 27 ESTRELAS É O CEO AS ESTRELAS SIMBOLIZA
A CADA UN DOS ESTADOS.
...E NON A PODÍAMOS DEIXAR MARCHAR...SEN QUE NOS BAILASE UN POUCO DE SAMBA!!!!
MOITAS GRAZAS, SUSI!
AQUÍ VAI UN RESUMO DA SÚA INTERESANTE EXPOSICIÓN:
- APIs de Blogue
VISITAMOS O CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO E A BIBLIOTECA MUNICIPAL.
APROVEITANDO A SAÍDA E O BONITO DÍA DE PRIMAVERA, FIXEMOS UN PEQUENO ROTEIRO
POR RIANXO: VIMOS ONDE NACEU CASTELAO, RAFAEL DIESTE,
E VISITAMOS A CASA MUSEO DE MANUEL ANTONIO.
LOGO MERENDAMOS NO PARQUE E REMATAMOS A MAÑÁN VISITANDO A BIBLIOTECA MUNICIPAL
ONDE SOFÍA NOS ATENDEU AMABLEMENTE.
- APIs de Blogue
"O ESPANTALLO AMIGO"
ESTE XOVES FOMOS Á REPESENTRACIÓN TEATRAL DO "ESPANTALLO AMIGO",
UNHA ESTUPENDA ADAPTACIÓN PARA NENOS E NENAS QUE OS QUINQUILLÁNS FAN
DA OBRA DE NEIRA VILAS.
E COMO AGASALLO LEVAMOS UN EXEMPLAR PARA AS NOSAS CASAS.
APROVEITAMOS TAMÉN PARA VER A EXPOSICIÓN QUE HAI NO AUDITORIO DE RIANXO.
AQUÍ TEDES UN RESUMO:
- APIs de Blogue
4ª SEMANA DA FROITA
SANDÍA, LARANXA, MAZÁ, NECTARINA E PLÁTANO
FORON AS FROITAS ELEXIDAS PARA ESTA CUARTA E ÚLTIMA SEMANA DA FROITA DESTE CURSO.
AARON VISITA A REPÚBLICA DOMINICANA
FAI UNS DÍAS AARON E A SÚA FAMILIA VISITARON A REPÚBLICA DOMINICANA.
TROUXONOS MOITAS FOTOS E ALGUNHAS COUSIÑAS QUE GARDARÁ COMO RECORDO DA SÚA VIAXE.
CONTOUNOS QUE ALÍ HABÍA MOITAS PALMEIRAS E MOITOS COCOS, QUE VEU CORAIS,...
VIAXOU NUNHA LANCHA A UNHA ILLA CERCANA E ALÍ EXPLICÁRONLLE COMO NACEN AS TARTARUGAS
E COMO CHEGAN AO MAR (NON TODAS...A ALGUNHAS CÓMENAS OS PAXAROS)...
VISITOU OS MERCADOS TÍPICOS DESTE PAÍS E COÑECEU ALGUNHAS FROITAS
DISTINTAS ÁS QUE HAI AQUÍ...E BEBEU COCO!!!
AARÓN PASOUNO MOI BEN E NÓS AGRADECÉMOSLLE
QUE QUIXERA COMPARTIR CONOSCO ESTA EXPERIENCIA
- APIs de Blogue
LETRAS GALEGAS 2015
ESTE VENRES CELEBRAMOS A CARREIRA DAS LETRAS EN CAMPO MANEIRO.
CORREMOS A PROL DA NOSA LINGUA, RECITAMOS POEMAS NO NOSO IDIOMA,
E ATA TIVEMOS MEDALLAS E DIPLOMAS. E COMO NON HAI CELEBRACIÓN SEN COMIDA,
TIVEMOS UNHA DELICIOSA MERENDA PREPARADA POLAS NOSAS FAMILIAS.
VIVAN AS NOSAS LETRAS!!!
- APIs de Blogue
VISITAMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO
HOXE DEVOLVÉMOSLLE A VISITA A ELECTRA
E COÑECEMOS O MUSEO DE CAMILIÑO JOSESIÑO EN PADRÓN.
ENTRE OUTRAS COUSAS ALÍ VIMOS UNHA LOCOMOTORA, O ESCRITORIO DE CAMILIÑO
TAL E COMO O DEIXOU,...E OS DEBUXOS QUE LLE FIXEMOS A ELECTRA
NA SEGUNDA DAS SESIÓNS QUE DESENVOLVEU NA NOSA AULA.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »