O pasado curso, o alumnado de 4º de ED. Primaria do centro, participou no proxecto: "Cóntameunconto", como un dos centros "piloto" da iniciativa. A pesares de que foi este nivel educativo o que fixo o traballo de recollida, edición e publicación destes traballos, houbo contos orais e historias do maís impresionantes para todos os discentes do centro. Nesta actividade en concreto, os conta contos Celso Fernández Sanmartín e María da Pontragha fixeron as delicias dos alumnos/as dos cursos de 4º de Ed. Infantil e 6º de Ed. Infantil.
Este curso 2022/23 continuamos co proxecto! E seguimos desfrutando dos contos que os maiores achegan aos nenos/as do centro!!
A actividade está promovida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI), do Museo do Pobo Galego e a Fundación Antonio Fraguas. O obxectivo deste programa é fundamentalmente promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral, así como a recollida de contos tradicionais galegos contados polos nosos maiores. Máis info sobre o proxecto, e publicación dos videos de todos os centros na web do APOI. Preme aquí para entrar!!
2ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS:
(Estamos a subir as montaxes. En breve poderedes gozar de todos os contos deste ano)
1ª EDICIÓN DO CERTAME / TRABALLOS PRESENTADOS / GALA:
Preme nos seguintes atallos para ver ou descargar fotos e videos do acto
Esta é a nosa proposta presentada ao concurso da TVG "A Canción do Nadal". Grazas a todo o alumnado e familias pola vosa implicación. Finalmente non fomos os gañadores do concurso, pero para @s Ramalloseir@s o noso "Algho han de traer" é a canción deste Nadal sen dúbida☺️ Boas festas a tod@s, Ramalloseir@s!! E xa sabedes... "Algho han de traer"
Este ano sí!! Puidemos conmemorar conxuntamente a data do 25N, tan sinalada no calendario, para lembrarmos que debemos seguir loitando contra a violencia en calquera das súas facetas. Preme na imaxe para ver máis contidos, fotos...
As familias que recibiron as Axudas de Material Escolar recibirán automaticamente máscaras sen ter que presentar solicitude. O resto das familias que desexen solicitalas, se cumpren os requisitos da convocatoria, poden descargar o formulario ED330E no seguinte link.
Un evento organizado dentro doProyecto Europeo Schools 21C. Os obxectivos do mesmo son visibilizar a preparación do profesorado e alumnado nas competencias mediáticas entre todos os profesores/centros de; España, Portugal, Italia e Lituania. Dando a coñecer as súas experiencias de creación de programas de radio para estimular a innovación nas múltiples competencias que nos ofrece este medio.
Entre os contidos presentados, acadou un éxito e recoñecemento total do xurado a traballo feito co alumnado de 6ºB o curso pasado na serie de Radio-tetro "Destino Escuro". Moitísimos parabéns a todos os discentes participantes!!
Aquí vos deixamos o link para escoitar os catro capítulos da serie: