Gallego

Resolución do 13 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se lle dá continuidade e se incorporan novos centros docentes públicos á Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2024/25

ef
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se lle dá continuidade á Rede de Escolas de Fronteira e se dan a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2024/25.

 

Colectivo: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística

Gallego

Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso académico 2024/2025 e se establecen as bases reguladoras para realizalos.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora). O persoal docente dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de Accésit.

Colectivo: 

Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional. Convocatoria 2025

Logo FP innova
Gallego

Publicada a Resolución do 2 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 5 de decembro de 2024 ata o 31 de xaneiro de 2025, ambos os dous incluídos.
 

Colectivo: 

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións nas especialidades 593084 Canto de jazz e 593086 Contrabaixo de jazz

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades 593084 Canto de jazz e 593086 Contrabaixo de jazz do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) (código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

Colectivo: 

Sección: 

Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos , de carreira e en prácticas de PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas

Gallego

Xúntase a Orde do 25 de novembro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013D). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, será desde o día 5 de decembro ata o 27 de decembro de 2024, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2025

fp
Gallego

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 4 de decembro de 2024  ata o 24 de xaneiro de 2025, ambos os dous incluídos.

 

Listaxe provisional de equipos presentados ao programa InnovaTech FP 2024-2025

Gallego

Publicada a listaxe provisional de equipos admitidos e excluídos para participar no programa InnovaTech FP 2024-2025 convocado pola Resolución do 12 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
O prazo de emenda de solicitudes será de 3 días naturais contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

 

Convocatoria do programa educativo "Pasando a bóla, xogando para cambiar"

c
Gallego

Resolución do 19 de novembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo para a prevención do acoso escolar e o ciberacoso “Pasando a bóla, xogando para cambiar” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2024/25.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de centros e alumnado beneficiarios das axudas para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a E-certificación de Portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2024/2025

icona do servizo de linguas
Gallego

Colectivo: 

Relación de centros premiados na convocatoria "Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024"

Logo tipo de inclusión
Gallego

Resolución definitiva do 22 de novembro de 2024 pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 8 da Resolución do 12 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24.

Colectivo: