Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións na especialidade 590206-Instalacións electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario (590)
Xúntase a Resolución do 23 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade 590206-Instalacións electrotécnicas do corpo de profesores de ensino secundario (590) (Código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
- Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.
Resolución do 7 de xaneiro 2025 convocatoria corpo 590
Resolución provisional do 23 de xaneiro de 2025 590(107-124-125-227-231)
Baremo provisional 590(107-124-125-227-231)
Relación provisional de persoas excluídas 590(107-124-125-227-231)
Resolución provisional do 23 de xaneiro de 2025 590206
Relación provisional de persoas excluídas 590206
Resolución definitiva do 31 de xaneiro de 2025_590107-124-125-206-227-231
Baremo definitivo 590107-124-125-206-227-231
Relación definitiva de persoas excluídas 590107-124-125-206-227-231