O repositorio de recursos do espazoAbalar supera os 1000 contidos dixitais con traballos e aportacións de docentes de toda Galicia
Enviado por asacido a Ven, 04/05/2012 - 14:20Coa nova actualización do repositorio de recursos de Abalar alcánzanse os 1006 contidos procedentes, nesta ocasión, dunha selección de premios a contidos dixitais de convocatorias de anos anteriores, traballos de convocatorias PALE na súa fase C de creación de contidos do último ano e anteriores e, sobre todo, de aportacións e suxestións de docentes de toda a Comunidade que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este almacén medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.
Nesta nova actualización vense de incluír o primeiro contido en lingua alemana, co cal o repositorio filtra na actualidae en seis linguas: galego, castelán, inglés, francés, portugués e alemán.
Novos recursos publicados por orde alfabética:
- A cor e o impresionismo (1º da ESO)
- A cultura da auga (4º de Primaria)
- A miña pequena biografía (6º de Educación Infantil)
- A táboa periódica (1º de Bacharelato)
- Bingo matemático (5º de Primaria)
- Canada Connection (3º da ESO)
- Children of the World (5º de Primaria)
- Citius, altius, fortius (1º de Bacharelato)
- Essen und trinken in Berlin (1º da ESO)
- Eurobingo (4º de Primaria)
- Fractions (1º da ESO)
- Instrumentos da orquestra sinfónica (1º da ESO)
- Maruxa Mallo (6º de Primaria)
- Material de laboratorio de física e química (1º de Bacharelato)
- Mecanismos (castellano) (1º de Bacharelato)
- Mecanismos (galego) (1º de Bacharelato)
- Mechanisms (3º da ESO)
- Mulleres na biblia: Unha análise iconografica da historia da Arte (2º de Bacharelato)
- Músculos (6º de Primaria)
- O mercado (6º de Educación Infantil)
- O peso da túa mochila, ¿É o correcto? (1º da ESO)
- O Sistema Solar (5º de Primaria)
- Opposites (6º de Primaria)
- Ordenar oraciones
- Os Borbón en España (2º da ESO)
- Os froitos secos (4º de Primaria)
- Os instrumentos do Pórtico da Gloria (1º da ESO)
- Piggy´s Birthday (1º de Primaria)
- Poliedros (1º da ESO)
- Polo San Martiño... (5º de Primaria)
- Polygons (3º da ESO)
- Produto cartesiano (3º de Primaria)
- Profesións e oficios (1º de Primaria)
- Proxecto ED@D - Matemáticas 1º ESO (1º da ESO)
- Santiago de Compostela (5º de Primaria)
- Special Dates (6º de Primaria)
- The Entrepreneur: Skills and Attributes (3º da ESO)
- Time out (3º da ESO)
- Transports (3º de Primaria)
- Trivial de geometría (5º de Primaria)
- Vegetables (6º de Primaria)
- Xeometría plana (Tobor X.E.T.2004) (1º da ESO)
- Xogo matemático para o 1º Ciclo de EP (1º de Primaria)
- Zona Euro: unha única moeda (2º da ESO)
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.(Acceder ao procedemento)
Ensinanza:
Colectivo:
Sección:
LOM Media:
LOM Sistema de representación de información:
LOM Aplicación informática:
LOM Contido didáctico:
Competencias básicas: