Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

DESCOMPOSICIÓN DOS Nº 9 E 10

APROVEITANDO A DATA DE CADA DÍA, FACEMOS A REPRESENTACIÓN DO CARDINAL (CON DEDOS, PUNTOS E PAUS) E TAMÉN A SÚA DESCOMPOSICIÓN, É DICIR, FACEMOS SUMAS CON 2 OU 3 SUMANDOS, RESTAS OU MULTIPLICACIÓNS QUE TEÑEN COMO RESULTADO O NÚMERO TRABALLADO.

 

CONTO DRAMATIZADO

NA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE DE HOXE, TIVEMOS A SORTE QUE NOS ACOMPAÑOU LARA, UNHA MESTRA EN PRÁCTICAS QUE ESTÁ NORMALMENTE, NA AULA D@S NOS@S COMPIS DE NIVEL. DRAMATIZAMOS UN CONTO QUE ELA MESMA INVENTOU, E CONSISTÍA EN IR REPRESENTANDO PROBAS MOTRICES PARA CONSEGUIR FINALMENTE A LAVA, QUE PRECISABA UN DRAGÓN PARA FACER UNHA SOPA.

GUSTOUNOS TANTO, QUE QUIXEMOS REPETIR 2 VECES. GRAZASSSS LARA!!!

 

 

DESCOMPOSICIÓN DO Nº 4

NESTA ACTIVIDADE DE LÓXICA MATEMÁTICA, AS CRIANZAS VAN ADQUIRINDO UN COÑECEMENTO DA SERIE NUMÉRICA, AO TEMPO QUE ESTÁN INICIÁNDOSE NAS OPERACIÓNS DA SUMA E DA RESTA, SEN DARSE CONTA, PERO CON COMPRENSIÓN DO QUE ESTÁ SUCEDENDO.

AS OPERACIÓNS XURDEN DE AVANZAR OU RETROCEDER NA SERIE NUMÉRICA PARA CHEGAR A UN NÚMERO CONCRETO, NESTE CASO ESTABAMOS TRABALLANDO CO NÚMERO 4 PORQUE ERA A DATA DESE DÍA

- Se estou no nº 1 e quero chegar ao nº 4, temos que avanzar ou retroceder? --- avanzar

   canto teño que avanzar? --- 3

   entón xorde a suma:  1+3= 4 

 O mesmo proceso facemos co 2 (2+2= 4) e co 3 (3+1= 4) e mesmo co 4 (4+0=4)

- se partimos do 5 e queremos chegar ao 4, temos que avanzar ou retroceder? --- retroceder

  entón xorde a resta: 5-1= 4

  As crianzas xa van tomando conciencia e xa idean outras operacións, "se teño 10 lle quito 6 e me quedan 4"

VOLCÁNS EN FAMILIA

Considerando que a familia tamén é unha parte moi importante que intervén no proceso de ensino-aprendizaxe das crianzas, fixemos unha serie de xogos sobre os volcáns que viaxan ás casas, para que as familias poidan xogar e aprender cos seus fillos e fillas sobre esta temática.

Esta bolsa feita para a ocasión, leva dentro o material, que comezou a viaxar polas casas das crianzas.

Desexamos que xogades e aprendades moito!!!

 

CREANDO A "GARABATO"

A raíz do tempo do Samaín, falando de personaxes de medo, decidimos crear o noso monstro a nivel de aula. 

Foron facendo propostas e tomando decisións mediante votacións sobre como querían que fose dita personaxe e os elementos que desexaban que levase,  así como o nome escollido que finalmente foi, "GARABATO". A súa descrición serviu para posteriormente cada un facer o debuxo individual da personaxe creada

 

O resultado final foi unha personaxe que, aínda tendo as mesmas características para tod@s, cada crianza debuxouna como a imaxinaba.

Os debuxos falan por sí solos; unha chulada e unha diversidade de creacións partindo do mesmo obxectivo!!!

BENVIDO SAMAÍN!!!

Durante a semana do Samaín, andivemos facendo diferentes actividades, algunhas máis terroríficas ca outras, para clausurar co festexo o venres 29:

- Facer un listado de personaxes e/ou elementos relacionados coa temática, que aproveitamos logo para asociar imaxe e palabra

- Visionado dun video e lectura do conto "o noso Samaín", para coñecer as raíces da festa con raíces celtas

- Creación dunha personaxe do Samaín, a nivel grupal. Isto propiciou unha recollida das propostas de cada crianza e logo facer votacións para decidir a personaxe, as partes e complementos que levaría (a actividade aínda está sen rematar)

- Decoración de cabazas coa colaboración das familias

- Elaboración de monstros personalizados 

- Composición de palabras temáticas

- Deseño de disfraces individuais sobre papel

- Rimas con palabras temáticas

- Manipulación e experimentación con bandexas sensoriais, nas que debían buscar obxectos agochados entre a salsa de tomate, a xelatina, a espuma de afeitar ou o pan raiado. Parece que o tacto da salsa de tomate non gustou a practicamente ninguén e a xelatina tampouco moito, sen embrago, a espuma foi moi gozada

- Degustación de merendas de medo, que cadaquén trouxo

- Lecturas de contos de medo como "a bruxa regañedentes", ou "corre corre cabaciña"

- Goce de música de Paco Nogueiras, Mamá cabra ou Uxía Lambona, entre outras, sobre esta temática

- Apócema do Samaín, con ingredientes terroríficos e noxentos para a ocasión, e aínda que a pinta non era nada boa, houbo quen quería provala de verdade!!

                                   

 

COS SEUS MONSTROS

                           .         

                                ...  

 

MANIPULACIÓN SENSORIAL

                                    

                                    

RIMAS

APÓCEMA

                                 

 

 

 

 

CONMEMORANDO "DÍA DAS BIBLIOTECAS"

Como todos os anos, o Día das bibliotecas, conmemórase o 24 de outubro

Dende a biblio do centro, a nosa mascota, Roki, enviounos unha encomenda:

- pensar e anotar aquelas cousas que nos gustan e outras que nos gustarían que houbese/tivese para que a biblioteca mellore

Tamén agasallou unhas pegatinas da súa imaxe e contos para que, quen quixera levase para as súas casas, pois o obxectivo fundamental é "incentivar a lectura nas crianzas"

    GUSTOS

 

     DESEXOS

 

  APORTANDO AS NOSAS OPINIÓNS AOS PANEIS COMÚNS DE TODO@S

ESCOLLENDO UN LIBRO PARA LEVAR

 

PEGATINAS DE ROKI, CO LEMA ESCRITO "DÉIXATE DE TANTA TABLETA E VATE Á BIBLIOTECA"

A VOLTAS CO VOLCÁN

SEGUIMOS TRABALLANDO COA TEMÁTICA DO VOLCÁN, NESTA OCASIÓN APROVEITAMOS O MOMENTO DO RECREO PARA FACER UNHA REPRESENTACIÓN DUNHA ERUPCIÓN VOLCÁNICA, PORQUE ESTIVERON FACENDO UNHA MONTAÑA DE AREA OS COMPAÑEIR@S DE 5 ANOS B, CON MOITA ILUSIÓN.

NA NOSA AULA XA FIXERAMOS O EXPERIMENTO NA AULA, E XA SABÍAN QUE INGREDIENTES DEBÍAN VOTAR, PERO A EXPECTATIVS ERA A MESMA.

DESTE XEITO, INTENTAMOS SIMULAR O VISTO NA INFORMACIÓN ATOPADA; COMO SAE O MAGMA POLO CRÁTER E LOGO ESE LAVA FLÚE POLO CONO VOLCÁNICO E EXTÉNDESE FORMANDO COLADAS POR ONDE QUERE.

NA AULA, TAMÉN APROVEITAMOS A FACER REPRESENTACIÓNS SIMBÓLICAS DUN VOLCÁN DE FORMA TRIDIMENSIONAL, CON OBXECTOS DE REFUGALLO. 

TRABALLARON POR PARELLAS, POLO QUE DEBÍAN CHEGAR A ACORDOS. FOMENTABASE A CREATIVIDADE, AO TEMPO QUE MANIFESTABAN E RECREABAN A SITUACIÓN QUE PERCIBÍAN SOBRE O VOLCÁN DE LA PALMA: CASAS DESTRUÍDAS POLAS COLADAS DE LAVA E OUTRAS QUE SE SALVAN, UNHA OU VARIAS BOCAS DO VOLCÁN,...

 

 

COORDINACIÓN POR PARELLAS

Na sesión de psicomotricidade desta semana, fixemos 2 xogos en parella, que implicaba Uunha BOA COORDINACIÓN entre ambos para conseguir o obxectivo do xogo.

Nun dos xogos, tratábase de trasladar unha pelota sobre unha folla de xornal entre dous, tentando que non caera e logo despositala nun caixón ao remate do recorrido

No outro xogo, o obxectivo era trasladar un aro entre as súas barrigas, sen poder ser suxeitado polas mans. e encestalo nun cono.

 

   

 

   

SAÍDA Á CARBALLEIRA

Aproveitando que fai bo tempo e que nos adentramos na estación de outono, fixemos unha SAÍDA Á CARBALLEIRA, próxima ao noso cole, xunto c@s nos@s compañeir@s de 5 anos B, aproveitamos para recoller elementos naturais propios da estación (landras, follas, cogumelos, pinas, castañas, cocos ...), para gozar da natureza, merendamos sentad@s nuns troncos entre a tranquilidade das árbores, escoitamos o trinar dos paxaros; gústanos moito ir ao monte, seguro que voltaremos máis veces!!!

 

 

   

 

-- De volta na aula, observamos e analizamos os elementos que se recolleran e algo chamou a nosa atención; de entre as cortizas apareceu un CEMPÉS, que recollemos e gardamos nun bote para logo investigalo.Sorprendido

 

E algo que tamén nos gusta investigar son os COGUMELOS; se son venenosos ou non, como se chaman,...Pois durante o noso paseo atopamos "os dedos do demo", unha seta que descubriramos e investigaramos o curso anterior e do cal nos recordabamosSorriso, e desta volta imos investigar outras

 

-- Para traballar o proceso de escritura dun xeito constructivista e contextualizado, fixemos un LISTADO DO ELEMENTOS RECOLLIDOS. Como sempre, respetando a etapa madurativa na que se atopa cada crianza e acompañando a aqueles que aínda senten inseguridade ante un papel en branco, ou descoñecemento dalgunha letra ou pensan que non saben.

Algúns exemplos deste listado:

 

 

-- Aproveitamos a facer CREACIÓNS LIBRES, por parellas, co obxectivo de fomentar a creatividade e a imaxinación, usando elementos do noso entorno natural. E paralelamente, esta actividade implica saber traballar en grupo, chegar a acordos e tomar decisións.

E como unha segunda parte da proposta, se lles propón poñer nome á obra artística e plasmar en papel o deseño creado, en cada caso.

   Por Noela e Yaina: "COCO"

   Por Marcos e Julia: "MONTE"

  

 Por Mateo e Aldara: "PALLASO ASESINO    

 

Por Ana e Aldán: "NENA AMIGA DO MUNDO"

 

 

Por Alma e Nicolás: "CALABAZA"

  

Por Cayetana e Carla: "MARÍA COMENDO"

 

Por Kiara e Martín: "MARIPOSITA"

 

Por Yago e Lía: "GRANJERA"

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut