Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024-25
Mañá 21 de maio abre o prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e solicitar as axudas para adquirir material escolar.
LEXISLACIÓN
-
Orde do 7 de maio de 2024. (Fondo solidario de libros de texto - adquisición de libros de texto e material escolar)
PRAZOS: Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024.
DESTINATARIAS/OS:
- Alumnado de 1º e 2º de primaria: axuda para adquisición de libros e de material escolar.
-
Alumnado de 3º, 4º de primaria: axuda para dotación do banco de libros e para adquisición de material escolar.
-
Alumnado de 5º, 6º de primaria: axuda para material escolar.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- ELECTRÓNICA: Solicitude cuberta en FONDOLIBROS e entregada pola Sede Electrónica. Para esta opción necesitas ter:
- Conta con CHAVE 365 ou
- Ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico
- PRESENCIAL: Cubrir os Anexo I e II e presentalos no centro educativo.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Anexos I e II
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.