2012-2013

HOMO SAPIENS SAPIENS

A EVOLUCIÓN HUMANA REMATA COA APARICIÓN, HAI 150.000 ANOS, DO HOMO SAPIENS SAPIENS, QUE, DESPOIS DA EXTINCIÓN DOS NEANDERTAIS E DO HOMO FLORESIENSIS,
É A ÚNICA ESPECIE HUMANA QUE EXISTE NO PLANETA
.

HOMO HABILIS

O HOMO HABIBLIS FOI O PRIMEIRO HOMÍNIDO

  QUE FOI QUEN DE FABRICAR FERRAMENTAS DE BORDOS CORTANTES GOLPEANDO PEDRAS

INICIO DA PREHISTORIA

OS MAGOS DE ORIENTE QUIXERON AXUDARNOS A ENTENDER O LONGO CAMIÑO QUE HOUBO QUE PERCORRER PARA QUE NO PLANETA TERRA SE INICIARA A EVOLUCIÓN HUMANA, E CON ELA, A NOSA PREHISTORIA...

AGASALLOS DOS MAGOS DE ORIENTE

 

DEBAIXO DA ÁRBORE QUE ADORNOU O NADAL NA AULA, OS MAGOS DE ORIENTE DEIXARONNOS UNS AGASALLOS BEN MERECIDOS.

SABEDORES DE TODO O TRABALLO QUE FIXEMOS ATA AGORA, OS REIS MAGOS QUIXERON ACOMPAÑAR O NOSO TRABALLO FUTURO.

CASTRO NEIXÓN

O Xoves 17 de Xaneiro visitamos o Centro arqueolóxico do Barbanza.

O tempo non quixo acompañarnos, polo que non puidemos explorar o exterior.

Aínda así, foi unha saída moi interesante.

CURSO FORMACIÓN DIRECTIVOS DE ANPAS

O sábado dous de febreiro de 11 a 2 da tarde vai celebrarse en Riveira un Curso de Formación de directivos de Anpas impartido polos membros da Federación de Anpas de A Coruña. A este curso poden asistir non só as persoas que formen parte das directivas das Anpas de Riveira, senón de toda a Barbanza e todo aquel que estea interesado en crear un Anpa ou asociación similar. Aínda non se sabe en que lugar de Riveira se vai celebrar, en canto estea decidido comunicarase. 

Un saúdo

 

Teresa, mamá de Dália, Escola de Cruceiro. 

REUNIÓN ANPA IRMANS INSUA DO CRA DE RIANXO

Hoxe, venres 18 de Xaneiro, houbo unha reunión na Sede de Asados da que saíu unha xestora para formar unha nova directiva da Anpa do Cra de Rianxo Irmáns Ínsua. Falta representación das escolas de O Pazo, Outeiro e Quintáns. Confiamos en que antes de que se constitúa definitivamente a nova directiva as nenas e nenos desas tres escolas consigan que alguén os represente. 

Grazas a Tobías por vir apoiarnos e informarnos de cousas que descoñecíamos.

Se hai alguén interesado en formar parte desta nova directiva pode poñerse en contacto por teléfono (654721393 - 981866688) ou vía e-mail crarianxoanpa@gmail.com. 

Lembrarvos que tamén temos unha páxina de facebook. Para pedir amistade é preciso enviar unha mensaxe identificándovos como pais, nais, titores... dalgunha das escolas. 

Moito ánimo a todas e todos e parabéns por comprometervos coa educación dos vosos fillos e fillas. 

 

Teresa, mamá de Dália, escola de Cruceiro. 

UN NOVO PETRÓGLIFO EN PAZO

ESTES DÍAS ESTIVEMOS MIRANDO OS DISTINTOS PETRÓGLIFOS DA NOSA COMARCA.

GUSTOUNOS OBSERVAR O DA FOXA VELLA DOS NOSOS AMIGOS E AMIGAS DE RAÑÓ.

COMO EN PAZO NON HAI, QUIXEMOS FACER UN...

O RESULTADO FINAL FOI DO NOSO AGRADO.

QUE VOS PARECE?

