Escola de Capela
MATERIAL IMPRESO CURSO 2012-2013
MATERIAL IMPRESO 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1º NIVEL
Lingua Castelá: Letras 1. Pauta. Ed. Vicens-Vives.
ISBN:978-84-682-0173-3
Matemáticas: Matemáticas 1. ?Los caminos del saber?. Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9124-1
Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 1. Ed. Anaya 2011.
ISBN: 978-84-667-9953-9
Lingua Inglesa: Find Out 1. Pupil?s Book. Ed. Macmillan
ISBN: 978-1-4050-7816-0
Música: Música 1. Ed. Anaya 2011
ISBN: 978-84-678-0001-2
2º NIVEL
Lingua Castelá: Letras 2. Ed. Vicens-Vives.
ISBN:978-84-682-0168-9
Matemáticas: Matemáticas 2. ?Los caminos del saber?. Ed. Santillana 2011.
ISBN: 978-84-294-9670-3
Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 2. Ed. Anaya 2011.
ISBN: 978-84-667-9956-0
Lingua Inglesa: Find Out 2. Pupil?s Book. Ed. Macmillan
ISBN: 978-1-4050-7826-9
Música: Música 2. Ed. Anaya 2011
ISBN: 978-84-678-0003-6
- APIs de Blogue
FIN DE CURSO
O Venres organizamos unha festa na escola para despedir o curso.
Nada máis chegar puxémonos mans á obra:
colocar os globos e as bandeirolas feitas por nós foi a primeira tarefa.
Despois, traballamos moito para que cando chegaran os convidados
a merenda estivera lista.
O menú?
Canapés variados feitos con moito entusiasmo e imaxinación.
(non sabemos se todos os sabores combinados encaixaban, pero do que estamos seguros é de que os bos cociñeiros cúrtense a base de experimentación)
"Sandwich-tren" de España para animar á nosa selección de fútbol na Eurocopa.
E de postre, piruletas de froita.
A elaboración non sempre é doada, precisa:
maña,
habilidades varias,
traballo en equipo,
...
e sobre todo compensar o que imos comendo,
pois quedou claro que a máis de un o que cociña non lle cunde!!!
Á espera da inauguración oficial, decidimos inaugurar a nivel particular a "casiña" nova que temos en Capela. Despois de varios intentos errados, tivo que chegar o papá de Xiana para abrir as portas. Menos mal, pois tiñamos moitas gañas de explorar o novo espazo.Encantounos!!!
Aínda así, a merenda tivo lugar no exterior, pois o tempo deciciu acompañarnos.
As familias felicitáronnos polo rico que estaba todo e... como recompensa:
os tesouros que agochaba a piñata.
Agasallos para tod@s os que se portaron ben e traballaron moito durante o curso.
Cos ollos pechados, Berna foi capaz de atopala e rompela.
E...
SORPRESA! A piñata contiña agasallos para tod@s!
POIS SI! OS 24 FOMOS BOS E TRABALLAMOS MOITO!
PARABÉNS!!!
O Venres festexamos os aniversarios do mes de Xuño
e xa por adiantado os do verán, polo que podemos dicir que:
Iria ten 8 anos, Noe 7 e Iker, Félix e Kiara xa son chic@s de 4!
PARABÉNS!!!
- APIs de Blogue
SÁLVORA
Hoxe fixemos a excursión de fin de curso: fomos á Illa de Sálvora.
O autobús levounos ata Ribeira, onde nos agardaba un barco: o "Fly delfín".
Embarcamos e acomodámonos para desfrutar da viaxe:
Atendemos a explicación sobre normas de comportamento e seguridade:
Xa na illa, aventurámonos a explorala:
Fixemos a ruta que leva ata a aldea
e no camiño atopamos unha fonte con auga que da forza e saúde!!!
Un descasiño antes de abandonar a illa:
De volta, no barco, repuxemos forzas coa merenda
e como non podiamos marchar sen ver o timón, pedímoslle permiso ao "capitán". Deixounos entrar na cabina e debeunos de ver cara de responsables porque...
MENUDA SORPRESA! decidiu poñer o rumbo do barco nas nosas mans!!!
FOI TODA UNHA AVENTURA!
VISITA DOS BOMBEIROS
O Mércores 6 de Xuño tivemos unha sorpresa na escola: visitáronnos os bombeiros.
Recordáronnos como actuar en caso de incendio...
e practicamos un pouquiño por se algún día precisan da nosa axuda.
Como o fixemos tan ben, nomeáronnos BOMBEIROS INFANTÍS!!!
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
O Martes 29 de Maio tivemos a sesión de educación física do terceiro trimestre no polideportivo de Rianxo.
Pero antes de facer deporte, fixemos unha paradiña na biblioteca do Concello.
Pasámolo moi ben!
- APIs de Blogue
PARABENS!
O Venres tivemos festa: Cristian festexou o seu aniversario.
Xa é un chico de 4 anos!!!
PARABÉNS!!!
- APIs de Blogue
CARREIRA DAS LETRAS
Un ano máis, festexamos as letras galegas en Campo Maneiro:
a emoción a puxeron as carreiras,
o sentimento a homenaxe a Paz Andrade
e a enerxía a merenda coa que repuxemos forzas.
As familias acompañáronnos ao longo de toda a xornada e SI!!!:
ESTE ANO TIVEMOS UNHA GRAN REPRESENTACIÓN NA CARREIRA DOS ADULTOS!!!
Pais, nais, tías, tíos,..
SON TODOS UNS CAMPIÓNS!
CORRUBEDO
O Venres 11 de Maio visitamos o Parque Natural de Corrubedo.
Aí vos deixamos algunhas fotos:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »