Publicación da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)

Lun, 17/02/2025 - 11:20

Xúntase a Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 18 de febreiro de 2025 ata o día 10 de marzo de 2025, ambos incluídos.

A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (máis información en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/).

 

NOTA: Sorteo dos vogais de dous tribunais da especialidade 590053 Lingua e literatura galega.

Por erro, realizouse o sorteo de dous tribunais na especialidade de Lingua e literatura galega, cando en realidade nesta especialidade actuarán catro tribunais.

Para corrixir este erro procederase ao sorteo de dous tribunais de Lingua e literatura galega o xoves 24 de abril, ás 9:00 horas, na Sala de Xuntas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional.