Gallego

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

Descrición

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2017.

Prazo

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 20 de abril de 2017.

Requisitos

a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016/17 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:

  • Bacharelato
  • Ensinanzas profesionais de música e danza
  • Grao medio de Formación Profesional
  • Grao medio de artes plásticas e deseño
  • Grao medio de ensinanzas deportivas
  • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado

b) Ter obtido no curso 2016/17 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación

c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés.

Contía da axuda

A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 euros e os gastos de desprazamento ao centro, que serán por conta do participante.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

Máis información

BOE do 16 de marzo de 2017 e en

http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas.html

Gallego
Logo

Sección: 

Disciplinas: 

English Interactive Visual Dictionary

Dicionario Interactivo Visual. Ferramentas audiovisuais para a práctica do inglés online a través da exploración de escenarios comunicativos habituais.
http://centros.edu.xunta.es/contidos/dictionary/

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
English Interactive Visual Dictionary

LOM Media: 

LOM Sistema de representación de información: 

LOM Aplicación informática: 

Disciplinas: