Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG do 18 de setembro), realizarase proximamente no noso Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

O calendario de renovación, establece unha serie de actuacións indicadas nesta Circular 1. As que se deselvolverán nas próximas datas son:

  • 11 de outubro - Publicación no taboleiro de anuncios do Centro do documento no que se indica a data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.
  • 18 de outubro - Sorteo público, ás 12:00 horas, para a designación dos membros da Xunta Electoral (Titulares e Suplentes). Envío das citacións para a constitución da Xunta Electoral.
  • 22 de outubro - 1ª reunión da Xunta Electoral na Dirección do CEIP Plurlingüe da Ramallosa.
    • Están publidados os censos de PAIS/NAIS na Secretaría do centro.
  • Do 1 ao 8 de novembro - Presentación das candidaturas. Todas aquelas persoas que queiran ser candidatos deberán entregar o modelo de solicitude na Secretaría do centro estre esas datas. MODELO
  • 11 de novembro - 2ª reunión da Xunta Electoral na que se proclamaron os/as CANDIDATOS/AS dos pais/nais, aprobaranse as papeletas para as votacións e sortearanse os integrantes (titulares e suplentes) que conformarán a Mesa electoral (avisados por mail)
  • 19 de novembro - Votación na Sala de mestres do cole de 17:00h ás 20:00h.

 

Equipo Directivo

BOLSA DE ESTUDOS MUSICAIS "PABLO SEOANE"

Queres asistir durante un ano a clases de gaita??

Entra e cumprimenta a solicitude!!

Prazo inscripción: Do luns 16 de Setembro ao luns 30 de setembro do 2024

Preme na imaxe para ver toda a información e documentación para solicitar a bolsa 

Os dous alumnos bolseiros este curso 2024-25 son:

- Martínez Golán, Valentina (5ºB).

- Bouzón Moure, Pablo (3ºB). 

 PARABÉNS ghaiteir@s!! 

Período de adaptación de 4º de Educación Infantil

Prezadas familias, nesta ligazón podedes consultar o período de adaptación de setembro para o alumnado de 4º de Educación Infantil.

Clicade AQUÍ.

Instrucións transporte escolar 2024-25

No arquivo adxunto tedes as instruccións de transporte para o curso 2024-25.

Clicade AQUÍ

Admisión alumnado 2024-25

 

Xa están no noso taboleiro publicadas as listaxes DEFINITIVAS de admitidos/as e non admitidos para o curso 2024-25.

Non sufriron variación respecto ás listaxes provisionais.

O alumnado NON admitido deberá esperar a que se reúna a Comisión de Escolarización (sen data fixada de momento) para determinar o centro que lle corresponde.

 

  • 4º de EI: 33 solicitudes presentadas, 20 admitidas e 13 NON admitidas
  • 6º de EI: 1 solicitude presentada, 1 admitida.
  • 1º de EP: 6 solicitudes presentadas, 6 admitidas.

 

Podedes consultar a listaxe no propio centro. Non se facilita a información por teléfono.

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-25

Calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro: Reserva de praza no centro de orixe (CEIPP da Ramallosa) para o alumnado de 6º de EP ao centro ao que está adscrito (IES de Cacheiras) O alumnado de 6º de EP levará a casa o impreso Anexo I (ED550A) da solicitude para ser entregado na secretaría do CEIPP da Ramallosa antes do 5 de febreiro. Revisade as instrucións para cubrir correctamente o documento. Se tedes algunha dúbida podedes consultala na secretaría do centro.

 

  • Do 1 ao 20 de marzo: Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) (asinado polos dous proxenitores) que poderá cumprimentarse:
    • Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
    • De forma manual. Recollendo instancia no centro ou descargándoa.
    • Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990.
    • Importante: Entregar no centro xunto coa documentación que fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...)

INSTRUCIÓNS XERAIS sobre o procedemento.

ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP PLURILINGÜE DA RAMALLOSA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 






  • Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas): 10 días hábiles a partir dos dous seguintes ao remate do prazo.

VIDEOCLIP OFICIAL "EcoRocK"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso "Proxecto Escola Verde" "EcoTeo".

Foi un traballo de fin de ciclo levado a cabo co alumnado de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras!

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto durante este curso escolar.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano. Unha actividade realizada na Área de Ed. Musical.


(Karaoke)

INSTRUCIÓNS COMEDOR 2024-25

Prezadas familias aquí podesdes consultar as Instrucións do comedor para o curso 2024-25.

Tamén tedes á vosa disposición o modelo ANEXO II de Autodeclaración, que podedes descargar, cumprimentar e entregar no centro o antes posible. Antes do 20 de xullo temos que ter todas para organizar o comedor.

Hai que presentar unha solicitude por cada neno/a.

 

Tedes a vosa disposición esta calculadora simulación prezo comedores que vos pode axudar a facer o cálculo.

 

Instruccións para a correcta xustificación:

  • O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
  • Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar. Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente, que é o habitual ou ben, da declaración conxunta. (a.1 e a.2 do modelo)
    • Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario), tal e como recolle o artigo 16.2.terceiro do Decreto 132/2013, do 1 de agosto. (a.3 do modelo)
    • Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF. (a.4 do modelo)

No caso de ter máis solicitudes que prazas

Todo o alumnado novo que está escolarizado como de NON ZONA, deberá traer a seguinte documentación (aprobada polo Consello Escolar na reunión do 29 de xuño de 2023) para establecer a orde de entrada no comedor:

  • Certificado de estar en situación socioeconómica desfavorable ou minusvalía do 33% - 1 punto
  • Certificado de familia numerosa - 1 punto
  • Renda percápita en función do modelo de autodeclaración - estableceremos 1 punto ao que teña a renda máis alta e, por orde descendente engadiremos un punto a os seguintes.

Unha vez baremadas as solicitudes, estableceremos unha orde de entrada sendo o 1º en entrar o que máis puntos obteña.

 

O alumnado de NON ZONA que obteña praza no comedor, faino EN PRECARIO. Quere decir que, se no avance do curso, ven un alumno/a que sexa de zona e solicite comedor, desprazará fóra ao último que entrou.

Apertura do prazo de admisión de colaboradores voluntarios do comedor curso 2024-25

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o 25 de xuño ata o 1 de setembro de 2024.

Bolsas NEAE 2024-25

Están convocadas as axudas do Ministerio de Educación para o alumnado NEAE para o curso 2024-25.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

 

Nesta ligazón tedes a CONVOCATORIA.

 

Para solicitala premede AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut