Club "Amigas e amigos de Daniel"
TARDES CON DANIEL
MAÑÁ MARTES 14 DE FEBREIRO A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS PARA GOCE DOS NOSOS NENOS E NENAS. A PROFE BELÉN DE CAPELA NOS PRESENTA A UN AMIGO MOI ESPECIAL "O MOSTRO DE CORES". ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTA TARDE DE TROULA CON DANIEL E OS SEUS AMIGOS E AMIGAS. CONTAMOS CON VÓS!!
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
ESTE MARTES LOITAMOS CONTRA A CHOIVA E O TEMPORAL NA BIBLIOTECA DE DANIEL! ESTÉN NEGRAS, BRANCAS OU GRISES, LUCÍA CÓNTANOS...
"BAILAR NAS NUBES"
NON PERDADES OCASIÓN DE VIR PASAR UN RATIÑO AGRADABLE CANDA NÓS!
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
ESTE MARTES A BIBLIOTECA DE DANIEL ABRE AS SÚAS PORTAS PARA RECIBIR AO POLIÑO MÁIS XEITOSO DE TODA A BISBARRA! COCORICO! E TRAE ALGO BEN DOCE CON EL...ÍDELO PERDER? AGARDÁMOSVOS!
- APIs de Blogue
CONTACONTOS DA ANPA
ESTE MARTES 24, ÁS 17H, AS MAMÁS DA ANPA CONTAN ORELLAS DE BOLBORETA! NON PERDADES OCASIÓN DE VIR ESCOITAR ESTE CONTO MARABILLOSO CO QUE AS NOSAS QUERIDAS FAMILIAS NOS VAN A ACHEGAR Á CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ!
DENDE O CRA DE RIANXO QUERÉMOSLLE AGRADECER O SEU TRABALLO E A SÚA MARABILLOSA PARTICIPACIÓN NA NOSA BIBLIOTECA!
- APIs de Blogue
BIBLIOTECA DE DANIEL
A CASA DE DANIEL |
A FAMILIA DE DANIEL |
VIRXINIA E O FILLO DE DANIEL |
E AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL |
- APIs de Blogue
CONTOS DE ESQUELETOS
NO SAMAÍN PRESTA CONTAR CONTOS DE ESQUELETOS.
ESQUELETOS ARREPIANTES ...
OU ESQUELETOS BAILADORES...
COMO OS QUE CREOU DANIEL PARA O SEU RELATO "OLLO DE VIDRO. MEMORIAS DUN ESQUELETE"
- APIs de Blogue
PEITO DE LOBO
"Aínda eu era estudante cando se criou no meu maxín a idea de facer un cabezudo, e, como na mocedade todo semella ledo e facedeiro, busquei o tipo máis laído da vila para que tódolos veciños escachasen de risa, sen facerme cargo da miña falla de caridade (...)"
RETRINCOS. DANIEL CASTELAO
GRAZAS A TERO RODRÍGUEZ COÑECEMOS A HISTORIA DE PEITO DE LOBO.
NESTE NOVO ANO ESCOLAR QUIXEMOS APROVEITAR QUE O INICIO DO CURSO COINCIDE COAS FESTAS DE RIANXO PARA CONVENCER AO CABEZUDO DE QUE COLLERA NOVAS FORMAS E COMPARTIRA CON NÓS O TEMPO DE ESCOLA.
E ACEPTOU !!
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
O VINDEIRO MARTES 17 DE XANEIRO A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS DENDE AS 16:00H ATA ÁS 18:00 H , PARA QUE COMPARTADES CON DANIEL UNHA TARDE ENTRE LIBROS . COMO XA SABEDES AS 17H TERÁ LUGAR O CONTACONTOS. ESTA SEMANA A PROFE ANA DE APOIO CONTARANOS O CONTO "UN AGASALLO DIFERENTE". ESPERAMOS POR TODOS VÓS!
- APIs de Blogue
TARDES CON DANIEL
HOXE A NOSA BIBLIOTECA VOLVE A ABRIR AS SÚAS PORTAS NO SEU HORARIO HABITUAL. DENDE ÁS 16:00 ATA ÁS 18:00 H PODEDES GOZAR EN COMPAÑA DE DANIEL DO PRACER DA LECTURA. E POR SUPOSTO ÁS 17:00 H TEREMOS O CONTACONTOS. DESTA VEZ AS MESTRAS ENCARGADAS SERÁN A PROFE YOLI DE P.T. E A PROFE LAURA DE A.L.QUE NOS DELEITARÁN CO CONTO "AS MANOPLAS DE CARRAPUCHIÑA"
ANIMÁDEVOS A VIR!
CONTAMOS CON VÓS!
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »