Skip to Content

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25

Mañá 21 de maio abre o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitar as axudas para adquirir material escolar.

 

LEXISLACIÓN 

 

PRAZOS: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.

 

DESTINATARIAS/OS:

  • Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
  • Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.

  • Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

    • Conta con CHAVE 365 ou
    • Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico
  • PRESENCIAL: Cubrir os Anexo I e II e presentalos no centro educativo.

 

 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Anexos I e II
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
    • Certificado ou volante de convivencia.
    • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Día de Rosalía

(Preme na imaxe para ver as diferentes propostas didácticas deste ano)

ENTROIDO 23-24: "Os musicais"

Entroido 23-24 Banner

Premede enriba da imaxe para entrar en todos os contidos desta edición (vídeo, fotos,..)

Seguimos engadindo recursos

"21 DÍAS CO GALEGO E +"

BANNER 21 DÍAS

Certame de Arte Escolar - Fundación Granell

As pequenas e pequenos grandes aristas de Educación Infantil e Primaria, partillamos con vós con grande emoción as nosas creacións elaboradas para o "Certame de arte escolar da Fundación Granell". Este ano co tema de "Granell, natureza e medio ambiente". Temática do noso Proxecto de Escola Verde: "EcoTeo; Ramalloseir@s coa natureza"

Podedes visitar a EXPOSICIÓN durante todas as vacacións de nadal no Museo Granell, ubicado no Pazo de Bendaña (Praza do Toural - Compostela). Ademais do agasallo de nos expoñer todos os nosos traballos, tres dos participantes obtiveron premio. André Rey Álvarez na categoría de construción, Sergio Castro Baliñas en debuxo e Alba Martínez Gómez en collage.

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL.

Un nadal máis, participamos na xa XIX edición desta interesante iniciativa, onde ademais do concurso con distintas categorías, o realmente importante e interesante é que durante todas as vacacións e ata o 14 de xaneiro, todas as obras das criaturas de E.I. teñen expostas os seus creativos traballos.

 

Desta volta, non nos podemos sentir máis orgullosas e orgullosos pois recoñecéronse varios galardóns en distrintas categorías.

 

Parabéns a todo o alumnado polo seu traballo que poderedes ver nas fotografías.

 

Mirade a Álvaro gañador da categoría de debuxo, a Thyago na categoría de pintura, a Yanira en collage e a Mateo na de construcción, con que orgullo reciben a súa linda escultura, creada específicamente para o certame.

 E premendo nesta imaxe da exposición ou aquí, podedes observar todo o laborioso proceso das fantásticas creacións.

          

PRESENTACIÓN DO "CLUBE DE CONVIVENCIA"

O alumnado da Ramallosa síntese comprometido coa convivencia! Así o afirmaron onte no acto de presentación do noso "Clube de Convivencia", un organismo democrático e asambleario formado por:

 

- "Coordinadores de préstamo de material de xogo"; que colaboran para que o tempo de recreo sexa un momento de diversión e desconexión. 

- "Colaboradores de Biblioteca"; que axudan a manter o funcionamento da nosa biblioteca.

- "Mediadores escolares"; que resolverán os posibles conflictos que poidan xurdir no tempo de patio de forma cooperativa e restaurativa.

- "Guardiáns de corredor"; que velarán para  que as entradas e saídas no cole sexan da forma máis ordeada posible.

 

Un compromiso libre e voluntario, onde o alumnado,  de maneira desinteresada e colaborativa,  todos unidos e unidas aseguramos que a nosa convivencia sexa cada vez mellor. 

Grazas a todos e todas!

 

 

DOBRE PREMIO NO VI CERTAME DAS IMAXES DO PATRIMONIO PNO

Máis que agradecidos por este dobre recoñecemento para @s Ramalloseir@s!!

É un orgullo formar parte do colectivo “Ponte nas Ondas” e aportar o noso granciño de area a prol da recuperación do noso patrimonio cultural.

Grazas compañeir@s ❤️

Parabéns a todo o alumnado e equipos docentes de Galicia e Portugal participantes no certame.

PREMIOS DO CENTRO:

- 2º PREMIO “VI Certame das Imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués”: Parabéns á nosa alumna “Alexandra Pedreira Fdz” polo seu traballo coa foto “Guerra Civil española” ❤️

- PREMIO ESPECIAL DO JÚRI: É un orgullo recibir tamén unha das dúas mencións especiais ao “mellor traballo de centro” co noso proxecto “Anaquiños de onte vistos cos ollos de hoxe”. Neste seso, é de xustiza resaltar e agradecer o grandísimo traballo levado a cabo polo profe Xabi. Grazas Ramalloseiro!! Eres moi grande!!

Partillamos un vídeo-resumo de todos os traballos presentados ao certame.

Tamén podedes escoitar na nosa canle de radio escolar o programa de radio gravado para o proxecto.

 

CONSULTA AQUÍ TODOS OS PREMIADOS POLO XURADO DE "PONTE NAS ONDAS"

VICERTAME PNO

INFORMACIÓN PARA USUARIOS DO COMEDOR

Comezamos o curso 2023-24!

Todas as familias que solicitaron comedor para o curso 2023-24 están admitidas (algunha delas en precario ao non ser de zona)

O servizo comeza o luns 11 de setembro agás o alumnado de 4º de Educación Infaltil (3 anos) que comezará o luns 18 de setembro unha vez remate o período de adaptación.

 

ORGANIZACIÓN COMEDOR 2023-24

 

  • Faremos 1 quenda única.

  • O alumnado poderá recollerse a partir das 15:30 horas que se abrirán as portas para acceder ao recinto escolar: a do ximnasio (xunto ao aparcadoiro das familias) e a que está xunto ao Polideportivo Ezequiel Mosquera.

  • NON se poderá recoller fóra deste horario salvo causa de forza maior: consulta médica ou urxencia familiar. No caso de consulta médica, deberedes informar con antelación á dirección do centro mediente correo electrónico (ceip.ramallosa@edu.xunta.galNeste caso teredes que acceder a centro pola porta principal.

     

Información para a cobertura do equipo EDIXGAL do alumnado

Preme sobre a imaxe para acceder á información sobre o seguro de cobertura do equipamento eDixgal do alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut