2012-2013

ATENCIÓN EDUCATIVA

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 

O GUERNICA DE PICASSO é un cadro pintado no ano 1937 que se refire o bombardeo da poboación de Guernica durante a guerra civil española. É un símbolo dos terribles sufrimentos que implica unha guerra.

En alternativa construimos un puzzle deste cadro de Picasso e falamos do terribles que son as guerras e do importante que é a PAZ.

PINTURA RUPESTRE

Pintura rupestre en Abuín e Cruceiro coa profe de apoio Mª Carmen.

CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO PARA DOMINGO 27 DE XANEIRO

A Plataforma “Queremos Galego” convoca a unha manifestación unitaria co lema “Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola” que sairá este domingo 27 de xaneiro ás 12 h desde a Alameda de Santiago. A Plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, está conformada por máis de 700 entidades diferentes. Sairá un autobús da Comarca da Barbanza que pasará polo Peirao Sete Fogas aproximadamente ás 11 horas (horario orientativo). Prezo 3.00 €. Horario orientativo. Máis información: 981873654 ou na propia páxina Web da plataforma: http://www.queremosgalego.org/

 

CONVOCATORIA DE CONSELLO ESCOLAR

Está convocada a celebración do Consello Escolar para este martes 29 de xaneiro de 2013 ás 18:15 na Sede do Cra en Asados.

Como sabedes, temos uns representantes das nais e pais que estarán alí. Tamén acudirán representantes do profesorado, a dirección do centro, unha representante do Concello de Rianxo... E tamén teremos un/unha representate da Anpa Irmáns Ínsua. É por iso que vos suxerimos que vos poñades en contacto con nós se hai algún tema que queirades que sexa tratado nesa reunión. Podedes facelo a través desta páxina, a través do facebook, mediante o correo electrónico crarianxoanpa@gmail.com, nos teléfonos 654721393 - 981866688, ou dirixíndovos persoalmente aos representantes que a Anpa ten en cada escola.  

Animádevos a participar na educación dos vosos fillos e fillas... hai moito en xogo!!!

VISITAMOS OS CASTROS DE NEIXÓN

 

HOXE VISITAMOS OS CASTROS DE NEIXÓN!!

 

 

NO CENTRO ARQUEOLÓXICO ENSINÁRONNOS E EXPLICÁRONNOS COUSAS MOI INTERESANTES:

POIDEMOS VER E TOCAR DIFERENTES FERRAMENTAS CASTREXAS,

VIMOS UNHA PEQUENA MAQUETA DUN DOLMEN E DO PETRÓGLIFO DOS MOUCHOS.

ENTRAMOS NUNHA VIVENDA CASTREXA RESTAURADA E ZOE SIMULOU MOER CUN MUIÑO DAQUELES TEMPOS

COMO TIVEMOS UNHA MAÑÁN SOLEADA, VISITAMOS OS DOUS CASTROS:

VIMOS O FOSO, A MURALLA, O BURATO ONDE SE ENGANCHABA A PORTA DE ENTRA DA AO CASTRO GRANDE.

ESTE CASTRO AGOCHA MÁIS CABANAS

 

PREMEDE SE QUEREDES VER MÁIS:


 

Finding out about colours

Last week, we've been finding out about colours. With just three of them (RED, YELLOW and BLUE), we could make four more colours: ORANGE, GREEN, PURPLE and BROWN. It is incredible, isn't it? That's why red, yellow and blue are called primary colours. Here are some pictures:








A SEMANA DO PROTAGONISTA

Na Escola de Abuín quixemos inaugurar o novo ano co proxecto da SEMANA DO PROTAGONISTA. Iago estaba de aniversario e quixemos celebralo adicándolle toda unha semana de tarefas e experiencias. Así, Iago trouxo do seu fogar fotografías da súa aínda curta vida (cumpriu SEIS ANOS!!!), os seus xoguetes e libros favoritos... e os compartiu connosco colocándoos no recuncho do protagonista da semana. Iago obtivo uns "privilexios", como ler o conto, ser o capitán...Tamén durante a semana elaboramos tamén un fermoso libro: O LIBRO DE IAGO, que agora forma parte da nosa biblio de aula.


Agradecemos tamén a visita dos seus papis: Fran e Ana, que nos deleitaron con anécdotas curiosas e divertidas e nos trouxeron un fermoso vídeo que elaboraron especialmente para a actividade.


Agardamos con impaciencia a VINDEIRA SEMANA DO PROTAGONISTA!!!



PRÓXIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA.

Queridos compañeiros e compañeiras de club:


 A nosa próxima xuntanza terá lugar o Xoves, 31 de xaneiro na Escola de Abuín, en horario de 16:00 a 19:00 h. Namentres, podedes continuar participando de xeito virtual nesta nosa web.


Agardámosvos a todos e todas e, dende aquí, aproveitamos unha vez máis para animar ás familias e ó resto do profesorado a participar posto que, de seguro que cantos máis sexamos, máis enriquecedora será a experiencia.


SAUDIÑOS E BOAS LECTURAS!!!


 

CAZADORES DE MAMUTS

IMPRESIUNOUNOS IMAXINAR ÁS PERSOAS DO PALEOLÍTICO CAZANDO MAMUTS COAS SÚAS ARMAS FEITAS DE PEDRA.

 

E IMPRESIOUNOUNOS IMAXINAR UN MAMUT, UN MAMÍFERO XIGANTESCO QUE PODÍA CHEGAR A MEDIR 5 METROS DE ALTURA.

PARA FACERNOS UNHA IDEA PRECISA, MEDIMOS A PAREDE DA AULA, DENDE O CHAN ATA O TEITO, E COMPROBAMOS QUE SÓ PODERÍA COLLER UNHA CRÍA DE MAMUT. MEDIMOS DA MESMA FORMA O PATIO CUBERTO E VIMOS QUE NIN SIQUERA ASI PODERÍA TER ENTRADO UN.
PARA SACIAR A NOSA CURIOSIDADE DECIDIMOS MEDIR 5 METROS DO CHAN E ACOMODAR ALÍ POR FIN UN EXEMPLAR ADULTO


E QUIXEMOS TAMÉN FACERNOS UNHA IDEA DO QUE SUPOÑERÍA CAZALO CUNHA LANZA...

O PALEOLÍTICO

O PALEOLÍTICO É A ÉPOCA MÁIS ANTIGA DA IDADE DE PEDRA.
 DURANTE ESTE PERIODO O HOMO SAPIENS...

VIVÍA EN CABANAS OU Ó ABRIGO DUNHA COVA REALIZABA PINTURAS RUPESTRES EN PAREDES DE COVAS
ERA CAZADOR E RECOLECTOR ERA NÓMADE, TRASLADÁBASE BUSCANDO ALIMENTOS
PARA QUENTAR LÍQUIDOS INTRODUCÍA PEDRAS QUENTES EN TARTEIRAS REALIZADAS CON PELES COIDABA DOS SEUS ENFERMOS CON PLANTAS E ELEMENTOS DA NATUREZA
Distribuir contido