Gallego

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2025

Gallego

Publícase a Resolución do 27 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 10 ao 21 de febreiro de 2025, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoria: do 31 de marzo ao 10 de abril de 2025, ambos os dous incluídos.

Os novos modelos das probas correspondentes aos diferentes ámbitos poden consultarse AQUÍ

Máis información 

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2024 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Gallego

Orde do 10 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2024 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

  • O Prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade 590206-Instalacións electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade 590206-Instalacións electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.

 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590)

Gallego

Xúntase a Resolución do 23 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).

 

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas"

 

Colectivo: 

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2025

Gallego

Orde do 26 de decembro de 2024, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Prazo de presentación de solicitudes: do 24.01.2025 ao 24.02.2025

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando con traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto. Segundo as características poden presentarse a unha das seguintes modalidades:
  • Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada
  • Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

 

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC e Fundación Pública Galega Biomédica Galicia Sur). No caso dos institutos de investigación sanitaria IDIS, INIBIC, IISGS e dos centros do ámbito do Servizo Galego de Saúde que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades. Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Gain.

 

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.

Intensidade da axuda: 100 %.

Orzamento total: 29.120.000 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades será de 25.639.000 euros e o da Gain será de 3.481.000 euros)..

 

Importe das axudas

O importe máximo das axudas concedidas é o seguinte:

- Modalidade A (GRC).

As axudas terán unha duración máxima de 4 anos. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo de contía máxima de 55.000 e por un módulo variable anual dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2024.

- Modalidade B (GPC).

As axudas serán de aplicación por un período máximo de 3 anualidades. O importe total de cada unha das axudas virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de contía máxima de 31.500 € en cada anualidade e por un módulo variable anual dun máximo de 10.000 € para aqueles grupos que xa gozaran dunha axuda nesta modalidade desde a convocatoria do 2016 e que non estea activa neste momento e que cumpran determinados requisitos, no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de decembro de 2024, establecidos na Orde.

- Modalidade C (Proxectos de Excelencia)

No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 50.000€.

No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2025 e de 25.000€ para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029.

 

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n 15781Santiago de Compostela

Teléfono: 881 999541 / 881 995156

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

 

Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia Galega de Innovación

Rúa de Airas Nunes, s/n

15702 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 541096 Email: axudas.gain@xunta.gal

Información web: http://gain.xunta.gal

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución pola que se convoca o 8º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025

fp
Gallego

Publicada a Resolución do 17 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o 8º Campionato Galego de Formación Profesional, GaliciaSkills 2025.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata 14 de marzo de 2025, inclusive.
 

Resolución para os centros de nova incorporación na Rede de Centros “Ponte... nas Ondas! de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2024/25

in
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 17 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que se incorporarán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2024/25.

Os centros educativos poderán presentar as súas solicitudes a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo e o prazo estará aberto ata o día 30 de xaneiro de 2025.

As solicitudes deben facerse obrigatoriamente a través da plataforma de Programas Educativos: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 3 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve o Premio Tolerancia cero fronte o acoso 2024

Logo de convivencia: dúas mans agarradas con forma de corazón
Gallego

Resolución definitiva do 3 de xaneiro de 2025 pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 8 da Resolución do 28 de outubro de 2024  da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Tolerancia cero fronte ao acoso 2024 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2023/24.

Colectivo: 

Convocada a selección de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, durante o curso 2024/25

Logo spring week: bocadillo de banda deseñada
Gallego

Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED531F).

  • O prazo de presentación de solicitudes será 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude realizarase a través da sede electrónica e da aplicación Programas Educativos.

ED531F - Axudas a centros docentes privados concertados para participar no programa Spring Week. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2024/2025  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Concertados 2024-25.

Colectivo: 

Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, durante o curso 2024/25

Logo spring week: bocadillo de banda deseñada
Gallego

Achégase a Resolución do 16 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 17 ao 31 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2024/2025  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Públicos 2024-25.

Colectivo: