Fotografías

O MOSTO

CANDO VIÑERON OS ROMANOS EXTRAER O OURO DAS NOSAS MINAS

TROUXERON OS VIÑEDOS.

NO SÉCULO XVII VENDÍASE EN MEDIA EUROPA E AMÉRICA 

O VIÑO DO RIBEIRO.

A MEDIADOS DO S.XIX GALICIA CONTABA CON 50.000HA DE VIÑEDO

HOXE HAI BASTANTES MENOS.

COMO NALGUNHAS CASAS TEMOS UVAS, 

TROUXEMOS A CLASE DISTINTAS CLASES PARA PROBALAS.

NON FIXEMOS VIÑO , PERO SI COMPROBAMOS 

QUE A UVA TEN MOITO ZUME.

ESE MOSTO QUE FIXEMOS COA AXUDA DUNHA LICUADORA

ESTABA PERO QUE MOI, MOI RICO.

 

 

FROITOS DO OUTONO

AS ÁRBORES QUEDAN ESPIDAS: CHEGOU O OUTONO.

E CON ÉL A CHUVIA O VENTO...

PERO TAMÉN NOS TRAE CASTAÑAS,NOCES,

ABELÁS, MAZÁNS, LARANXAS ....

   
   
   

        

FROITAS CON PROPIEDADES BENEFICIOSAS

QUE PREPARAN O NOSO CORPO

PARA AFRONTAR CON ENERXÍA O FRÍO DO INVERNO

REFORZANDO O SISTEMA INMUNOLÓXICO.

ASÍ QUE XA SABEDES, A COMER ESTAS RIQUÍSIMAS 

FROITAS

 

 

OS PETRÓGLIFOS DE BEALO

ELISA VISITOU OS PETRÓGLIFOS DE BEALO, CERCA DE BOIRO

E TROXONOS ESTAS FOTOS PARA INVITARNOS ,

(COMO QUEDAN PRETO DE RIANXO)

A  VISITALOS

 

MAIRA E VALERIA VISITAN UN PARQUE EÓLICO

EOLO , SEÑOR DOS VENTOS,

SEGUNDO A MITOLOXÍA TÍÑAOS ENCADEADOS NUN LUGAR PROFUNDO,

ONDE OS GOBERNABA AO SEU ANTOXO.

DE AÍ VEN O NOME DOS PARQUES "EÓLICOS" QUE É UNHA AGRUPACIÓN

DE AEROXENERADORES QUE TRANSFORMAN A

ENERXÍA EÓLICA EN ELÉCTRICA.

 

É UNHA ENERXÍA RENOVABLE

E É INESGOTABLE!!!

MAIRA E VALERIA QUEDARON IMPRESIONADAS POLO ALTOS QUE SON OS MUIÑOS

E, TAMÉN APRECIARON QUE DE CERCA ÓESE O RUÍDO

QUE FAN AS ASPAS AO MOVERSE.

PETRÓGLIFOS DOS BALLOTES

MAIRA E VALERIA ESTIVERON A VISITAR

OS PETRÓGLIFOS DOS BALLOTES (BAMIO)

QUE É UNHA DAS ESTACIÓNS DE ARTE RUPESTRE

MÁIS VISITADO POR INVESTIGADORES ILUSTRES.

 

 

PODENSE ADMIRAR VARIEDADE DE ANIMAIS,

SOBRE TODO CÉRVIDOS, REPRESENTACIÓNS XEOMÉTRICAS

E CAZOLETAS.

MOISÉS AMOSANOS UN CASTELO SUIZO

CANDO MOISÉS FOI XUNTA AO SEU PAI A SUIZA VISITARON ESTE  CASTELO.

É  COMO UNHA PEQUENA CIDADE MEDIEVAL QUE MOISÉS TIÑA MOITAS GAÑAS DE COMPARTIR CON TODOS VOS.

                                                                                                                 Grazas Moisés e familia!

COMO AFORRAMOS ENERXÍA NA CASA.

TAMÉN NAS CASAS AFORRAMOS ENERXÍA DE DIVERSAS MANEIRAS

E,MÁIS AGORA EN TEMPOS DE CRISE.

   LUCAS USA PILAS RECARGABLES.              ELISA SECA A ROUPA AO AIRE LIBRE.

SAMUEL E AITANA TEÑEN A BILLA CERRADA METRAS ENXABONAN AS MANS.

ANTÍA ENCHE A LAVADORA.

NA CASA DE ZOE USAN BOMBILLAS DE BAIXO CONSUMO ENERXÉTICO.

DESTE XEITO CONTRIBUIMOS A QUE O FURADO DA CAPA DE OZONO

SE AGRANDE O MENOS POSIBLE E QUE O NOSO PLANETA

PODA SEGUIR CHAMANDOSE "PLANETA AZUL"

"EN ABRIL.....

...POESÍAS MIL".

ESO ERA O CONTIDO DESTA MALETA ESPECIAL,

QUE VIÑA CARGADA DE LIBROS DE POESÍAS E CD.

DISFRUTAMOS MOITO LENDO , PERO

A PENA É, QUE LOGO TIVO QUE MARCHAR

POIS, AGARDABANA CON ANSIA,

OS NENOS E NENAS DE CRUCEIRO.

OS BOMBEIROS NA ESCOLA DE PAZO

ESTE MÉRCORES RECIBIMOS A VISITA DOS BOMBEIROS.

COMO OUTROS ANOS, FIXEMOS UN SIMULACRO

DE EVACUACIÓN EN CASO DE INCENDIO

E, COMO ESTIVEMOS MOI ATENTO,

SAIUNOS ESTUPENDAMENTE.

 

A PENA FOI, QUE ESTA VOLTA NON POIDEMOS

USAR A MANGUEIRA PARA REGA-LO PATIO.

 

 

   

PERO, COMO NON, PUÑEMOLO CASCO.

COMO PESA!

A FAMILIA DE MARCO VISITA SOUTOMAIOR!

 

A MARCO GUSTOULLE MOITO A VISITA QUE FIXO COA ESCOLA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR.

TANTO QUE, O DOMINGO POLA MAÑÁN, QUIXO REPETIR COA SÚA FAMILIA A MESMA EXPERIANCIA:

FOI UNHA BONITA SAÍDA EN FAMILIA


Distribuir contido