(Pode ser que por incompatibilidades co navegador, dispositivo móbil,... As presentacións non se vexa de forma optima ou non poidades escoitar a música que acompaña á mesma. De ser así, recomendamos mellor o visionado da montaxe de vídeo))
TRABALLO DE CENTRO VINCULADO AO PROXECTO ANTONIO FRAGUAS
Como xa indicamos na entrada anterior, o propio día 5 de Xuño, día mundial do medio ambiente, quixemos recordalo como unha data especialmente significativa para nós, ante o proxecto no que estivemos inmersos ao longo do curso e coa mirada posta no problema do cambio climático
Coa colaboración das familias, a meirande parte das merendas neste días, eran sen plásticos. Tamén aproveitamos para falar e reflexionar sobre a gran cantidade de plásticos que se foron xerando nas merendas de cada día; a partir dos datos que foron anotando ao longo do curso.
Xúntamos no patio todo o colexio, como acto simbólico e, fixemos un círculo (representando a Terra) arredor do colector amarelo, leronse unhas palabras de reflexión e de consellos sobre o uso do plástico dun so uso. Quixemos darlle visibilidade a este grave problema que está supoñendo para o noso planeta e todas e todos alzamos as voces ao unísono para berrar "DESPLASTIFÍCAME"
Dende a organización do Certame Internacional de Podcast Xosé Mosquera Pérez "O Vello dos Contos" e trala deliberación do xurado e valoración dos máis de 70 traballos recibidos de coles de todo Galicia, temos o pracer de comunicarvos que somos finalistas co traballo que presentamos; “Del Riego nas Ondas. Radio Escolar e Intelixencia Artificial” (Letras Galegas 2023).
Comparto o enlace á info do traballo e ao programa de radio para que poidades escoitar o podcast e coñecer máis cusiñas da nosa proposta.Temos que sentirnos orgullosos, pois trátase dun recoñecemento moi importante a nivel educativo.
A organización convidóunos á gala de entrega de premios que vai ter lugar o vindeiro martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Rosalía de Castro de Santiago, na nosa condición de finalistas. Alí estaremos para ver se hai sorte e finalmente, somos quen de acadar un novo recoñecemento para tod@s @s ramalloseir@s.
E non subimos ao podium por un peldaño!! 4º posto, pero máis que felices e orgullosos de estarmos no bombo entre os finalistas e acadar este recoñecemento. Deixámosvos unhas imaxes do noso trofeo. Unha escultura Orixinal obra do alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago. Encántanos!!
Grazas a tod@s!! EASD Mestre Mateo, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Casa de Rosalía de Castro, a Coordinadora dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e a Arraianos Produccións. Seguiremos a sementar radio poñendo en valor a nosa lingua e cultura a través deste medio.
Esta semana asistimos á gala final do Proxecto CÓNTAME UN CONTO. Promovido polo APOI (Museo do Pobo Galego e Fundación Antonio Fraguas) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Asistíu todo o alumnado participante no proxecto (3º e 4º de Ed. primaria) e tamén unha representación do alumnado de 5º e 6º que achegaron tamén algunhas actuacións musicais ao acto. Foi toda unha festa e unha experiencia educativa do máis enriquecedora.
Ao longo deste curso, estivemos levando a cabo unha iniciativa de concienciación sobre o uso de residuos plásticos dun só uso. Co que xeramos cada día, nas merendas de media mañá, enchemos un colector aproximademente cada 15 días, e tan só no noso cole.
Reflexionemos: se extrapolamos estes datos a todas as merendas do conxunto dos colexios galegos, decataríamonos da grandísima cantidade de residuo plástico que producimos.
Está nas nosas mans contribuír a ter un planeta máis limpo e saudable.
O 5 de Xuño conmemórase o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, e dende o colexio queremos facer un acto simbólico e para iso, propoñémosvos queese día, asmerendas das vosas crianzas non traian plásticos dun só uso. O planeta pide axuda "DESPLASTIFÍCAME", é o lema que escollemos para conmemorar esta data.
Na nosa biblioteca propuxemos lecturas sobre a temática que enriquecen a aprendizaxe e convidan á reflexión.
Programa especial adicado a "Cóntame un conto", proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos de tradición oral galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.
- Alumnado participante no programa de radio: 4º de Ed. Primaria (grupo c)
- Profesorado: María Álvarez Garea, Benxa Salgado Otero e Óscar Suárez Carbia