Escola de Capela

IMONOS FACENDO MAIORES

O venres festexamos os aniversarios do mes: Noa xa ten seis anos e Ramón e Jorge xa teñen cinco.

Jorge leva uns días enfermo e non puido estar na festa do seu cumple. Botámolo de menos e desexamos que se recupere pronto.

Pasámolo moi ben!

PARABÉNS CHIC@S!

E AO FINAL HOUBO CASTAÑADA!

A "choiva dos venres" dounos un respiro e por fin! puidemos festexar o magosto na escola de Vacariza, xunto con todos os nenos e nenas do CRA. Pasámolo moi ben! 

 

UNHA VISITA INESPERADA

Hoxe, no recreo, tivemos unha visita moi especial:un gato pequeniño!

Puxémonos tan contentos, verdade chic@s? Que se nos dou por chamalo berrando
e correndo detrás del. Claro, así marchou moi asustado!

Pero á hora da saída seguía alí fóra e cando xa todo estaba tranquilo
achegouse a min miañando, entón faleille baixiño e deixoume acariñalo. Coma
tiña moita fame  convideino a entrar na nosa clase e púxose moi contento porque
atopou debaixo das mesas as miguiñas de pan que sempre caen ao chan á hora da
merenda.Mirade, papounas todas!

   

Aínda así seguía tendo fame! Axudoume a buscar na papelera
e  alí atopamos os botes dos vosos
iogures.

Lameunos todiños e soubéronlle
tan ben! Xa sabedes que os iogures teñen leite e aos gatos encántalles o leite.

Cando rematou deixeino fóra para que buscara o camiño de
volta a súa casiña.

Pero ao mellor volve outro día e se o tratades con agarimo
deixaravos acariñalo. Aínda que xa sabedes que non debedes tocar animais
descoñecidos e se o facedes ten que ser co permiso e a axuda dun adulto e
sempre moi amodiño, pois se pensa que lle imos a facer dano, el tratará de
defenderse.Vale?

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de Novembro conmemorouse o Día Universal dos dereitos do nen@.

Aquí vos achegamos algúns deses dereitos que temos todos os nenos e nenas do mundo por igual.

 

 

 

 

 

MUSICA E BIBLIOTECA

O mércores estivemos na sede do CRA en Asados. Coa profe María mergullámonos nos contos e poemas que nos estaban agardando na biblioteca do noso amigo Daniel e co profe Rubén bailamos e tocamos ao ritmo da Carolina.

Pasámolo moi ben!

 

 

AS NOSAS CABAZAS

Esta semana estivemos decorando as cabazas do Samaín. Algunhas fixémolas na casa coa axuda dos papás e outras adornámolas na clase.

Quedáronnos así de bonitas:

 

IMONOS FACENDO MAIORES

Hoxe festexamos os aniversarios do mes: Uxía e Fátima xa teñen 7 anos; Berna, Juanjo e Beltrán 4 e Uxía Lojo xa ten 3 aniños.

Como o seu cumple coincidiu co samaín, mirade que biscoitos fixo o pasteleiro. A que teñen boa pinta? 

Pois sí, estaban boísimos e na festa pasámolo moi ben.

PARABÉNS CHIC@S!!!

O OUTONO

O outono achéganos moitos cambios, quizáis os mais significativos se mostran na paisaxe, pois alguhas árbores perden o seu vestido, degradando pouco a pouco a cor das súas follas ata que caen ao chan.Canto nos gusta en Capela xogar coas follas secas e tamén aproveitalas para outras cousas: estes días estivémolas empregando para facer uns cadros do outono.

Fixémolos así:

 

 

 

IMONOS FACENDO MAIORES

O outro día festexamos os aniversarios do mes: Mario xa ten 7 anos!

PARABÉNS!!!

UN NOVO CURSO

Cheos de ilusión e con moitas ganas de aprender embarcámonos
neste novo curso 2010-2011.
 
Distribuir contido