Escola de Pazo
A QUÉ SABE A LÚA?
GRAZAS A UNHA INICIATIVA DA ANPA E A AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS
DECORAMOS A NOSA ESCOLA.
ELEXIMOS O CONTO "A QUE SABE A LÚA?"
IRENE, A MAMÁ ARTISTA, REFLECTÍU NESTES MURAIS ESTA HISTORIA DE ANIMAIS.
ASÍ, O SÁBADO POLA MAÑÁN FAMILIAS E CRIANZAS ACHEGÁMONOS Á NOSA ESCOLA
E CON BROCHAS E PINCEIS COMEZAMOS A DARLLE
COR AO DEBUXO QUE A NOSA CAPATAZA IRENE XA TIÑA PREPARADO.
AÍNDA LLE FALTAN UNS RETOQUIÑOS,...PERO ASÍ VAI QUEDANDO...
SÓ QUEDA AGRADECER Á ANPA, A IRENE, ÁS FAMILIAS, AOS NENOS E NENAS...O SEU ESFORZO
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!
- APIs de Blogue
2ª SESIÓN DE MÚSICA
O PROFE RUBÉN PREPAROU UNHA SESIÓN DE MÚSICA ADICADA A ROSALÍA.
ELIXEU "COMO CHOVE MIUDIÑO" VERSIONADA POR UXÍA NO SEU LIBRO ROSALÍA PEQUENIÑA.
UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS PROFE!
- APIs de Blogue
ROSALÍA NA BIBLIOTECA DE DANIEL!
AS MESTRAS CRIS E PATRI PREPARARON UNHA SESIÓN NA BIBLIOTECA DE DANIEL
ADICADA A ROSALÍA QUE NOS GUSTOU MOITO.
ESCOITAMOS O CONTO "A PANTASMA DA CASA DA MATANZA"
E CANTAMOS A CANCIÓN DE "EU BEN VIN ANDAR O MOUCHO"
MOITAS GRAZAS, PROFES!!!
- APIs de Blogue
PARABÉNS, IAGO!!!
IAGO XA TEN 5 ANOS!!!
E FESTEXÁMOLO TODOS XUNTOS.
PARABÉNS PARA TÍ
NESTA DATA QUERIDA
MOITAS FELICIDADES,
MOITOS ANOS DE VIDA!!!
- APIs de Blogue
ENTROIDO EN OUTEIRO!!!
E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!
ESTÁBAMOS CONVIDADOS POLOS NENOS E NENAS DE OUTEIRO A FESTEXAR ALÍ O ENTROIDO.
CON MOITA ILUSIÓN ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA ESTE DÍA...
ATA INVENTAMOS UNHAS CANTIGAS:
"OS NENOS DE PAZO VIMOS A OUTEIRO
CON MOITAS CARAUTAS E ALGÚN SOMBREIRO"
"CLARAS, CREBANOCES, RATOS, FLORES E CARAMELOS
SOMOS OS DE PAZO QUE VIMOS A OUTEIRO"
O DÍA FOI ESPECTÁCULAR, UN SOL RADIANTE ACOMPAÑOUNOS AO LONGO DO PASARRÚAS.
Á CHEGADA Á ESCOLA MERENDAMOS CON DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO
QUE ELABORARON AS NOSAS FAMILIAS. MOITAS GRAZAS
E MOITAS GRAZAS AOS NENOS E NENAS, MESTRA E FAMILIAS DE OUTEIRO!!!
PREMEDE E VEREDES:
PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO!
AO LONGO DESTES DÍAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO.
ELABORAMOS AS CARAUTAS DE CLARA, CREBANOCES, PASTEIS, REI RATO E FLORES.
SON OS PERSOAXES DA OBRA "EL CASCANUECES" DE TCHAIKOSVKI.
- APIs de Blogue
O TORIBIO MANDA...
UN ANO MÁIS CHEGA O TEMPO DE ENTROIDO E APARECE O TORIBIO COS SEUS MANDATOS:
- APIs de Blogue
2ª SEMANA DA FROITA EN PAZO
DESTA VEZ DEGUSTAMOS MAZÁS, LARANXAS, MANDARINAS, FRESAS E PERAS:
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »