2012-2013
A FESTA DO ENTROIDO
Os castelos tivéronnos (e terannos) ocupados durante un tempo:
O xoves pasado trasladamos parte do traballo de aula
ata o centro cultrural para ambientar o espazo da festa do entroido.
A partir de aí, as familias fixeron o resto.
Con moita imaxinación e algunha que outra creación propia,
completaron o noso traballo e deixaron todo listo
á espera de que o tempo nos dera unha tregua.
E así foi!!!
O venres 8 de Febreiro puidemos festexar o entroido
xunto con todos os compañeiros e compañeiras do CRA.
O pasarrúas,
que abarcou dende a Prehistoria ata a Idade Media,
contou coa participación de:
prehistóricos, picapedras, guerreiros, vikingos,
exipcios, romanos, bufóns, damas, cabaleiros,…
Tod@s estaban guapísim@s!!!
Nós desfilamos de bufóns.
E aínda que tivemos algunha dúbida, ao final atrevémonos co xornal.
Como sempre, as familias estiveron aí para facer posible a idea.
Con tanto axetreo, esquecémonos de facerlles unha foto de grupo aos pais e nais.
Que pena!
Estaban moi guapos e moi simpáticos,
xa que con moito sentido do humor decidiron acompañarnos disfrazados!
Pola ilusión posta na organización e o traballo realizado:
un aplauso para as familias!
E aínda que xa o saben:
MIL GRAZAS POR TODO!
OS RITUAIS DA PREHISTORIA
OS PAPÁS DE SAMUEL, VISITÁRONNOS NA ESCOLA DE RAÑÓ PARA ENSINARNOS QUE, AO
IGUAL QUE OS HOMES E AS MULLERES NA PREHISTORIA CANALIZABAN A SÚA ENERXÍA,
NA ACTUALIDADE SEGUÍMOLO FACÉNDOO A TRAVÉS DUNHA SERIE DE EXERCICIOS DE RELAXACIÓN
QUE NOS AXUDAN A EXPRESAR OS NOSOS SENTIMENTOS: ALEGRÍAS, TRISTEZAS, MEDOS...
MOITAS GRAZAS SALY E JOSE!!
- APIs de Blogue
O CASCO DE LEIRO
OS CASCOS DE LEIRO
Na Escola de Rañó disfrazámonos de guerreiros e guerreiras do Casco de Leiro. Estos son os cascos que elaboramos coa axuda das familias. Moitas grazas a todos e todas!
A VIVENDA DUN CASTRO
A MESTRA TAMARA TRÓUXONOS Á ESCOLA UNHA VIVENDA DUN CASTRO, QUE TESOUROS
AGOCHARÁN NO SEU INTERIOR...
- APIs de Blogue
Chegaron os Peliqueiros e Cigarróns a Leiro!
NESTA SEMANA DE ENTROIDO ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE DÚAS PERSONAXES
TÍPICAS DESTA FESTA TRADICIONAL:
O PELIQUEIRO DE LAZA E O CIGARRÓN DE VERÍN.
DECIDIMOS CREAR O NOSO PROPIO PELIQUEIRO-CIGARRÓN,
DÁNDOLLE UN TOQUE PERSOAL.
- APIs de Blogue
O CONCELLO DE RIANXO TRASLADA A FEIRA DE ASOCIACIÓNS PARA O DOMINGO 17
CONCELLO DE RIANXO
Carnival
Cheeky has followed Toribio's commands. Look!
Monday - Something on your neck.
Tuesday - Something inside out.
Wednesday - Something on your face.
Thursday - Something on your head.
Friday - Put your costume on!!!
Happy Carnival!!!
Getting dressed! Is it hot or cold?
I'm cold, cold, cold. I put my jumper on. I'm cold, cold, cold. I put my coat on. I'm cold, cold, cold.
I'm hot, hot, hot. I put my t-shirt on. I'm hot, hot, hot. I put my shorts on. I'm hot, hot, hot.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »