Como todos os anos, a vindeira semana celebramos o "Día de Rosalía de Castro". A parte das actividades que temos programadas a nivel centro, deixámosvos aquí diversos recursos interesantes para coñecer máis cousiñas da nosa Rosalía.
UNIDADES DIDÁCTICAS PARA TODOS OS NIVEIS :
PRESENTACIÓN DIXITAL PARA ESTA CONMEMORACIÓN:
NA BIBLIOTECA DO CENTRO TENDES UN MUNDO DE LIBROS DA ESCRITORA SÚPER DIVERTIDOS. E CON NOVIDADES BEN INTERESANTES!!
BANCO DE RECURSOS DO NOSO CONCELLO SOBRE A AUTORA:
OUTROS:
"AELG GAL"
"GALIPEDIA"
KARAOKE "ROSALÍA PEQUENIÑA"
(Uxía Senlle)
"BAILANDO CON ROSALÍA"
Como fin de festa, este ano... Retomamos esta fermosa proposta que preparamos o pasado ano para conmemorar esta data. Un obradoiro de baile a nivel de centro, no que pretendemos facer o mesmo que facía a escritora. Darlle valor á nosa cultura galega en todas as súas formas! Para isto, o curso pasado contamos coa inestimable colaboración da profesora de baile Galego "Gabriela Casal Alfonsín" (mestra en prácticas no centro durante a segunda avaliación). Unha vez máis, os nosos agradecementos Gabriela!
"PAQUETE DE ACTIVIDADES CREADO EN EDUCAPLAY" (3º Ciclo)
"ACTIVIDADES PARA "ED. INFANTIL" E "1º CICLO DE ED. PRIMARIA":
As respostas desta actividade "Escoitamos a Rosalía" teñen que ser exactas
(non importa o emprego ou non de maiúsculas, para facilitarllo aos máis cativ@s)
Aproveitamos a ocasión para desexarvos que pasedes un bo entroido, a pesares das limitacións que nos trouxo este maldito bichiño. E tamén para dicirvos que en breve teredes á vosa disposición na web, os enlaces para poder ver e descargar as fotos deste entroido 2021. Así como unha montaxe de video que faremos con todo o material gráfico, que este ano, por razóns obvias, non quedará tan traballado como nos gustaría.
Moita música e unha aperta ben grande para tod@s!!
No mesmo enlace, poderás ver tamén a incidencia noutros centros da Comunidade Autónoma Galega.
PASOS:
1. Preme na xanela "Seguimento Covid".
2. Selecciona o enlace da última actualización (a última que aparece no listado).
3. Unha vez premas o enlace, abrirase un documento de excel con todos os centros de Galicia por zonas.
Para buscar o noso centro, preme as teclas "ctrl - F". Abrirase un buscador na propia páxina, (na parte inferior esquerda da pantalla), escribe nel o nome do centro e xa o verás directamente.
Desde o luns 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro estará aberto o prazo de reserva de praza para o alumnado que estea cursando sexto de primaria e vaia desenvolver os estudos de 1º da ESO no IES de Cacheiras (o resto do alumnado non ten que facer nada).
O formulario de solicitude entregóuselle ao alumnado de sexto, pero pode descargarse no seguinte enlace: ANEXO I (reserva de praza)
O persoal do colexio quere felicitar o Nadal a todas as familias da nosa comunidade educativa. Que o 2021 cumpra todos os desexos, sobre todo o máis importante, que volva a normalidade coa superación da pandemia.
Temos todas as nosas esperanzas no mundo científico e sanitario, para os que temos un especial recordo e agradecemento aos seus esforzos e compromiso coa sociedade.
Tamén lembramos a todos os avós e avoas que tan mal o levan pasado este ano e que terán unhas festas moi limitadas, con moitas dificultades para estar cos seus. Sobre todo os que viven sós e nas residencias de maiores. Estes días enviámoslles cartas e debuxos para animalos.
Grazas a todos a a todas pola vosa colaboración este trimestre, fomos capaces de superalo e imos con toda a ilusión polo resto.
Finalmente, grazas ao noso alumnado polo ben que asumiron as normas de protección tan complexas nesta primeira fase do curso.
Aínda con todas as limitacións que temos que asumir polo ben colectivo, bo Nadal.
Non hai nada como un soño para crear o futuro (Victor Hugo)
Este curso tamén conmemoramos unha data moi sinalada no calendario que nos parece de obrigado tratamento co noso alumnado polos valores que supoñen como formación integral da persoa; o 25 de novembro, día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller.
As circunstancias da pandemia están condicionando o discurrir da actividade escolar, no que se refire a poder realizar actividades de carácter grupal, máis buscamos o xeito de intentar facer unha actividade simbólica a nivel centro. Respectando a organización do patio en parcelas que se usan nos recreos, cantamos todo o colexio a canción "a porta violeta" de Rozalen, cos arranxos en lingua galega realizados polo mestre de música, o acompañamento instrumental doutros mestres/-as e a interpretación en linguaxe de signos por un grupo de alumnado.
E previamente, tres crianzas en representación de toda a comunidade educativa, leron un manifesto en repulsa deste tipo de violencia que sufren maioritariamente as mulleres no ámbito familiar, laboral, social, cultural, científico,...
A nivel de aula, tamén se desenvolveron diferentes propostas pero todas na mesma liña; tratar de concienciar ao alumnado da necesidade de fomentar e potenciar a igualdade entre homes e mulleres, de mellorar as relacións interpersoais, de fomentar o diálogo o respecto e a tolerancia ante as diversidades e diferentes opinións,...
--- CON GAFAS DE VIXIANTES DA VIOLENCIA
--- O MURO QUE SOLUCIONA A VIOLENCIA ENTRE COMPAÑEIR@S (AS PELEXAS, OS ENFADOS, O RESPECTO POLAS OPINIÓNS DIFERENTES,...)
--- AS MENSAXES QUE PODEN MELLORAR AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS
--- ¿QUEN É QUEN? ANÁLISE DOS ROLES DE XÉNERO, COMO SE VAN CONSTRUÍNDO DENDE BEBÉS OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO FEMININO E MASCULINO
--- Tras o visionado de videos sobre a "igualdade de oportunidades", "o maltrato "sutil", un grupo de crianzas plasmou as súas conclusións de xeito artístico. Un exemplo dos mesmos, "OS LAZOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"
--- Os maiores do cole, traballaron en inglés o vocabulario relacionado coas emocións que poden sentir as mulleres que sufren violencia e logo debuxaron ROSTROS DE MULLERES que mostran tristeza, medo, angustia, rexeitamento,...
Aquí vos deixamos os gañador@s de cada nivel/curso para o concurso "Tíralle da Lingua". Este venres presentamos as propostas seleccionadas, e se todo vai segundo o previsto, o vindeiro 30 de novembro darán o "fallo" dos premios.
Felicitar a todo o alumnado participante na proposta! E animarvos incluso, a aumentar a participación en vindeiras convocatorias!
O obxectivo principal desta actividade é fomentar que os discentes empreguen o galego como "lingua vehicular". E contrapesar certas situacións que estamos a vivir que nos parecen negativas para o futuro da nosa lingua. Pois estamos a apreciar, que ano trasano, baixa o número de nen@s galegofalantes e un gran número deles manifesta abertamente unha especie de fobia ou complexo cara o galego que nos parece preocupante. Por outra banda, tamén é verdade que apreciamos a incapacidade de moitos deles para falalo a pesares de formar parte do Currículo Educativo.
Tristemente, estamos a vivir un "bilinguismo mal entendido" que nos está levando á perda do máis grande da nosa identidade como pobo, a nosa Lingua! Por suposto, dende o ámbito educativo, potenciamos que os nen@s teñan a mellor competencia posible no maior número de linguas (español, Inglés...). Pero non debemos esquencer, que se nos non valoramos e empregamos a nosa propia lingua entre nós... Quen o vai facer? Os Madrileños?... Os vascos?... Os cataláns?....
Somos conscientes de que faltan moitísimas políticas de potenciación da nosa lingua. E principalmente cos máis pequechos! Non é normal, por poñer un exemplo, que os nenos non poidan desfrutar dos debuxos animados do momento (Patrulla Canina, Justo a tiempo, Peppa Pig,...) na nosa lingua. Cando noutras comunidades, como Cataluña, isto non pasa! Algo que se podería solucionar aboando o pertinente "canon lingüístico" que incluiría o galego como lingua opcional nás principais plataformas de contidos infantís, etc.
Deixamos aquí un enlace no que podedes dar o voso apoio a esta iniciativa que tantos galeg@s están a demandar dende fai moito tempo. Queremos películas e series en Galego
ENTREGA DE PREMIOS @S GAÑADORES DO COLE:
Aproveitamos a conmemoración do 25N, para facermos a entrega dos Premios do Centro aos gañador@s. Aquí vos deixamos as fotiños!!
Hoxe mesmo, chegou o Trofeo e o Diploma acreditativo, do premio á regueifa máis reivindicativa, que conseguíu o alumnado de 6º o curso pasado no "ENREGUÉIFATE 2020"
Este ano, máis que nunca, e debido ás circunstancias que estamos a vivir... Queremos compartilo con toda a comunidade educativa e adicárvolo con todo o noso cariño!!