Admisión alumnado 2024-25
-
Do 20 ao 30 de xuño:
-
Formalización da matrícula do alumnado admitido en E.Infantil e Primaria.
- Anexo III-1 Formalización de matrícula
- Lingua materna (Só para o alumnado de 4º de EI)
Xa están no noso taboleiro publicadas as listaxes DEFINITIVAS de admitidos/as e non admitidos para o curso 2024-25.
Non sufriron variación respecto ás listaxes provisionais.
O alumnado NON admitido deberá esperar a que se reúna a Comisión de Escolarización (sen data fixada de momento) para determinar o centro que lle corresponde.
- 4º de EI: 33 solicitudes presentadas, 20 admitidas e 13 NON admitidas
- 6º de EI: 1 solicitude presentada, 1 admitida.
- 1º de EP: 6 solicitudes presentadas, 6 admitidas.
Podedes consultar a listaxe no propio centro. Non se facilita a información por teléfono.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024-25
Calendario:
- Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro: Reserva de praza no centro de orixe (CEIPP da Ramallosa) para o alumnado de 6º de EP ao centro ao que está adscrito (IES de Cacheiras) O alumnado de 6º de EP levará a casa o impreso Anexo I (ED550A) da solicitude para ser entregado na secretaría do CEIPP da Ramallosa antes do 5 de febreiro. Revisade as instrucións para cubrir correctamente o documento. Se tedes algunha dúbida podedes consultala na secretaría do centro.
- Do 1 ao 20 de marzo: Presentación de solicitudes de admisión. A solicitude será única segundo o modelo Anexo II (ED550B) (asinado polos dous proxenitores) que poderá cumprimentarse:
- Na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
- De forma manual. Recollendo instancia no centro ou descargándoa.
- Tamén se poderán descargar, e logo cumprimentar, na sede electrónica da Xunta de Galicia, na dirección http://www.xunta.es/portada, e da páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, na dirección http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35990.
- Importante: Entregar no centro xunto coa documentación que fose precisa (libro de familia, sentenza de separación, documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas,...)
INSTRUCIÓNS XERAIS sobre o procedemento.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP PLURILINGÜE DA RAMALLOSA
- Recollida de documentación acreditativa dos criterios do baremo (no caso de ter máis solicitudes que prazas): 10 días hábiles a partir dos dous seguintes ao remate do prazo.