Escola de Pazo

O NOME: KANDINSKY

PARA  ELABORAR O MURAL ADICADO A KANDINSKY COMEZAMOS POR FORMAR O SEU NOME.

REPARTIMOS AS LETRAS E CANDO SOABA SAÍAMOS A PEGALA.

LOGO DECORÁMOLO COAS DIFERENTES FIGURAS XEOMÉTRICAS QUE TANDO LLE GUSTABAN A EL.

POR ÚLTIMO, TIVEMOS QUE ATOPAR AS LETRAS DO SEU APELIDO E COLOREALAS.

KANDINSKY

VASILI KANDINSKY ACOMPAÑOUNOS BOA PARTE DESTE TRIMESTRE.

COÑECEMOS UN POUCO DA SÚA VIDA, O NOME RESULTOUNOS DIFERENTE,... NACEU EN RUSIA.

AINDA QUE TEN MOITAS OBRAS REALISTAS AS QUE MÁIS LLE GUSTABAN ERAN AS ABSTRACTAS..

.NOS TAMÉN FIXEMOS AS NOSAS...

AS SÚAS OBRAS "HOMAGE", "BLANDO Y DURO" "CUADRADOS CON CÍRCULOS CONCENTRICOS"

XA SON MOI COÑECIDAS PARA NÓS.

 

 

OS ARCIMBOLDOS DE PAZO INFANTIL

LOGO DE DEGUSTAR AS FROITAS DE OUTONO COÑECEMOS A ARCIMBOLDO,

UN INTERESANTE ARTISTA

E DECIDIMOS FACER AS NOSAS RÉPLICAS DA SÚA OBRA "O OUTONO".

PARABÉNS, DIEGO!!!

DIEGO CUMPREU 4 ANOS!!!

E CELEBRÁMOLO TODOS XUNTOS CANTÁNDOLLE

PARABÉNS PARA TI

NESTA DATA QUERIDA

MOITAS FELICIDADES,

MOITOS ANOS DE VIDA!!!

 

MAGOSTO EN RAÑÓ

CASTAÑAS ASADAS , LEITE (SEN MEL...)

MOITOS DOCES E UN ESTUPENDO CHOCOLATE

XUNTO CON XOGOS E CANCIÓNS ,

FOI O QUE TIVEMOS  OS NENOS E NENAS

DO CRA NA ESCOLA DE RAÑÓ,

PARA FESTEXAR O MAGOSTO

GRUPO ROSA

GRUPO VIOLETA

 

                 GRAZAS AOS PAPÁS E MAMÁS

                QUE COLABORARON  COS SEUS POSTRES

                 E EN ESPECIAL AOS DE RAÑÓ QUE NOS ACOLLERON

            E NOS ASARON AS CASTAÑAS.

                                                             

 

PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO!!!

COMO TODOS OS ANOS POR ESTAS DATAS ESTIVEMOS PREPARÁNDONOS PARA O MAGOSTO.

FIXEMOS UNS CUCURUCHOS COS BRIKS DE LEITE E DECORÁMOLOS

COA PROTAGONISTA DESTA FESTA: A CASTAÑA

LOGO RECIBIMOS MOI CONTENTOS A CONVITACIÓN DOS NENOS E NENAS DE RAÑÓ!!!

ESTABAN PREPARANDO UNHA GRAN FESTA!!

CADA UN DE NÓS TROUXO UNHA DUCIA DE CASTAÑAS. TAMÉN PICAMOS ALGUNHAS...

PROBÁMOLAS CRÚAS...E POSTOS A PROBAR...

DEGUSTAMOS OS FROITOS DO OUTONO QUE TIÑAMOS NA NOSA MESA DE OBSERVACIÓN:

NOCES, MANDARINAS, CAQUIS,GRANDADA, MAZÁ...

MIRADE UN RESUMO DE COMO FOI:

 

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL!

NA BIBLIOTECA DE DANIEL, TOBÍAS TIÑA PREPARADA UNHA INTERESANTE SESIÓN ADICADA

A UN FROITO DO OUTONO: O MILLO.

PRIMEIRO DANIEL PRESENTOUSE AOS QUE ÍAN POR VEZ PRIMEIRA,

E OS QUE XA O COÑECEMOS LEMBRAMOS A SÚA VIDA.

LOGO CONTOUNOS UNHA LENDA MEXICANA: AS DONCELLAS DO MILLO.

E DESPOIS FIXEMOS BONECAS COAS ESPIGAS QUE LEVAMOS. E QUEDARON BEN BONITAS!!!

GRAZAS, TOBÍAS!!!

MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!!

1ª SESIÓN DE MÚSICA

"SE PAN DE MILLO

VAS MERENDAR

MIRA O TRABALLO

QUE HAI DETRÁS"

 

NA PRIMEIRA SESIÓN DE BIBLIOTECA DESTE CURSO O PROFE RUBÉN

PREPAROU UNHA SESIÓN BEN DIVERTIDA:

"HAI QUE PLANTAR, HAI QUE PLANTAR,

HAI QUE ESPERAR, HAI QUE ESPERAR,

LOGO CRECER, LOGO CRECER,

E ESFOLLAR, E ESFOLLAR".

MOSTROUNOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN QUE POLO SEU TAMAÑO NON PODE LEVAR ÁS ESCOLAS.

"HAI QUE GARDAR, HAI QUE GARDAR

HAI QUE DEBULLAR, HAI QUE DEBULLAR,

LOGO MOER, LOGO MOER

E PENEIRAR, E PENEIRAR".

RECORDOUNOS A CANCIÓN DO VERMIÑO VERDE QUE NOS AXUDA A COLLER BEN AS BAQUETAS...

 

"HAI QUE AMASAR, HAI QUE AMASAR,

HAI QUE FURAR, HAI QUE FURAR,

LOGO COCER, LOGO COCER,

E A PAPAR, E A PARAR".

E APRENDEMOS E BAILAMOS UNHA CANCIÓN MOI BONITA TITULADA PAN DE MILLO.

GRAZAS, PROFE RUBÉN!!!

PREMEDE PARA VER QUE BEN O PASAMOS:

MERENDA DE SAMAÍN

 

UN ANO MÁIS POIDEMOS DEGUSTAR UNHA SABOROSA MERENDA DE SAMAÍN

CON DOCES, PASTEIS, GALLETAS, ROSQUILLAS...

MOITAS GRAZAS, FAMILIAS!!

 

 

TEMPOS DE SAMAÍN...

 

CHEGA O OUTONO E CON ÉL AS CAVEIRAS, CALACÚS, ABÓBORAS...CHEGAN OS TEMPOS ESCUROS,

REMATA O VERÁN E COMEZA O INVERNO. VAISE A CALOR E VEN O FRÍO: ACABAN AS ROMARÍAS AO SOL

E INÍCIANSE OS FIADEIROS A CARÓN DO LUME: SON OS TEMPOS DE SAMAÍN

NA ANTIGA CULTURA CELTA ESTE TEMPO ERA O  MÁIS IMPORTANTE DO ANO

Á VEZ QUE PERIGOSO: AS PORTAS DO OUTROMUNDO ABRÍANSE NA NOITE DO 31 DE OUTUBRO

E AS ÁNIMAS ERAN QUEN DE VIR VISITAR ESTE MUNDO

E AOS SEUS MORADORES...ALGUNHAS VECES PARE RENDER CONTAS INACABADAS...

 

ESTAS SON AS CAVEIRAS QUE NÓS FIXEMOS PARA METER BEN DE MEDO:

ENGALANAMOS A NOSA ESCOLA CON MORCEGOS E CAVEIRAS ARREPIANTES...

E ASÍ FOI A NOSA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Distribuir contido