Club "Amigas e amigos de Daniel"

23 DE ABRIL, POLOS LIBROS!

A Quintáns tamén chegou abril, mes dos libros, e mentres traballamos no estupendo encargo que nos fixo Daniel da creación de un libro sobre Manuel María, chegou xa o 23 de abril, día mundial do libro. Na aula de primaria pensamos en como podiamos celebralo e cun lote de imaxinación decidimos facer unha película. Así como o oídes! Unha película adicada ós libros que tanto apreciamos e que tanto nos ensinan.

Asi pois, fixemos que nesta montaxe non faltase de nada. Un plató con decorado, escribimos un guión co que tiñamos que dicir, maquillaxe, perruquería e por suposto...luces, cámara e ACCIÓN!

Aquí vos queda o resultado final! Agardamos que vos guste a nosa superprodución, e por suposto...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

  

MES DO LIBRO

NO MES DE ABRIL O LIBRO É O PROTAGONISTA DE DÚAS DATAS IMPORTANTES: O 2 É O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E O 23, O DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

NO CRA DE RIANXO CELEBRAMOS ESTE MES QUE GOSTA TANTO DOS LIBROS FACENDO A NOSA PROPIA EDICIÓN DE " OS SOÑOS NA GAIOLA",  DO POETA MANUEL MARÍA.

TARDES NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA DE DANIEL DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE

NA CASA DA MATANZA

"CORRE O VENTO, O RÍO PASA.

CORREN NUBES, NUBES CORREN

CAMIÑO DA MIÑA CASA"

DANIEL, MÚSICA E ROSALÍA, QUE REGALÍA!

NO SEGUNDO TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR OUTRA INVITACIÓN DE DANIEL PARA VISITAR A NOSA QUERIDA BIBLIOTECA. 

ALÍ AGARDÁBANOS UN FEIXE DE MAXIA E LEDICIA COMO SEMPRE! DENDE ROSALÍA EN TÍTERE, ATA A MÚSICA ENGAIOLADORA DA PROFE CRIS E A SÚA FRAUTA. UNHA VIAXE COA NEGRA SOMBRA DA PROFE PATRI A TRAVÉS DA CASA DA MATANZA.

O PROFE RUBÉN TAMÉN PUXO UNHA MOREA DE NOTAS MUSICAIS PARA FACER DESTA VISITA UNHA MARABILLA CARGADA DE MÚSICA, POEMAS E BOAS LECTURAS COMO SEMPRE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DIVERTIDO VÍDEO DO NOSO PASO POLA BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NÓS A VISITA!

E MOITAS GRAZAS @S NOS@S MARABILLOSOS PROFES POR FACELA POSIBLE!

  

ROSALÍA NA BIBLIOTECA DE DANIEL

NA BIBLIOTECA DE DANIEL HABITA TAMÉN ROSALÍA DE CASTRO.

GRAZAS PATRICIA, CRISTINA E DANIEL POLO QUE NOS FIXECHEDES GOZAR CON ROSALÍA, A CASA DA MATANZA E A NEGRA SOMBRA!!

VISITA Á CASA DA MATANZA

DESPOIS DE TER SIDO APRAZADA POR MOR DO TEMPO, A SÁIDA E VISITA Á CASA DE ROSALÍA REALIZOUSE O XOVES 10 DE MARZO

NO DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA, CANTÁMOSLLE A NOSA POETA OS PARABÉNS E AGASALLÁMOLA COA SÚA POESÍA E CON FLORES.

TAMÉN AS NOSAS FAMILIAS TIVERON UN AGASALLO:
UN LIBRO, UN POEMA, UNHA FLOR.

FOI UN GRAN DÍA!

CARTAS POR ROSALÍA

SEGUINDO A SUXERENCIA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LÍNGUA GALEGA ENVIAMOS A CASA AS PALABRAS DE ROSALÍA EN FORMA DE POSTAL POR NÓS ILUSTRADA.

Distribuir contido