Skip to Content

ACTO DO DÍA DE ROSALÍA 2022

Día de Rosalía

Os mandatiños do ENTROIDO

Prezadas familias:

 

Ao longo da vindeira semana celebraremos o Entroido. Cada día traeremos un pequeno disfrace relacionado con noso “COMANDO VERDE”. Este ano teremos uns mandados de ECO-ENTROIDO.

O noso esqueleto, colocado na entrada principal do colexio indícanos con estes pareados o que temos que poñermos cada día (mellor se está feito con material de reciclaxe ou de refugallo).

 

O luns 21:

O luns para velo cole florecer, flores no teu corpo has traer. (traer algunha flor no pelo, na solapa, na máscara…).

O martes 22:

Se o martes te queres engalanar, xoias de refugallo has de crear (colares con tapas, pulseiras con rolos de papel hixiénico…).

O mércores 23:

O mércores tocaremos coas maracas de refugallo que crearemos, e unha orquestra montaremos (botellas de plástico con legumes dentro ou similares).

O xoves 24:

O xoves para na horta traballar: mandil, pano, botas, e a sachar (vestir de “agricultores”, con mandil, botas e pano na cabeza, evitaremos traer o sacho).

 

O venres 25 poderán vir disfrazad@s libremente co que teñen pola casa. Ese día, faremos un desfile no patio, cada curso irá desfilando polo centro das parcelas para respectar as recomendacións sanitarias.

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O ENTROIDO

Bolechas Entroido   

 

23 de Febreiro - Día de ROSALÍA

Como xa sabedes, o día de Rosalía mudou de data. Pero lembras o motivo?

Pois o caso é que se descubríu un documento notarial que recolle que a escritora naceu o 23 de febreiro de 1837 e non o 24, como se viña celebrando tomando como referencia o bautizo.

No centro celebraremos cun feixe de actividades esta semana de Rosalía!! Nas que un ano máis, faremos o noso acto homenaxe no que non faltará a música, o baile tradicional... Ata nos visitará a propia Rosalía de Castro. Como se dun orograma 3D se tratase!

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NUN MUNDO DE RECURSOS EDUCATIVOS DA NOSA ROSALÍA

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Ola! Como xa sabedes, este domingo 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio!! Proclamada pola UNESCO no ano 2011.

Dende "Radio Ramalloseir@s" non podiamos deixar pasar esta efeméride.

A sorpresa deste ano é que... ESTREAMOS o novo e fermoso estudo de gravación que poderedes visitar en primicia a vindeira semana. Ademais dalgunha sorpresiña máis!!

Publicaremos unha reportaxe gráfica máis adiante, para que todo o mundo poida ver que chusquiño é o noso estudo de Radio!!

Como xa sabedes, puxemos en marcha este Proxecto educativo a finais do curso pasado. Co obxectivo principal de empregar a Radio Escolar como ferramenta de ensino-aprendizaxe.

Como sabedes, as obras son tediosas e este momento dilatouse no tempo máis do que nos gustaría.

Agardamos que vos guste e desfrutedes de toda a experiencia!!


   Día da Radio Estudio Radio dibujo

Apoio ás TANXUGUEIRAS!!

Dende o CEIP Plurilingüe da Ramallosa queremos apoiar explicitamente a candidatura a EUROVISIÓN 2022 das nosas veciñas; AS TANXUGUEIRAS.

Sementando a nosa música, lingua, cultura... Así como a de tantos músic@s coñecidos como; LEILÍA (veciñas e precursoras), Xavier Díaz, Faltriqueira, .... E outros miles que non chegan á difusión que se merecen. Son moitos e moitas!! Algúns espallando a nosa música dende fai décadas!!

Pero as nosas veciñas TANXUGUEIRAS poden darlle unha nova oportunidade ás músicas tradicionais de todos os pobos, e especialmente a da nosa queridiña terra Galega!!

Así que, non podemos deixar de apoialas!! Imos Tanxugueiras!!

Tanxugueiras

(Premede na imaxe para ver todas as mostras de apoio)

PROXECTO SURREALISTA. eDUCATHYSSEN

IMAXINANDO E SOÑANDO NO NOSO FANTÁSTICO MUNDO.

