Para organizar axeitadamente a recollida do alumnado usuario de comedor nas circunstancias especiais deste curso, comunicámoslles que só se poderá facer en determinados momentos. Fora deste horario as portas permanecerán pechadas.
Cando excepcionalmente algunha familia teña que recoller ao seu fillo/a noutro horario dos propostos terá que avisar ao centro.
ALUMNADO QUE NON UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:
14:20 para ed. infantil e 14:30 para primaria
ALUMNADO QUE SI UTILIZA O SERVIZO DE COMEDOR:
- Educación Infantil:
14:20 a 14:30
15:00 a 15:15
15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)
- Educación primaria 2ª quenda de comedor: 1º A, 1º B, 2º A, 2º B, 3º B, 3º C, 4º B
15:00 a 15:15
15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)
- Educación primaria 3ª quenda de comedor: 3ª A, 4ª A, 4º C, 5º A, 5º B, 6º A, 6º B
15:50 (se non utiliza o servizo de transporte)
Nos primeiros días enviaremos un formulario en papel para que as familias interesadas nos comuniquen o horario de recollida. Aproveitaremos o mesmo documento para as autorizacións das persoas que poden recoller ao alumnado no centro.
Oficialmente o alumnado comezará as aulas os seguintes días:
10 de setembro:
4º e 5º de EI
1º, 2º e 3º de Primaria
Nota: como queira que en 4º de Ed. Infantil teñen período de adaptación, a titora informará nunha reunión previa de cómo se desenvolverá a mesma.
11 de setembro:
6º de Ed. Infantil
4º, 5º e 6º de Primaria
HORARIO DE ENTRADA: 9:30 (9:20 para edu. Infantil)
HORARIO DE SAÍDA: 14:30 primaria e 14:20 Ed. Infantil (para o alumnado que non ten servizo de comedor ou alumnado de infantil de comedor que as familias prefiran recoller a esa hora)
HORARIO DE SAÍDA DOS AUTOBUSES: 16:00 (luns, mércores, xoves e venres)
16:30 (martes)
IMPORTANTE: como queira que o día 10 está convocada unha folga polos sindicatos do ensino, polo que funcionaremos cos servizos mínimos, se algunha familia das que terían que incorporarse ese día decide non enviar aos seus fillos/as incorporaríanse o día 11.
O luns informaremos, tamén nesta web, dos horarios de apertura das portas do patio e dos protocolos de entrada e saída do mesmo por parte das familias.
O primeiro día non poderán entrar nas aulas as familias como facíamos todos os anos. Se queren acompañalos terán que agardar mentres imos chamándoos nunha zona separada do alumnado, no patio. Pregámoslles que na medida do posible eviten vir con eles, salvo nos casos de educación infantil e alumnado novo no centro. Grazas.
Xa están publicadas as axudas concedidas para materiais e libros de texto. Como non podemos facelo público en espazos externos ao colexio os listados estarán expostos no taboleiro de anuncios do centro. De todos os xeitos se chaman ao teléfono 881866498 podemos informarlles se teñen concedida algunha das axudas e cando poden vir recoller os vales correspondentes, se é o caso.
Para facilitar que non haxa aglomeracións nas oficinas do centro, no caso de ter axudas concedidas, as datas para recoller os vales serían:
1º e 2º de primaria
Martes 14, mércores 15 e xoves 16
3º e 4º de primaria
Venres 17, luns 20, martes 21
5º e 6º de primaria
Mércores 22, xoves 23, venres 24
Na última semana do mes poderán vir as familias que por calquera circunstancia non poidan acudir nas datas propostas.
Se teñen fillos/as en distintos niveis poden recoller todos os vales o mesmo día, e poden escoller calquera das datas dos niveis correspondentes.
Só pode acudir unha persoa por familia.
Horario de oficinas: 10:00 a 13:30 horas
Nota: os libros de texto do banco de libros entregaranse ao comezo do curso.
Como sempre é imprescindible manter as normas de seguridade establecidas: uso obrigatorio de máscara e manter a distancia de seguridade no caso de coincidir con máis persoas no centro.
EXPOSICIÓN FINAL DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DE E.I DO CURSO 19-20
Prezadísimas familias, queridos nenos e nenas. Como outras moitas cousas, este ano tivemos que ir adaptándonos as circunstancias que nos arrodeaban e este vídeo responde a que xa que non poidemos realizar a exposición presencial de final de curso con todo o noso traballo, polo que a facemos con este vídeo montaxe. Iso si, é un resumo de todo o vivido e traballado, tanto ata mediados de marzo no propio obradoiro, como nas vosas casas, achegando semana tras semana as vosas creativas respostas ás propostas que fun facendo no blog.
Se queredes saber e ver máis sobre cada unha das actividades, podedes consultar máis abaixo neste mesmo blog.
Agardo que gocedes con el.
Déixovos o enlace para que poidades velo; ou podedes acceder premendo directamente sobre a imaxe.
Como sabedes, este ano, debido ás circunstancias derivadas da alerta sanitaria polo COVID 19, non puidemos facer a habitual visita ao centro do alumnado que entra novo no cole o vindeiro curso escolar. De aí que editaramos esta vídeo-creación para que os novos ramalloseir@s e as súas familias poidan coñecer un pouquiño máis de preto as nosas dinámicas de traballo.
Unha aperta ben grande e bo verán a toda a Comunidade Educactiva deste CEIP da Ramallosa, do que todos nos sentimos máis que orgullosos de formar parte.
Danos unha alegría inmensa comunicarvos oficialmente a toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa, que alumnado de 6º de Ed. Primaria,foi premiado neste recoñecido certame de Regueifa. En concreto, dentro da categoría da "Regueifa máis Reivindicativa".
Un recoñecemento, que este ano máis que nunca, nos sabe mellor que ben, dadas todas as circunstancias derivadas da alerta polo COVID19. Sen dúbida, é un premio dobre para toda a Comunidade Educativa do CEIP da Ramallosa.
A nosa, "EcoRegueifa", interpretada polanosa "Banda EcoTeo",afonda sobre a temática iniciada no proxecto do centro do curso pasado “EcoTeo”. Na que reivindicamos a importancia do coidado do noso Planeta...
Queremos dar as grazas pola implicación na actividade a todo o alumnado participante!! E aproveitar para lembrarvos que o traballo, antes ou despois, sempre da os seus froitos! Especialmente agora, que en nada iniciaredes unha nova andaina no instituto.
Non podemos deixar de expresar a nosa felicidade e gratitude por este recoñecemento á Organización do Certame ENREGUÉIFATE!! E prometerlles que continuaremos "fabricando" regueifas ano a ano, para que a nosa música e lingua galega non deixe de latexar nunca nos nosos corazóns.
Asemade, queremos agradecer a traballo excepcional do Concello de Teo a prol destas iniciativas culturais a través do Departamento de Política Lingüística. Así como as súas fermosas verbas de recoñecemento cara o profesorado e alumnado do noso centro. Grazas por sementar ilusión e cultura!
Sen máis, deixámosvos o vídeo dos Ramalloseir@s cantando a xa premiada"EcoRegueifa", un Karaoke da mesmae un vídeo resumo de todos os Premiados nesta IV Edición do ENREGUÉIFATE. Parabéns regueifeir@s!
Como sabedes, hoxe remata o curso 2019-20. E non podiamos facelo, sen deixarvos unha sorpresiña a tod@s! Especialmente, ao alumnado de 6º de Ed. Primaria, que remata a súa andaina no noso cole, para empezar unha nova etapa nas súas vidas cursando a ESO.
Por iso, desta volta, son el@s @s protagonistas principais deste agasallo que vos preparamos con todo o noso cariño!! Como “compensación” por non poder facerlles o habitual Acto de Gradación que se merecen.
Agardamos que desfrutedes destes vídeos que fixemos con todo o noso cariño para vós. E que pasedes un verán xenial!! Uns recargando pilas para vernos en setembro de volta ao cole e os maiores, xa no insti, vivindo novas experiencias.
Unha aperta ben grande de todo o profesorado, cociñeir@s, coidador@s... E do noso súper conserxe. Temos moitas moitas ganas de volver a vervos!! Bicosss!!