Fotografías
UNS MESTRES MOI ESPECIAIS
HOXE EN PAZO INFANTIL TIVEMOS UNS MESTRES MOI ESPECIAIS:
OS NOSOS AMIGOS DE PAZO PRIMARIA.
COMO MAIORES DA NOSA ESCOLA, VIÑERON ENSINARNOS
OS SEUS DESCUBREMENTOS:
1º EXPERIMENTO: FLOTA O OVO NA AUGA?
E SE LLE ENGADIMOS SAL?
2º NEREA ENSINOUNOS A FACER BURBULLAS
CON AUGA E XABÓN.
ELA FACÍA E NÓS ESTOUPÁBAMOS.
FOI MOI INTERESANTE E DIVERTIDO,
VOLVEDE MÁIS VECES CON NOVOS DESCUBREMENTOS!!!
- APIs de Blogue
SAMAÍN
OS NEN@S DE PAZO DURANTE A SEMANA PASADA
ESTIVEMOS A FACER,
COA AXUDA DOS NOSOS PAIS,
CABAZAS PARA O SAMAÍN.
A QUE DABAN MOITO MEDO?
TAMÉN FIXEMOS UNHA NA ESCOLA,
E CANDO ACABAMOS
COMEMOS CHULAS QUE,
COMO ERAN POUCAS,
SOUPERONOS AINDA MELLOR.
|
|
FESTIVAL DE NADAL 2009
OUTRO ANO MÁIS NO C.R.A. DE RIANXO CELEBRAMOS A CHEGADA DO NADAL
CUN ESPECTACULAR FESTIVAL AO QUE ESTABAN INVITADOS
PAIS, NAIS, AVÓS, AVOAS, TÍOS, TÍAS,... TODOS OS QUE QUIXERAN VIR.
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!
AS NOITIÑAS DE NADAL DA ESCOLA DE VACARIZA CUVIDE CUNHA CANCIÓN ADICADA AOS CANS
O RELOXO DE BELÉN E ALÓ ENTRE AS PALLAS DA ESCOLA DE PAZO
QUINTÁNS CUNHA CANCIÓN MOI CHULA E OUTEIRO BUSCANDO A ÁRBORE DE PAPÁ NOEL
COA PUNTA E CO TALÓN DA ESCOLA DE ABUÍN PACO PAPÁN DOS NENOS E NENAS DE RAÑÓ
E, PARA REMATAR AS NOSAS ACTUACIÓNS A GRAN ORQUESTRA DA ESCOLA DE CRUCEIRO
COMO OS NENOS, NENAS E MESTRES DO C.R.A. DE RIANXO FOMOS TAN BOS ESTE ANO
OS REIS MAGOS APURARON AS SÚAS VIAXES
E VIÑERON BUSCAR AS NOSAS CARTAS, QUE SORTE!
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO E AULA ACTIVA DO MAR
SE QUERES VER ALGUNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS COS NOSOS COMPAÑEIROS DE CUVIDE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO E A AULA ACTIVA DO MAR...
SÍGUEME...
- APIs de Blogue
CAMBIANDO AS CORES DO OUTONO
OS NENOS E NENAS DE QUINTÁNS QUIXERON CAMBIAR A COR DAS FOLLAS QUE LLES CAERON A ALGUNHAS ÁRBORES ESTE OUTONO.
PRIMEIRO PINTÁRONAS CON PINTURA LÍQUIDA
DESPOIS ESTAMPÁRONAS SOBRE PAPEL CONTÍNUO
E ASÍ QUEDOU...
AQUÍ ESTÁN TODAS NO MURAL. E... QUE PASARÍA
SE CANDO PASEÁRAMOS POLOS CAMIÑOS NOS ATOPÁRAMOS
FOLLAS DE CORES NO CHAN?. SERÍA DIVERTIDO, NON?
O SAMAIN
A SEMANA PASADA TRABALLAMOS UN MONTÓN NA NOSA ESCOLA PARA
PODER CELEBRAR O SAMÍN. DECORAMOS UNHAS CANTAS CABAZAS E O
RESULTADO FOI O SEGUINTE:
MIRADE QUE CABAZAS HAINAS GRANDES,MEDIANAS E PEQUENAS
ALGUNHAS VALEIRÁMOLAS E OUTRAS SÓ AS PINTAMOS E DECORAMOS.
CELEBRÁMOLO SAMAIN GASTÁNDOLLE UNHA BROMA AS NAIS E PAIS. APAGAMOS
AS LUCES DO XIMNASIO, PRENDÍMOLAS CABAZAS. DESPOIS AS PROFES MANDARON
PASAR AOS PAPÁS E NÓS ASUSTÁMOLOS, LEVARON UN SUSTO DE MORTE!!!!I
MIRADE COMO ASUSTABAN AS CABAZAS:
AHÍ ESTÁN AS MAMÁS E PAPÁS E ALGUNHA AVOA CANDO ENCENDIMOS A LUZ.
FOI MOI DIVERTIDO........
- APIs de Blogue
FOTOS DE FIN DE CURSO 08-09
XA CHEGA O FIN DE CURSO. NENOS, NENAS E MESTRES DE TODAS AS ESCOLAS DO C.R.A. QUIXERON COMPARTIR UNHA MAÑÁ DE PASEO, XOGOS E APRENDIZAXE. AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA
- APIs de Blogue
LUGO, QUE BONITO!!!
HOXE MARTA VEU Á ESCOLA DO PAZO E TROUXO CON ELA UNHA SORPRESA: LUGO
COMO NOS LLE PRESENTAMOS A NOSA ALDEA,
ELA FIXO O MESMO CO LUGAR ONDE VIVE,
QUE É UNHA CIDADE, UNHA CIDADE QUE NOS GUSTOU MOITO.
FALOUNOS DAS SÚAS FESTAS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »