Aviso

Granxa - Escola en Capela

Hoxe a escola de Capela despídese duns compañeir@s moi especiais (Chocolate, Manchitas, Saturno, Laura e Clodín) que levan con nós dende o 18 de Abril nos ovos, e empezaron a nacer dende o 7 de maio.

Dicir que Clodín é fillo de Saltarín  (un dos pitiños que naceu o ano pasado na nosa escola).

Chegou o momento de que marchen ao seu fogar definitivo.

Moita sorte compañeir@s!!!

 

Listaxe definitiva do alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 2024-2025

TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A ADMISIÓN NO CENTRO OBTIVO PRAZA.

AQUELAS SOLICITUDES PRESENTADAS FÓRA DE PRAZO, A ASIGNACIÓN REMATA NO MES DE XUÑO, POLO QUE A RESOLUCIÓN OFICIAL SERÁ NESE MES.

A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA SERÁ DO 20 AO 30 DE XUÑO. PORÉMONOS EN CONTACTO COAS FAMILIAS.

 

Letras Galegas 2024 con Paco Nogueiras

Este ano o tempo non nos permitiu celebrar a festa da nosa lingua como nos gustaría , aínda así asistimos a un concerto de Paco Nogueiras "Canta Conmigo". os nenos e nenas da escola de Capela primaria leron un manifesto das letras, o profe Pablo e Rubén animáronse a cantar, os nenos e nenas da escola de Cruceiro correron pola nosa lingua, ...

A lingua non para (Paco Nogueiras)

                                                    

Obradoiro de electricidade na escola de Rañó

Temos que agradecer ó pai de Clara que nos viñera a explicar un montón de cousas sobre a conducción da electricidade, foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos un montón de cousas. 

Moitas grazas! esperemos que volvas noutras ocasiónsRisa

   

Galicia versus Aragón

Grazas á profe Marta estamos aprendendo moitas cousas da súa Comunidade Autónoma "Aragón" buscando semellanzas e diferenzas con Galicia. Hoxe trouxonos un cachirulo (pano) para cada un e fixemos unhas castañuelas con material de refugallo.

Moitas grazas profe!

Distribuir contido