PREMEDE SE QUEREDES VER OS NOSOS PEQUENOS PETRÓGLIFOS:



VISITAMOS O CENTRO ARQUEOLÓXICO DA BARBANZA

 

 

 

Ola a todos e a todas como xa saberedes este xoves iniciamos ás visitas ao Centro Arqueolóxico da Barbanza que realizaremos en tres quendas. As escolas de Quintáns, Vacariza e Capela, fumos as primeiras en ir e nos gustaría compartir a nosa experiencia para que vos fagades unha idea do que vos ides atopar e porque non? tamén para darvos un pouco de envexa ja, ja ...porque aprendimos moitas cousas e o pasamos moi ben.

A visita iniciase no soto do centro onde asistimos todos xuntos a unha proxección dun documental sobre o modo de  vida e cultura dos nosos ancestros, dura moi pouquiño  uns 12 ou 13 minutos e ten imaxes moi interesantes.

A continuación subimos á entrada do centro e alí nos dividiron en dous grupos: un grupo se dirixiu ao 1º andar e ao outro nos levaron a visitar o salón de abaixo.

 

Primerio estivemos observando unha maqueta da Península do Barbanza, nos explicaron onde estaba Rianxo de onde nós viñamos e onde estaba Neixón, logo tivemos que premer nuns botóns e se acendían unha luceciñas pero... xa descubriredes que significaban cando vaiades ja, ja... non imos desvelar todos os segredos! Aínda que xa sabemos que hai nenos que coñecen o centro de ir coas súas familias.

Despois non ensinaron as ferramentas prehistóricas que utilizaban os homes e mulleres que poboaron os castros, e o mellor de todo e que as puidemos tocar!

 

  

Alguén sabe de que ferramentas se trata?

Logo o pasamos xenial pois entramos dentro dun castro, e cando estabamos dentro nos explicaron como vivían os seus habitantes, que comían , como cociñaban, onde gardaban as cousas...

  

Logo subimos ao 1º andar para ver a segunda parte da exposición, dentro das vitrinas había restos arqueolóxicos moi importantes: muniños de pedra, agullas de coser , restos de ánforas, moedas....

 

Logo voltamos á entrada e alí fixemos un pequeno obradoiro: puidemos moer cereal facendo a fariña igual cos nosos ancestros, esperamos que almorcedes moi ben ese día porque hai que ter moita forza :

 

O pasamos tan ben que ata as profes se animaron, a pena foi que no muiño de pedra só poden moer os máis altos porque os peques non chegan:

 

 

E despois rematamos a visita vendo ás anforas rescatadas dos barcos afundidos naqueles tempos, e unha pedra moi especial para o CRA, xa que foi atopada polo avó dun dos nosos alumnos. Vos soa a historia? Pois preguntade en Cruceiro  B:

Despois da visita tivemos tempo para merendar tranquilamente:

Ao rematar iamos a empreder o camiño para ir a ver o castro pequeno de Neixón, pero non foi posible porque se puxo a chover e tivemos que voltar ás escolas. Esperamos que o resto teñades máis sorte, nós nos tivemos que conformar con velo en fotos:

Bueno pois xa vedes,  ata aquí o que deu de sí a nosa visita, esperamos que vos faga ilusión ir a vos tamén , como vedes o pasamos moi ben e vimos moitas cousas ainda que non puidemos ir ao castro. Deixámosvos coa galería de fotos sobre a visita, e desexámosvos que os pasedes todos tan ben coma nós. Esperando os vosos comentarios, moitos bicos e ata a próxima!

OS REIS MAGOS, SÍ QUE SON MAGOS!

SERÁ QUE SABEMOS SER BOS AMIGOS..., SERÁ QUE NON BERRAMOS..., SERÁ QUE COMPARTIMOS...,

SERÁ QUE TRABALLAMOS MOITO..., SERÁ QUE SOMOS BOS NAS NOSAS CASAS,.....

O CERTO É QUE, OUTRO ANO MÁIS, OS REIS MAGOS,LOGO DE VISITAR

A TODOS OS NENOS E NENAS EN RIANXO, PASARON POLA NOSA ESCOLA E

DEIXÁRONNOS UNS AGASALLOS: A VIAXE DE OLAF, TROCO, O PIRATA PARA DE LATA, A VIAXE DE PANCHO

SON AS NOVAS AVENTURAS QUE TEMOS NA NOSA BIBLIOTECA E COAS QUE VAMOS DISFRUTAR MOITO.

Distribuir contido