Concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos , de carreira e en prácticas de PES e mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas
Xúntase a Orde do 25 de novembro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados específico, entre o persoal docente funcionario de carreira do corpo de catedráticos de ensino secundario, funcionario de carreira e en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas dependentes desta consellería.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013D). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados específico para cubrir prazas nos centros que imparten ensinanzas de educación de persoas adultas, será desde o día 5 de decembro ata o 27 de decembro de 2024, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.
Orde do 25 de novembro de 2024 (DOG)
Resolución provisional (Secundaria)
Adxudicación provisional secundaria
Resolución provisional (Primaria)
Relación provisional de persoas excluídas (Primaria)
Adxudicación provisional (Primaria)
Resolución adxudicación definitiva
Anexo I: Adxudicacióin definitiva
Anexo II: Relación definitiva de excluídos (primaria)