Gallego

Relación definitiva de proxectos admitidos na convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada 2025

fp
Gallego

Publicada a listaxe definitiva de proxectos admitidos na convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 2 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Na seguinte ligazón atopará a relación de proxectos admitidos, agrupados por centro educativo.

•    Relación definitiva de proxectos admitidos
 

Colectivo: 

Relación definitiva de admitidos e excluídos na convocatoria de premios a proxectos de innovación 2025

FP
Gallego

Publicada a listaxe definitiva de proxectos de innovación admitidos e excluidos na convocatoria premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Resolución do 2 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Nas seguintes ligazóns atopará a relación definitiva de proxectos admitidos e excluídos, agrupados por centro educativo coordinador.

•    Relación definitiva de proxectos admitidos
•    Relación definitiva de proxectos excluídos
 

Colectivo: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Resolucións definitivas. Convocatoria 2025

Gallego

Publicadas as resolucións definitivas das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior:

  • Solicitudes admitidas e excluídas.
  • Exencións.
  • Proba adaptada.

Mais información.

 

Tema: 

Resolución do 31 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025-2026

PluriBach
Gallego

Achégase Resolución do 31 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2025-2026.

 

Ensinanza: 

Resolución do 31 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2025-2026

Plurinfantil
Gallego

Achégase Resolución do 31 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2025-2026.

 

Ensinanza: 

Resolución do 31 de marzo pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2025-2026

Centros Plurilingües
Gallego

Achégase Resolución do 31 de marzo pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2025-2026.

 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2024-2025

Gallego

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 11 de abril ás 9:00h ata 30 de abril de 2025 ás 13:00 h.
•    Máis información.

 

Tema: 

Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2025. Resolución provisional

Gallego

Publicada a resolución provisional da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2025 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e ás ensinanzas de réxime especial deportivas, de artes plásticas e deseño, de conservación e restauración de bens culturais e de música e artes escénicas.

O prazo para efectuar reclamación, emendar erros ou presentar renuncia á concesión da estadía é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Data límite para reclamacións: 09/04/2025 (incluído).

 

Tema: 

Colectivo: 

Convocado o XI Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2024/25

TPP
Gallego

Resolución do 26 de marzo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o XI Concurso de Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación,  Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de xullo de 2025.

A solicitude farase a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/

 

Colectivo: 

Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2025-2026

Gallego

Publicada a Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2025/26 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

 

Tema: 

Colectivo: