Skip to Content

Saídas

Semana Letras Galegas

Seguimos celebrando a semana das letras galegas. Hoxe 14 de maio, as nenas e nenos do CEIP de Curtis acudimos ao edificio de usos múltiples de Teixeiro para disfrutar do espectáculo Os Rockenstein, a cargo da compañía de teatro Mala Sombra. 

 

 

 

(para visualizar as fotos da actuación, clicade nesta imaxe)

Excursión de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

O 8 de maio, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acudimos a Santiago de Compostela. Alí visitamos as instalación da Televisión de Galicia en San Marcos, onde puidemos ver os diferentes espazos onde se levan a cabo os programas A revista, Bos días e Como un allo. Tamén puidemos entrar no programa Bos días mentres estaban emitindo en directo. Despois acudimos á Cidade da Cultura, alí merendamos e acudimos á exposición FP Innova.

Despois de comer convivimos polas rúas da zona vella de Santiago de Compostela.

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

  

(para visualizar as fotos, clicade nesta imaxe)

Teatro en inglés: "Jack and the Giant"

O pasado martes 23, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o CEIP Forte Bragade de Cesuras para acudir a fantástica obra de teatro "Jack and the Giant", da compañía Face2face; unha historia inspirada no famoso conto das fabas máxicas.

 

RESEÑA:

Jack, un mozo de familia humilde, intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas crecen pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas minchas cuxo inquilino é un xigante feroz e cruel. Conseguirá Jack facerse amigo do xigante?

 

EXCURSIÓN AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E VISITA Á EXPOSICIÓN "COMO HEMOS CAMBIADO"

O pasado 12 de Abril, o alumnado de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fomos ata Santiago para ver a exposición "Como hemos cambiado", no centro comercial As Cancelas, na que descubrimos como era a vida cotiá na década dos 50, 60, 70 e 80: escenografías, utensílios de cociña, xoguetes, teléfonos, ordenadores...

Despois de merendar e xogar un pouco, achegámonos ata o Museo de Historia Natural para coñecer as súas coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas.

 

Excursión de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

O 15 de marzo, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria acudimos a Santiago de Compostela. Alí visitamos a Xunta de Galicia e despois desplazámonos ata o Parlamento de Galicia. Ademais, xantamos na cidade e convivimos cos nosos compañeiros e compañeiras.

 

No seguinte vídeo, podedes ver o ben que o pasamos.

 

Excursión a "La Voz de Galicia" e ao MUNCYT

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións de “La Voz de Galicia” e o MUNCYT. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron!

 

 

Excursión a “La Voz de Galicia” e o MUNCIT

O pasado 21 de outubro o alumnado de Educación Infantil e do primeiro curso de Educación Primaria visitaron as instalacións de “La Voz de Galicia” e o MUNCIT. Neste vídeo podedes ver o ben que o pasaron!

 

Visita a VETCUR

Os pasados 30 e 31 de outubro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria acudiron á clínica VETCUR, da cal é dono Juan Conde , pai da alumna Teresa Conde Estévez. Atendeunos moi gustosamente, como xa fixera noutras ocasións eamosouse moi voluntarioso para aportar os seus coñecementos nunha temática que coincidía coas unidades que se están a traballar en ciencias naturais: aparello circulatorio e reproductor.

Durante esta  visita fixeron actividades como: visionado de diversas células polo microscopio, observar a separación do plasma do sangue, vivir en directo unha ecografía das arterias, escoitar o corazón dos compañeiros co fonendoscopio…Por suposto, tamén visitaron os animaliños que estaban hospitalizados por diferentes motivos. 

 

As mestras e os alumnos queremos agradecer o esforzo realizado polo persoal da clínica.

 

 

Visita as instalacións de "La Voz de Galicia" e ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía

O vindeiro mércores 21 de novembro o alumnado de Educación Infantil e de 1º curso de Educación Primaria realizará unha visita as instalacións de "La Voz de Galicia", para coñecer a súa redacción, a rotativa, a sala de cerre e o museo de prensa e artes gráficas. Unha vez finalizada dita visita, arredor das 12:00h o alumnado desprazarase ata o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía para facer un breve recorrido pola súas instalacións (seccións de robots, cabina de jumbo e obxectos do s.XX)

RESUMO PLAN DO DÍA:

  • 9:10-10:00 Saída de Curtis, dirección Arteixo.
  • 10:00-11:00 Visita ás instalación de "La Voz de GAlicia"
  • 11:00-12:00 Traslado a A Coruña e merenda.
  • 12:15-13:15 Visita ó Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía.
  • 13:15-14:00 Regreso ó CEIP Curtis.
Distribuir contido


by Dr. Radut