Club "Amigas e amigos de Daniel"

TARDES CON DANIEL

A nosa biblioteca volve abrir as súas portas este martes día 20 de decembro. Por cuestións organizativas abriremos as nosas portas as 17:00 h, hora na que está previsto se realice o contacontos como en xornadas anteriores. A profe Ana da escola de Pazo vainos contar "Rosa caramelo". Anímádevos a participar desta tarde de lecer co noso amigo Daniel!

1º XORNADA DE BIBLIOTECA E MÚSICA

       

O VINDEIRO VENRES 25 DE NOVEMBRO DESENVOLVERASE NO NOSO CENTRO A 1ª XORNADA DE BIBILOTECA E MÚSICA DESTE CURSO 2016- 2017. O NOSO AMIGO DANIEL INVITA A TOTALIDADE DO NOSO ALUMNADO A DESPRAZARSE Á SEDE DE ASADOS PARA TOMAR PARTE NAS SEGUINTES ACTIVIDADES:

1. AULA DE MÚSICA

2. AULA DE BIBLIOTECA

3. SESIÓN DE CONTACONTOS "CONTANDO EN FEMININO" A CARGO DE ANA HERMIDA. A ESTA ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA ANPA DO COLE PODEN ASISTIR AS FAMILIAS QUE O DESEXEN. CONSULTADE COAS TIROTÍAS DOS VOSOS FILLOS E FILLAS A HORA Á QUE LLE TOCA A VOSA ESCOLA.

Organiza:

Equipo de Biblioteca

Equipo de Complementarias

Departamento de Música

ANPA Irmáns Insua

CONMEMORACIÓN DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS

                   

O VINDEIRO MARTES 22 DE NOVEMBRO NA NOSA BIBLIOTECA DE AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL LEVAREMOS A CABO DIVERSAS ACTIVIDADES IMPULSADAS POLA ANPA DO NOSO COLE, PARA CONMEMORAR A DECLARACIÓN DOS DEREITOS DOS NENOS, APROBADA POLA ONU O 20 DE NOVEMBRO DE 1959.

ESPERÁMOSVOS A PARTIRES DAS 16:00 H

AS ACTIVIDADES ESTÁN PLANTEXADAS TANTO PARA GOCE DOS NENOS COMO DAS SÚAS FAMILIAS

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

TARDES CON DANIEL

O VINDEIRO MARTES 8 DE NOVEMBRO, A BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS PARA TODOS VÓS, DENDE AS CATRO ATA AS SEIS DA TARDE.

ÁS 17H, SOL E MARÍA CONTAN..."O SEÑOR MAGO E A FOLLA".

AGARDÁMOSVOS PARA PASAR UNHA TARDE DE OUTONO TOD@S XUNT@S!

SAMAÍN!

ESTA SEMANA CHEGA O SAMAÍN Ó NOSO CRA! AS ESCOLAS ESTANSE ENCHENDO POUCO A POUCO DE CAVEIRAS ATERRADORAS E HISTORIAS DE MEDO. ATA O NOSO DANIEL SE TRANSFORMOU NUNHA CRIATURA DA NOITE!

QUE AS ALMAS EN PENA NON VOS LEVEN FAMLIAS!

A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!!!

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

 

O VINDEIRO MARTES 4 DE OUTUBRO, Á BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS PARA TODOS VÓS, DENDE AS CATRO ATA AS SEIS DA TARDE.

ÁS CINCO PODEREDES GOZAR DO PRIMEIRO CONTACONTOS DESTE CURSO.

 

ESTADES CONVIDAD@S A PASAR AS TARDES DOS MARTES MERGULLAD@S NOS LIBROS.

 

AGARDÁMOSVOS!

O NENO DAS PIÑAS

O neno das piñas
Daniel Castealo. 1926. Augada/papel


O neno das piñas
Crianzas da Escola Rosalía de Castro (Crucerio). 2016. Rotulador e cera/papel

PEITO DE LOBO

     

"... De súpeto tanxeron os sinos, estalaron os foguetes e unha «ben afinada banda» rompeu a tocar. A cousa xa non tiña remedio. Saíu o meu cabezudo e no mesmo intre a xente escachou a rir, como facía nas comedias dos titiriteiros.

— É Peito de Lobo! É Peito de Lobo! "...

RETRINCOS

Afonso Daniel Rodríguez Castelao

     
   

IRMÁN DANIEL

DANIEL CASTELAO.
NARRADOR, ENSAÍSTA, DRAMATURGO, DEBUXANTE, PINTOR, POLÍTICO, ...
O NOSO VECIÑO, O NOSO AMIGO E O NOSO IRMÁN NAS IRMANDADES DA (NOSA) FALA

Saúde e terra, irmám!

Distribuir contido