Skip to Content

Blogue de Mónica

Contacto:monicas@ramallosa.org

DESCOMPOSICIÓN EN SUMAS E RESTAS

Cada día cando rexistramos a data aproveitamos a realizar propostas matemáticas co caardinal que toque: identificar o anterior e o posterior / a representación con puntos, dedos e unidades- decenas, e iniciamos a proposta de descompoñer o número rexistrando as sumas correspondentes

 

 

COÑECEMOS O VOLCÁN

Aproveitando que a erupción do volcán "cumbre vieja" , imos investigar  sobre OS VOLCÁNS,  e facer un proxecto /secuencia didáctica arredor desta temática

- 1º- RECOLLEMOS AS IDEAS QUE TEÑEN AS CRIANZAS SOBRE OS VOLCÁNS (e máis en concreto falaron do que sabían e vían nas noticias sobre o volcán da Palma)

 

  QUE SABEDES DO VOLCÁN??

ESTO FOI O QUE ELES/ ELAS DIXERON QUE SABÍAN AO INICIO DO PROXECTO:

- “Está destruíndo casas”

- “Están morrendo cans e xente”

- “Por que está morrendo?”

- “Porque hai lava, es roja y arde” / “e laranxa e negra”

- “A lava apágase na auga e faise auga quente”

- “O volcán explotó en una isla y la gente se escapó a otra isla”

- “Do volcán sae para arriba lava, pedras e terra”

- “Cando pasa a lava destruye as casas”

- “Chámase volcán en erupción”

- “Por dento é negro”

- “Cando a lava ponse negra e non se da destruído”

 

- 2º- PREGUNTAMOS ONDE PODEMOS BUSCAR PARA SABER MÁIS DESTE FENÓMENO NATURAL

 

ONDE PODEMOS BUSCAR INFORMACIÓN PARA SABER MÁIS DE VOLCÁNS?

ESTAS FORON ÁS SÚAS IDEAS:

- “Chamando a alguén da Palma”

- “Na tele porque saen as noticias”

- “Na tablet, porque é como unha tele en pequeno”

- “No móvil e no ordenador”

- “En google”

- “Na radio”

- “No periódico”

- “Na biblioteca”     FOMOS Á BIBLIOTECA BUSCAR LIBROS DE INFORMACIÓN DA TEMÁTICA

 

-3º . INICIAMOS A BUSCA DE INFORMACIÓN PARA IR DESCUBRINDO COMO É UN VOLCÁN, QUE PARTES TEN, COMO SE PRODUCE, QUE TIPOS HAI

 

   * Empregamos o visionado de videos que nos informaban das partes dun volcán e como se producía unha erupción. E tamén sobre as capas da terra para poder entender como se produce o fenómeno volcánico

    ¿Qué es un Volcán? | Vídeos educativos para Niños -  https://www.youtube.com/watch?v=a9qruNXTshY

    Las capas de la tierra - Ciencias para niños - Recopilación  -  https://www.youtube.com/watch?v=hOZYajkT2RU

  

     * Visionado de videos en distintos días sobre a situación do volcán na illa da Palma, e diálogo sobre a situación

 

     * Videoconferencia con Chloé, quen nos contou como estaba a situación do volcán alí nas illas. Contoulles como ela o estaba vivindo, como o seu papá, que é soldado, mantou un campamento para axudar ás familias afectadas, como a cinza xa chegara ata Tenerife, como era o aire,... entre outras cuestións

 

      * Lectura de información nos libros de consulta

 

 

* Fixemos un EXPERIMENTO para poder visualizar como se produciría o proceso de erupción dun volcán

   INGREDIENTES

(aproveitaremos a traballar o texto instructivo- analizando a súa estructura e rexistrando as partes)

 

  VOLCÁN EN ERUPCIÓN

   

    A LAVA FLÚE FORMANDO RÍOS (PROBAMOS A FACER O EXPERIMENTO NUN VASO TRANSPARENTE)

    Dixeron: " a lava chegou ao mar"-- cando estaba caendo recordoulle cando a lava chegou ao mar na Palma

     

GOZAMOS NO XIMNASIO

Gustanos moito ir ao ximnasio:  corremos, gritamos, facemos xogos dirixidos e libres, propostas individuais e en grupo, manipulamos materiais deportivos,..., traballamos a coordinación corporal pero tamén cos demais nas actividades, a lateralidade, o coñecemento e as posibilidades das distintas partes do corpo, controlar a respiración,...

SEMPRE DE XEITO LÚDICO

    COLABORACIÓN (a pelota non pode saír do círculo)

ATENCIÓN ( a pelota non debe caer ao chan)

RECORRIDOS DE OBSTÁCULOS (poñendo en práctica distintas habilidades e control do corpo)

COORDINACIÓN ÓCULO MANUAL, TÉCNICA DE AGARRE E CONTROL DO UTENSILIO NO DESPRAZAMENTO

MOITOS PARABÉNS ALDARA

NESTE CURSO, TEMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DE COMPAÑEIR@S QUE FALTAN POR CUMPLIR ANTES DE REMATAR O ANO.

NESTA OCASIÓN, OS NOSOS PARABÉNS PARA ALDARA, QUE XA CUMPLE 5 ANIÑOS, XA FIXO 5 VOLTAS AO SOLSorriso

 

RECOLLIDA DAS ESPIGAS DE MILLO

Xa chegou o momento que o millo non medra máis, a planta comeza a secar e hai que recoller o froito; as espigas

Ooooh!, comezamos a desfollar a espiga:

- "algunhas medraron máis ca outras",

- " parece que ten un vestido"

 

 

Deixaremos as follas para poder colgalas e deixar que sequen os grans antes de convertilos en flocos. 

RECOLLIDA MATERIAL PARA A PALMA

Unha triste nova está actualidade nos xornais, na radio, na televisión; un volcán entrou en erupción na Illa da Palma (illas canarias) e está obrigando a moitas familias a ter que deixar as súas casas porque a lava está arrasando todo por onde vai pasando. Isto está xerando que moitas familias teñan que ser realoxadas en casas de amig@s e familiares, en tendas de campaña, en hoteis,...Ante esta situación pídese a solidaridade da poboación para axudar a todas aquelas persoas. 

Ademáis, démonos conta que, a nosa excompañeira Chloé marchara vivir ás Illas Canarias, ela estaba ben porque vive noutra illa, pero algúns familiares sí residen na Palma, aínda que o volcán non está preto das súas vivendas, aínda que nos comunicaba que moita xente estaba pasando unha situación difícil e precisaban axuda. Ante esta solicitude, dialogamos e tod@s na aula pensamos en axudar, así que puxémonos en acción. Comunicounos a familia de Chloé que era o que máis precisaban alá nese momento e quen estaba realizando recollida en Santiago para enviar.

Cada un/unha aportou o que puido para poder enviar o noso apoio, e aproveitamos a clasificar os materiais aportados, segundo o seu uso, saber que son productos envasados, non perecedeiros,... e tamén por medio de que transportes podería chegar a axuda ata a illa.

 Agradecer á asociación Compostela Monumental por enviar a nosa axuda.

Transmitir e vivenciar valores de solidaridade, de compromiso, de axuda,... formará crianzas que se preocupen polo benestar dos tod@s, a non ser egoistas, a compartir, a ser persoas solidarias e comprometidas coa súa contorna.

GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR TODA A AXUDA QUE SE PUIDO ENVIAR 

CANTAS SÍLABAS TEN O MEU NOME?

Aproveitando a rutina de cada día na que @ encargad@ rexistra o seu nome e 1º apelido, aproveitamos a introducir o nº de SÍLABAS que ten cada nome e a recoñecer as sílabas (grupo de fonemas que se pronuncian nun mesmo golpe de voz)

 

 

QUE CONTO SERÁ?

Empezamos  unha proposta relacionada cos contos, que consiste na presentación dun elemento característico dun conto e as crianzas deben intentar adiviñar e razonar a cal conto pode referirse.

Tamén aproveitaremos as lecturas para falar das personaxes e dos elementos significativos que aparezan, para ir introducindo os ADXECTIVOS, as palabras que din cualidades de algo, que caracterizan ao nome ao que acompañan.

Nesta ocasión o elemento presentado era unha OLA /POTA

As seguintes foron as ideas expresadas polas crianzas:

ASOCIACIÓN CARDINAL E CANTIDADE

Nesta ocasión, usamos as cartos do UNO e a proposta de loxicamatemática tiña por obxectivo, representar a cantidade de cada cardinal que nos tocara nas cartas con pinzas e depresores

 

Logo xuntámonos por parellas ou tríos e realizamos sumas coas cantidades que nos tocaran

 

IDENTIFICAR O NÚMERO INDICADO

O obxectico  desta proposta de loxicamatemática, era identificar e localizar na serie numérica o número indicado pola mestra ou por un compañeir@. Nesta actividade, cada crianza recorre ás súas técnicas de busca, dependendo da súa habilidade, e competencia madurativa; hai que o localiza directamente, hai quen precisa contar ata atopar dito número.

Respectando o nivel de cada crianza, nunha segunda volta, introduciuse unha variante no momento de dar as indicacións do número a buscar, pois se lle indicaba a que familia pertencía ( ao 10, ao 20,...) e de quen era amigo (segundo a unidade na que rematara; do 1, do 2, do 3,...). Por exemplo; número 25, a orde sería: familia do 20 e amigo do 5

Distribuir contido


by Dr. Radut