UNHA VISITA INESPERADA

Hoxe, no recreo, tivemos unha visita moi especial:un gato pequeniño!

Puxémonos tan contentos, verdade chic@s? Que se nos dou por chamalo berrando
e correndo detrás del. Claro, así marchou moi asustado!

Pero á hora da saída seguía alí fóra e cando xa todo estaba tranquilo
achegouse a min miañando, entón faleille baixiño e deixoume acariñalo. Coma
tiña moita fame  convideino a entrar na nosa clase e púxose moi contento porque
atopou debaixo das mesas as miguiñas de pan que sempre caen ao chan á hora da
merenda.Mirade, papounas todas!

   

Aínda así seguía tendo fame! Axudoume a buscar na papelera
e  alí atopamos os botes dos vosos
iogures.

Lameunos todiños e soubéronlle
tan ben! Xa sabedes que os iogures teñen leite e aos gatos encántalles o leite.

Cando rematou deixeino fóra para que buscara o camiño de
volta a súa casiña.

Pero ao mellor volve outro día e se o tratades con agarimo
deixaravos acariñalo. Aínda que xa sabedes que non debedes tocar animais
descoñecidos e se o facedes ten que ser co permiso e a axuda dun adulto e
sempre moi amodiño, pois se pensa que lle imos a facer dano, el tratará de
defenderse.Vale?

ESE GATO

ESE GATO E MOI BONITO E COME MOITO IOGUR.ROCIO

OS RATOS

O QUE MAIS LLE GUSTA AOS GATOS SON OS RATOS.

E ... SI TIVÉMOLOS EN CAPELA, PERO AGORA XA NON OS VEMOS, DEBERON MARCHAR. E QUE EN CAPELA GÚSTANNOS TANTO OS ANIMAIS QUE TODOS VEÑEN PARA AQUÍ.

ESTAMOS DESEXANDO QUE O GATIÑO NOS FAGA OUTRA VISITA. A LAURA ENCANTARÍALLE LEVALO PARA A SÚA CASA PORQUE LLE GUSTAN TODOS OS ANIMAIS DO MUNDO.

UN BICO PROFE MARÍA.

É UN GATO BEN BONITIÑO.

É UN GATO BEN BONITIÑO. SEGURO QUE LLE GUSTA O LEITE PERO SABEDES O QUE MÁIS LLES GUSTA AOS GATOS?

UNS ANIIMALIÑOS PEQUENIÑOS PEQUENIÑOS, CON BIGOTES E RABO, QUE RILLAN RILLAN E DIN : I,I,I,I,... E DOS QUE HAI UN TEMPO TIVÉSTEDES A MOREAS COMO  INQUILINOS.

SEGURO QUE XA SABEDES DE QUE ANIMALIÑOS ESTOU FALANDO , NON SI?.

UN BIQUIÑO,

MARÍA