2012-2013
CUMPLEANOS DE MAIRA
NA ESCOLA DE PAZO
COMO SOMOS TANTOS NEN@S
NON PARAMOS DE FESTEXAR:
AGORA FOI MAIRA A QUE NOS TROUXO
UN ESTUPENDO BISCOITO POLO SEU 7º CUMPLEANOS-
PARABÉNS MAIRA!
- APIs de Blogue
RECIBIMOS UN DIPLOMA!
Con todo listo para o Entroido, hoxe recibimos uns diplomas polo traballo realizado.
Os nen@s de primaria recolleron un diploma grupal por ser moi bos compañeiros
e uns diplomas individuais polo moito que axudaron aos pequenos.
Os nen@s de infantil recibiron un diploma grupal por ser moi bos compañeiros.
Todos estabamos encantados!
Rematamos o acto de entrega de diplomas bailando.
As consignas do Toribio e a caixa de disfraces que chegou á escola
aumentaron a emoción polo Entroido e as gañas de festa!!!!
A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZA UN CLUB DE LECTURA PARA TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA
Este mércores 6 de febreiro na Escola de O Pazo a Anpa do Cra de Rianxo comeza co seu Club de Lectura. A actividade é totalmente gratuíta e aberta a todas as crianzas do Cra. Os nenos e nenas asistirán acompañados dun adulto que se fará cargo deles e que tamén poderá gozar coa lectura e con outras propostas moi creativas e divertidas. O horario é de 16:30 a 18:30. Traede a merenda e, se queredes, tamén aos avós!!! Animádevos, ímolo pasar moi ben!
CADA PINGA CONTA!
Un ano máis, elaboramos a secuencia fotográfica do lavado de mans que agora loce fermosa na parede do noso baño, para non esquencer que...
CADA PINGA CONTA!!!
- APIs de Blogue
ANIVERSARIO HELENA
NO ANIVERSARIO DE HELENA, PILI, A SÚA NAI, ENSINOUNOS A FACER MAGDALENAS!
UMMMMM, ESTABAN DELICIOSAS!! GRAZAS PILI
- APIs de Blogue
CASTROS DE NEIXÓN
A SEMANA PASADA ESTIVEMOS VISITANDO OS CASTROS DE NEIXÓN,
XUNTO COA ESCOLA DE ABUÍN E PAZO.
ALÍ, MIGUEL ENSINOUNOS APARELLOS QUE SE UTILIZABAN NA PREHISTORIA: MACHADAS, ARCOS
CON FRECHAS, LANZAS... TAMÉN PUIDEMOS ADENTRARNOS NUNHA RÉPLICA DUNHA VIVENDA DUN
CASTRO. PASEAMOS POLA PREHISTORIA A TRAVÉS DUN PERCORRIDO POLO CENTRO DE
INTERPRETACIÓN E CHEGAMOS A FACER FARIÑA MOENDO O MILLO
NUN ANTIGO MUÍÑO DE PEDRA.
COMO O TEMPO NOS ACOMPAÑABA PASEAMOS POLOS CASTROS, CRUZANDO OS FOXOS,
ADENTRÁNDONOS NAS VIVENDAS E ATA IMAXINAMOS QUE ÉRAMOS PREHISTÓRICOS QUE
ACENDÍAN O LUME.
- APIs de Blogue
O TORIBIO SAPIENS-SAPIENS
TORIBIO SAPIENS - SAPIENS MANDA ...
AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO DO PROCESO... GRAZAS FAMILIAS!
- APIs de Blogue
SOMBRAS CHINESAS
ESTES MOZOS E MOZAS QUE AQUÍ VEDES SON UNS ARTISTAS DA REPRESENTACIÓN.
ESTÁN ESPECIALIZADOS EN SOMBRAS CHINESAS.
QUEREDES VELO ?
POIS, QUE COMECE O ESPECTÁCULO...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- …
- seguinte ›
- última »