Recén saído do forno desde o recurso da páxina de Educathyssen, partillamos  o vídeo que aparece ao final do proceso de realización sobre o proxecto desenvolvido o curso pasado sobre a corrente Surrealista, que tamén pudestes ver no vídeo resumo do curso pasado. Mirade no enlace ou sobre o  imaxinativo debuxo

https://www.educathyssen.org/imaginando-sonando-nuestro-fantastico-mundo

 


Novas medidas de prevención COVID-19 para o reinicio da actividad escolar en xaneiro de 2022

Nos arquivos adxuntos poden consultar a información facilitada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade relativos á nova normativa COVID-19.

 

O Equipo Covid

Unificación dos horarios de saída - Novos contratos de transporte

UNIFICACIÓN DOS HORARIOS DE SAÍDA DESPOIS DO COMEDOR

Estimadas familias, hoxe recibimos a confirmación do Xefe Territorial da Consellería de Cultura Educación e Universidade da unificación dos horarios de saída ás 16:00h TODOS OS DÍAS DA SEMANA do alumnado transportado despois do comedor.

Esta era unha petición que este Equipo Directivo levaba facendo á Consellería desde o momento no que o IES de Cacheiras deixou de ter clase os martes pola tarde.

Coa implantación dos novos contratos de transporte que empezan o luns 10 de xaneiro (detallados a continuación), aceptouse a nosa solicitude, sendo confirmada tamén polas empresas de transporte, Monbus e Seoane.

Esto supón unha modificación dos horarios de saída dos martes deste alumnado, que pasa de saír ás 16:30 a facelo ás 16:00 e tamén do alumnado que era recollido polas familias que poderán facelo como o resto dos días entre as 15:45 e as 16:00 (hora límite).

 

NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE

MONBUS – As liñas que realiza esta empresa NON TEÑEN modificación algunha. Seguen sendo iguais que antes (segundo a información recibida por correo electrónico desta empresa)

SEOANE – As liñas que realiza esta empresa TEÑEN modificacións. Pasamos de tres liñas a catro. Quedan da seguinte maneira, segundo a información recibida por correo electrónico desta empresa:

 

LER ALIMENTA A IMAXINACIÓN

Non podía faltar un pouco de lectura para enriquecer o noso maxín, neste nadalSorriso

   Lembra pedir un contiño nas túas peticións,

  para axudarche, bota un ollo a estas suxestións!

 

 

PRESENTACIÓN do libro "O TOQUE PECHADO" de "Pablo Seoane"

O venres pasado tivemos a gran sorte de poder ter con nós ao noso estimado PABLO SEOANE. Músico, docente, Luthier/artesán... E sobre todo, un Ramalloseiro dos pés á cabeza, pois tamén foi alumno do noso centro.

Este polifacético persoeiro do noso Concello ten máis que gañado o seu prestixio a nivel internacional. Un luxo que tivera a deferencia de presentar ao noso alumnado de 6º, o espectacular traballo do seu último libro "O toque pechado". Unha recollida de anos e anos, de aldea en aldea gravando en casetes aos nosos avós músicos. Un proceso árduo que agora se recolle nesta obra de arte do noso patrimonio cultural cun carácter tamén moi pedagóxico!! Un libro indispensable na biblioteca de calquera músico ou amante da nosa cultura.

Na súa presentación falounos entre outras cousas da orixe destoutra forma tradicional de tocar a gaita. Na que, por dicilo dalgunha maneira, mudan as posicións dos dedos para facer as notas, feito que afecta ao propio son!! E que é precisamente, un dos motivos de que nacera esta dixitación. A procura dunha afinación axeitada! Pois non había un punteiro tipo cunhas medidas estándar que reproducisen o mesmo son, polo que os gaiteiros tiñan que ir buscando a afinación en cada nota. Polo que a gaita adquire tamén outra tímbrica!! Tamén se xustifica e reforza esta forma de tocar, probablemente polo feito, de buscar o instrumentista unha maneira de tocar suxeitando mellor o punteiro. Na actividade tamén nos tocou unhas pezas, unha delas acompañado da súa filla Lía, alumna do centro e integrante do Grupo de música tradicional do Centro.

Tamén donou un exemplar do libro á Biblioteca Escolar do Centro e asinou no noso libro de persoeiros ilustres que visitan o centro.

Sen dúbida, aprendemos un montón de cousas co noso querido "Pablo Seoane". Grazas unha vez máis e moita música compañeiro!! (Premede na imaxe para ver máis fotos, videos...)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut