Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso tamén conmemoramos unha data moi sinalada no calendario que nos parece de obrigado tratamento co noso alumnado polos valores que supoñen como formación integral da persoa; o 25 de novembro, día Internacional pola eliminación da violencia contra a muller.

As circunstancias da pandemia están condicionando o discurrir da actividade escolar, no que se refire a poder realizar actividades de carácter grupal, máis buscamos o xeito de intentar facer unha actividade simbólica a nivel centro. Respectando a organización do patio en parcelas que se usan nos recreos, cantamos todo o colexio a canción "a porta violeta" de Rozalen, cos arranxos en lingua galega realizados polo mestre de música, o acompañamento instrumental doutros mestres/-as e a interpretación en linguaxe de signos por un grupo de alumnado.

E previamente, tres crianzas en representación de toda a comunidade educativa, leron un manifesto en repulsa deste tipo de violencia que sufren maioritariamente as mulleres no ámbito familiar, laboral, social, cultural, científico,... 

      

VER O MANIFESTO AQUÍ 

    

 

   A nivel de aula, tamén se desenvolveron diferentes propostas pero todas na mesma liña; tratar de concienciar ao alumnado da necesidade de fomentar e potenciar a igualdade entre homes e mulleres, de mellorar as relacións interpersoais, de fomentar o diálogo o respecto e a tolerancia ante as diversidades e diferentes opinións,...

 

--- CON GAFAS DE VIXIANTES DA VIOLENCIA

 

--- O MURO QUE SOLUCIONA A VIOLENCIA ENTRE COMPAÑEIR@S (AS PELEXAS, OS ENFADOS, O RESPECTO POLAS OPINIÓNS DIFERENTES,...)

 --- AS MENSAXES QUE PODEN MELLORAR AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS

--- ¿QUEN É QUEN? ANÁLISE DOS ROLES DE XÉNERO, COMO SE VAN CONSTRUÍNDO DENDE BEBÉS OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO FEMININO E MASCULINO

 

--- Tras o visionado de videos sobre a "igualdade de oportunidades", "o maltrato "sutil", un grupo de crianzas plasmou as súas conclusións de xeito artístico. Un exemplo dos mesmos, "OS LAZOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

   

   

 --- Os maiores do cole, traballaron en inglés o vocabulario relacionado coas emocións que poden sentir as mulleres que sufren violencia e logo debuxaron ROSTROS DE MULLERES que mostran tristeza, medo, angustia, rexeitamento,...

AnexoTamaño
Manifesto contra a violencia de xénero 2020.pdf31.64 KB


page | by Dr. Radut