Gallego

Convocatoria dos Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2023/24 nas universidades do Sistema universitario de Galicia

Gallego

Orde do 19 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos Premios Ángela Ruiz Robles á Excelencia Académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2023/24 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

 

Servizo relacionado: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2025

Galemundo
Gallego

Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

 

A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25

BEGA
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de febreiro de 2025 pola que se convocan axudas para centros privados concertados  da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2024/25 (código de procedemento ED516B)

As solicitudes presentaranse  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED516B).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 28 de marzo 2025.

 

Colectivo: 

Relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2025

FP Innova
Gallego

Publicada a listaxe de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2025, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU (Resolución do 2 de decembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional).

Nas seguintes ligazóns atopará a relación de proxectos presentados, agrupados por centro educativo, así como a documentación requirida se é o caso.

Relación provisional de proxectos admitidos

Relación provisional de proxectos excluídos

O prazo de presentación da documentación requirida será do 28 de febreiro ao 10 de marzo, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Resolución do 25 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e ESO nos centros docentes, curso 24-25

Gallego

Xúntase Resolución do 25 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico de educación primaria e educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2024-2025.

 

Colectivo: 

Próxima publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria da proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos do ano 2025

Gallego

Próxima publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 21 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será do 6 ao 19 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

Máis información (ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos)

 

File: 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Comezo período inscrición. Convocatoria 2025

Gallego

Período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior, do 24 de febreiro ao 12 de marzo de 2025, ambos os incluídos.
Pode consultar a Orde do 4 de febreiro de 2025 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento ED312C e ED312D) na seguinte ligazón:

  • Orde do 4 de febreiro de 2025 (DOG)

Máis información:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

 

Tema: 

Modificación da Resolución provisional de centros públicos seleccionados para participar no programa de inmersión lingüística Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de primaria e de secundaria durante o curso 2024/25

Logo sprinweek un bocadillo de banda deseñada cunha A
Gallego

Achégasemodificación da Resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

Logo da publicación da modificación da resolución ábrese un prazo de 3 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias ante a presidencia da comisión.

Colectivo: 

Convocatoria do VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio

Podcasts
Gallego

Resolución do 18 de febreiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o VII Concurso de Podcasts – Radio na biblio, destinado a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración coa Radio Galega (CRTVG), no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para o curso 2024/25. Poderán participar neste concurso centros integrados ou non no programa Radio na biblio.

A solicitude realizarase a traves do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/

  • Prazo de entrega de solicitudes: un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal): do 20 de febreiro ao 20 de marzo.

 

Publicación da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Gallego

Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 18 de febreiro de 2025 ata o día 10 de marzo de 2025, ambos incluídos.

A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (máis información en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/).

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: