Skip to Content

Mundo bichos

Visitounos o entomólogo Miguel Santamaría para participar no obradoiro de insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Vivimos unha experiencia moi interesante! Podedes descubrila no seguinte vídeo (clicade na imaxe). Grazas, Miguel!

MAGOSTO 2022_23

Un ano máis, este xoves día 10, celebramos o magosto!

Unha xornada de festa!! Con xogos tradicionais, a música da "UkeBand", e os "Ghaiteiros ramalloseiros", as brasas para as castañas asadas e un feixe de actividades, fixeron as ledicias dos nenos/as e familias do cole que nos acompañaron.

Podedes premer na imaxe para ver todas as fotos e vídeos deste fermoso magosto!!

Magosto 22_23

 

 

 

Preme aquí se queres ver os vídeos: ver vídeos

SAMAÍN 2022_23

Un ano máis, no centro celebramos a rachar o noso SAMAÍN!!

E na área de inglés o noso irmán anglosaxón, HALLOWEEN!!

Podes coñecer máis sobre a orixe desta festa no video desta publicación.

Como xa sabedes, debido á predicción meteorolóxica tivemos que cancelar a celebración conxunta do magosto.

Agradecer ás familias a vosa colaboración na xa habitual e espectacular exposición de cabazas. Así como noutras actividades planificadas; merendas terroríficas, "disfraces"... O mesmo en canto á implicación de todo o profesorado e do espectacular equipo de cociña que temos. Que volveron a ofrecer aos nenos/as un menú terrorífico, rico rico.

Destacar tamén a actuación intinerante polas aulas do centro da nosa "Uke-Band". Que deleitaron a todo o alumnado co noso himno oficial desta festa. O "SamaGosto".

Premendo na seguinte imaxe poderedes ir vendo un montón de momentos divertidos que viviron as vos@s pequechos!!

Aínda non están todas, pero pouco a pouco iremos achegando todas as fotos ao mesmo enlace.

Samaín 2022_23

Descubre esta nova e molona canción do Samaín""

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

HOXE, 24 DE OUTUBRO, CONMEMÓRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, CO LEMA "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR". QUE IMPORTANTE É ESCRIBIR PARA SER LIDO, PARA REXISTRAR, PARA CONTAR, PARA COMUNICAR,...; NUNCA DEIXEDES DE ESCRIBIR E FACEDE MOITO USO DAS BIBLIOTECAS.

CLICANDO ENRIBA DO CARTEL, PODERÁS ACCEDER Á PAXINA XERAL DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E VERÁS UNHA EXPLICACIÓN E AUTORA DO MESMO.

            

 

ADXUNTAMOS A CARTA QUE SE COMPARTIU CO ALUMNADO EXPLICANDO QUE NON É POSIBLE ABRIR A BIBLIOTECA POR MOR DUNHAS OBRAS QUE SUPORÁN UNHA AMPLIACIÓN DE RECURSOS, QUE PRONTO SE DARÁ A COÑECER

PREMIO DOBRE NO "V CERTAME: AS IMAXES DO PATRIMONIO" (Ponte nas Ondas)

Esta semana comunicáronnos o fallo do xurado no "V Certame: Imaxes do Patrimonio Galego-Portugues" organizado por "Ponte nas Ondas".

É un orgullo para nós comunicarvos que recibimos os seguintes premios:

- "1º premio de fotografía": Yoel Ares Gómez "A emigración: A radio"

- Premio ao "Mellor programa de Radio Escolar", no concurso de Podcast do mesmo Certame.

Podedes consultar toda a información sobre os premiados e o material entregado na propia web de Ponte nas Ondas.

Tamén podedes ver todo o traballo que presentamos coas fotos que nos enviástedes as familias do centro aquí.

Mil grazas ao xurado e a Ponte nas Ondas por este recoñecemento ao noso traballo. Cando sementas e a colleita da froitos, o sentemento de satisfacción é inigualable. 

Moitísimas grazas tamén a vós, ás familias, pola vosa participación. Especialmente a Yoel Ares Gómez, o gañador no apartado de fotografía e a Carolina Veiga Blanco , Gael Atrio Montes e Icía García Chouciño, alumnado que participaron na gravación do programa xunto coa súa titora Carmen Midón e un servidor, o profe Óscar.

Pero se alguén foi importante, foron os nosos entrevistados! Otilia e Javier, avós de Nico e Brais (alumnado do centro) e colaboradores do noso comedor escolar. Fixeron un progama excepcional! Cargado de emocións e aprendizaxes. A verdade é que nos deixaron sorprendidos, pois semella que levaran facendo entrevistas de radio toda a vida. Foi máxico! E convidámosvos a escoitalo premendo no enlace arriba ou na imaxe. 

PREMIO "PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIO FRAGUAS"

Hoxe foi un día moi moi especial! Recibimos nada máis e nada menos que o premio do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas”.
Un recoñecido galardón que vai pola súa XII edición, organizado pola Fundación Antonio Fraguas e patrocinado pola Secretaría Xeral de Política lingüística.
O proxecto que presentamos “EcoParloTeo; froitos da terra”, ten un marcado carácter multidisciplinar, por abarcar diferentes eidos da nosa lingua, música, historia, tradición, natureza autóctona/ecoloxía…
Grazas a esta importante dotación económica e apoio loxístico voará máis alto que nunca, para desembocar en setembro/outubro do 2023 nunha macro exposición no Museo do Pobo Galego, na que os protagonistas serán os nosos alumnos/as e todo o traballo realizado ata agora, e o que virá durante o vindeiro curso escolar.
Grazas unha vez máis a toda a xente da Fundación, O Museo do Pobo Galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística…
Este recoñecemento é moi importante para todos os Ramalloseir@s!!

PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Nota de prensa

O GALEGO NA HISTORIA (Radio Ramalloseir@s)

 

 

 

ESPECIAL RADIO RAMALLOSEIR@S

VÍDEO DA ACAMPADA 2022

VÍDEO GRADUACIÓN ALUMNADO DE SEXTO 2022

PRODUTO FINAL: VÍDEO ESCOLA VERDE.

Podedes ver un resumo do noso proxecto Escola Verde no vídeo. Continuaremos a traballar por un medio ambiente máis saudábel e unha escola máis ecolóxica. 

Distribuir contido


by Dr. Radut