Festa do Entroido na escola de Abuín
Hoxe celebramos o Entroido na escola de Abuín MOITAS GRAZAS AS FAMILIAS POLA ACOLLIDA
Pasamolo xenial!
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
Algunhas das actividades que fixeron na escola de Cruceiro para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e da Paz foron:
A partir da lectura do conto de "Negros e Brancos" de David Mckee, identificamos o sentimento da rabia e o dramátizamos.
Pintamos a rabia e a calma escoitando "Requiem" de Mozart e "Claro de Luna" de Debussy.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Semana da Ciencia
Esta semana os monitores de Arenaria visitarán as nosas escolas para implementar o método e a experimentación científica nas distintas aulas.
Adxuntamos o calendario.
- blogue de admin
- APIs de Blogue
Día especial na Escola de Rañó
O venres a nosa compañeira Carla trouxo a súa pandeireta para interpretar a canción "A Raíz do Toxo Verde" do grupo "A Roda". Despois dounos unha pequena clase de iniciación para coñecer un pouco máis sobre este instrumento.
Moitas grazas Carla! Pasámolo xenial
- blogue de admin
- APIs de Blogue
PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O CURSO 2024-2025
Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación Primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:
- Quintáns, Rañó, Pazo e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)
- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).
*As familias que teñan previsto matricular @s nen@s nun centro distinto aos adscritos non teñen que facer a reserva, deberá solicitar praza en dito centro cando se inicie o proceso de admisión en marzo.
Prazo para presentar as solicitudes: 15 de xaneiro a 05 de febreiro de 2024.
Deberán presentar o Anexo 2 debidamente cuberto na sede do CRA de Rianxo en Asados (Anexo_2_castelán)
Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.
Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS
Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario (mellor chamar antes ao 629650523 para asegurarse de que estea aberta a sede administrativa).
Luns: de 12:30 a 14:00 h
Martes: de 12:30 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h
Mércores: de 11:00 a 12:45 h
Xoves: de 9:00 a 14:00 h
Adxuntamos os formularios para poder descargar e imprimir da solicitude de reserva.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »