Skip to Content

Os mandatiños do ENTROIDO

Prezadas familias:

 

Ao longo da vindeira semana celebraremos o Entroido. Cada día traeremos un pequeno disfrace relacionado con noso “COMANDO VERDE”. Este ano teremos uns mandados de ECO-ENTROIDO.

O noso esqueleto, colocado na entrada principal do colexio indícanos con estes pareados o que temos que poñermos cada día (mellor se está feito con material de reciclaxe ou de refugallo).

 

O luns 21:

O luns para velo cole florecer, flores no teu corpo has traer. (traer algunha flor no pelo, na solapa, na máscara…).

O martes 22:

Se o martes te queres engalanar, xoias de refugallo has de crear (colares con tapas, pulseiras con rolos de papel hixiénico…).

O mércores 23:

O mércores tocaremos coas maracas de refugallo que crearemos, e unha orquestra montaremos (botellas de plástico con legumes dentro ou similares).

O xoves 24:

O xoves para na horta traballar: mandil, pano, botas, e a sachar (vestir de “agricultores”, con mandil, botas e pano na cabeza, evitaremos traer o sacho).

 

O venres 25 poderán vir disfrazad@s libremente co que teñen pola casa. Ese día, faremos un desfile no patio, cada curso irá desfilando polo centro das parcelas para respectar as recomendacións sanitarias.

 

Moitas grazas pola colaboración.

 

RECURSOS EDUCATIVOS PARA O ENTROIDO

Bolechas Entroido   

 



page | by Dr. Radut