Skip to Content

DÍA DA PAZ ESCOLAR

Compartimos unha breve reseña da proposta conxunta que fixemos todo o cole xunto, para conmemorar o Día da Paz, como cada 30 de Xaneiro; a interpretación de "Imagine", pero versionada en galego e musicalizada co acompañamento de varios instrumentos nas mans dalgunhas crianzas e algún mestre.

Preme na imaxe para ver a actuación en directo

NADAL 22_23. FESTA E MÚSICA AO SON DAS PANXOLIÑAS TRADICIONAIS GALEGAS!!

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe da que armamos este Nadal cos pequech@s!!

Faltan un montón de cousiñas, pois ate demos as badaladas a golpe de platillo e gusanitos. Foi súper divertido!!

No incluímos todas as fotos do alumnado pois a idea era deixarvos só un petisquiño e fixen a montaxe coas imaxes que tiña a man.

Pero podedes ver unhas tomas xerais do momento do canto das panxoliñas.

Agardamos que vos guste!!

Aproveitamos para desexarvos a toda a comunidade educativa unhas felices festas e un próspero ano novo.

NADAL PARA OS NOSOS MAIORES

Programa de Nadal adicado ás nosas personas maiores. Avós, avoas, tíos... Aos que conviven con nós, pero tamén especialmente aos que por motivos de saúde teñen que pasar estas festas ao coidado dos traballadores e traballadoras das diferentes residencias do noso Concello. Para tod@s eles compartimos este programa con todo o noso cariño.

Muitos bicos e boas festas!!

(Un traballo do alumnado de 5º de Ed. Primaria, co acompañamento da súa titora, a profe Cruz, e o profe Óscar (mestre de Ed. Musical).

- Canta "Buscando unha estrela" o alumnado de 1º de Ed. Primaria.

- Canta "Unha pouca roupiña" o alumnado que gravou o programa (5º E.P.) 

NaturArte

VÍDEO RESUMO DO PROXECTO DO OBRADOIRO DO CURSO 2021-22.

Por fin, podemos partillar con vós este vídeo, síntese de toda a nosa creación artística do curso pasado.

Este é o noso presente para estas festas.

En breve, poderedes ver, todo o realizado neste 1º trimestre.

Premede na imaxe, ou neste enlace para poder verlo.  

Agradamos que vos guste e aproveitamos para desexarvos unhas felices festas. 

SOMOS PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO

Con este programa, o alumnado de 5ºC, da profe Cruz, queremos poner en valor o recoñecemento obtido por parte da UNESCO ao proxecto "Ponte nas Ondas" do que nos sentimos orgullosos/as de formar parte.

Coñeceremos que é a UNESCO, como nace e os obxectivos que persigue. E por suposto falaremos tamén do que significa para "Ponte nas Ondas" e para nós ter a mención de Rexistro de boas prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués. Agradecemos á UNESCO este importantísimo recoñecemento.

Música de fondo: ABANÍQUEME "Talabarte"

PROGRAMA DE RADIO CO ALUMNADO DE SEXTO DE PRIMARIA

As nenas e nenos de sexto prepararon un programa de radio para dar a coñecer as súas impresións deste comezo de curso. Clica na imaxe para escoitar o programa.   

Premiados no "Tíralle da Lingua XXI"

Temos un novo recoñecemento d@s Ramalloseir@s para compartirvos!!
O xurado da AS-PG concedeunos un dos tres premios “Tíralle da Lingua”, cun dos vídeos presentados a concurso;
"A fonte de Navenllos", de "Icía García Chouciño".
Agradecer á "Asociación Sociopedagóxica Galega" e ao xurado este recoñecemento ao noso traballo.
Compartimos o enlace á lista de reprodución do vídeo gañador e os outro catro presentados.

Presentación do libro "ESTRELAS GALEGAS DA CIENCIA"

Unha historia de persoeiros e achados asombrosos!!

Textos: Maite Vence,  Manuel Vicente e Andrea Burés

Ilustracións: Clara Cerviño

Estrelas Galegas da Ciencia é un libro para nenos, ilustrado, de ton divulgativo e divertido, que pretende explicar a historia da ciencia feita en Galicia e a dos seus persoeiros e achados científicos máis significativos. Cando se crearon as universidades e centros galegos de investigación? Quen foron aqueles científicos e inventores máis sobresaíntes ao longo da historia? Cales foron os achados máis fascinantes? Nesta historia da ciencia contada a nenos, responderanse estas preguntas e moitas outras. Un libro necesario e sorprendente, para un público sempre curioso e con vontade de aprender o que non se atopa nos libros de texto. 

O libro pódese ler e descargar en formato dixital, así como outras guías deste gran proxecto "Observer Turismo Científico"

Descarga  aquí  o libro e outras publicacións de interese. 

ENTREGA DE PREMIOS (PNO)

V CERTAME AS IMAXES DO PATRIMONIO GALEGO-PORTUGUES

Hoxe acudimos ao Auditorio da Asoc. Cultural Valadares (Vigo) para recoller o 1º premio á mellor fotografía e o premio ao mellor programa de radio escolar adicado á mesma temática. Foi un día cargado de emocións e gratitude!!

Queremos agradecer á organización de Ponte nas Ondas e ao xurado do certame este recoñecemento tan importante para nós.

E por suposto a tod@s @s nen@s e familias que nos fixéstedes chegar as vosas fermosas fotografías antigas e aos que participaron no programa de radio, especialmente a Otilia e Javier, os avós que nos agasallaron con esta fermosa entrevista. Non vos perdades este programa de radio ramalloseiros aquí

Podedes tamén ver toda a información completa dos premios, ao que asistiron entre outras autoridades; D. José Manuel Rodríguez Uribes, embaixador de España na UNESCO, os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, D. Anxo M. Lorenzo e Dna. Mª Carmen Martínez asistentes,... Premendo aquí entraredes directamente á nova na propia web de Ponte nas Ondas

PNO Premios
PNO Premios 2

Asitiron todos @s participantes no certame e tivemos tamén a sorte de podermos contar coa compaña das familias dos premiados.

Podedes ver todas as fotos e vídeos premendo aquí  

(Seguimos subindo contidos, pois agardamos máis fotografías)

 

Podedes ver toda a entrega de premios no seguinte vídeo:

 

"Os nosos premios": Entrega premio ao Mellor programa de Radio Escolar de Ed. Primaria (Minuto 36:20)

Entrega 1º premio de Ed. Primaria (Minuto 48:10)

 

APOIA AQUÍ A CANDIDATURA DE PONTE…NAS ONDAS! AO REXISTRO DAS BOAS PRÁCTICAS DE SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DA UNESCO. O 1 DE DECEMBRO SABEREMOS SE OBTEMOS ESTE RECOÑECEMENTO DA UNESCO

Qué é a UNESCO? Cal é o motivo da súa creación?

Preme nos seguinte enlaces para saber máis cousiñas sobre a "Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura.

HISTORIA - MAIS SOBRE A UNESCO  

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

Distribuir contido


by Dr. Radut